GMH/ÍNDICE A-Z

805
1379, outubro, 20. Lugo
O mosteiro de San Francisco de Lugo véndelles ao bispo e á igrexa todo canto lle pertence no couto de Meixente e en terra do Páramo por 600 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 32r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos frey Fernan Fernandes, gardan do moesteyro de Sant Françisco de Lugo, con outorgamento de frey Diego Lopes, doctor, et dos frayres et convento do dito moesteyro seendo juntados en cabidoo enno dito moesteyro por campaa tanjuda, segundo que avemos de uso et de custume, de bon curaçon et de boa voontade vendemos a vos o onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la graçia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et a vosa iglesia para senpre jamays por jur de herdade todos quantos herdamentos et voses et casas et arvores et formaes et casares et coutos et senorio et jurdiçon nos por nome de noso moesteyro avemos et nos perteesçe de aver enno couto de Meyxente et en terra de Paramo con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, per ut quer que vaan asy iglesiario como leygario, por parte et vos et herança de Maria Moniis, filla de Monin Fernandes d’Orcillon, que nos los mandou et leyxou por sua alma segun he contiudo en seu testamento de que vos damos a copia, et reçebemos de vos en preço por esta vençon seysçentos moravedis desta moneda usavell que ora corre, a des dineiros novees cada moravedi, de que nos outorgamos por entregos et ben pagados, et renunciamos a exçepçon do aver non contado nen dado nen pagado nen reçebudo que a non posamos aver nen allegar por nos, et obligamos todos los outros beens da dita Maria Moniis, en que o dito moesteyro ficou herdeyro por lo dito seu testamento, de vos fasermos senpre esta dita vençon de pas. Et logo por esta presente carta vos damos et poemos enno iur et posison et propiedade das cousas sobreditas que vos asy vendemos, et tiramos dela a nos et a o dito moesteyro, et damos-vos poder que por vosa abtoridade propia sen outra justiçia por vos ou por outren en voso nome os posades entrar et reçeber et usar delles et faser deles et en elles toda vosa voontade asy commo de vosa cousa propia sen enbargo algun. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Johan Aras, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo enno dito moesteyro, viinte dias de outubre, era de mill et quatroçentos et des et sete annos.

Testemoyas que estavan presentes: o dito frey Diego Lopes, doctor; frey Françisco Rodrigues; frey Johan de Villachaa; Rodrigo Eanes de Burela, et outros.

Et eu Iohan Aras, notario publico de Lugo por autoridade do sennor obispo desse lugar, a esto foy con as ditas testemoyas presente, et esta carta por lo dito rogo en minna presença fis escripvir et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.