GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

3

1416, xuño, 22.
O Concello nomea procuradores seus a Martín Fernández, alcalde da raíña dona Catalina, Pedro González de Castroverde, escribán do Rei, e a Gonzalo de Millares, veciños de Santiago, e dálles poder para facer acto de presencia diante do Rei e diante dos tribunais do Concello, Audiencia e Chancelería para segui-la apelación interposta diante de Juan Sánchez de Zuazu, doutor e oidor da Audiencia e o seu Correxedor no Reino de Galicia, que diante deste fora promovido polos Concellos de Pontedeume, Ferrol e Vilalba e os seus alfoces, que son de Nuño Freire de Andrade, sobre os maravedís do repartimento do pedido do Rei, especialmente o do ano de 1411.
O Concello ordena ó procurador García Rodríguez, que dese 440 maravedís a Gómez Rodríguez, polos gastos ocasionados polas escrituras e gastos ocasionados no preito cos Concellos anteditos.
O Concello ordena ó seu procurador que entregue diversas cantidades para os gastos ocasionados pola apelación do preito contra os Concellos de Ferrol, Vilalba e Pontedeume.
O Concello manda ó seu procurador que envíe un mensaxeiro a Pontevedra, Noia e Padrón para leva-las cartas do Concello ás devanditas vilas.

Sepan quantos esta carta viren como nos o conçello, alcalles et regidores, jurados et omes bõos da çidade de Santiago seendo juntados en conçello en Quintãa de Paaços enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que avemos de uso et de costume de nos juntar a noso conçello et estando y con vos Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, alcaldes enna dita çidade et Gomes Rodriges, bachiller en decretos, Juan Aras da Cana, Alvaro Afonso Juliate, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril omes bõos jurados enna dita çidade, todos a hũa vos et de hũu acordo fasemos et ordenamos et estableçemos por nosos procuradores abundantes et sofiçientes a Maartin Fernandes Monapolio, alcalle de nosa señora a reyna dona Catalina, et a Pero Gonçalves de Castroverde, escrivan de noso señor el rey et a Gonçalvo de Millares, vesiños da dita çidade a todos tres en hũu et cada ũu deles por sy, en tal maneira que a condiçon de hũu non seja mayor nen menor que a do outro, mays que cada ũu deles seja reçebido cada que vier et paaraesçer et espeçialmente damos poder a os ditos nosos procuradores et a cada ũu deles insolidum, porque por nos et en noso nome posan paresçer et parescan ante noso señor el rey et ante a señora reyna doña Catalina, madre do dito señor rey et sua tutora et regidora de seus regnos et ante os señores do Consello do dito señor rey et oydores da sua Audiençia et notarios et alcalles da sua corte et chancelleria et ante qualquer deles en seguimiento de hũa apelçon que por nosa parte foy interposta d’ante Juan Sanches de Cuhaçu, doutor en leys et oydor enna audiençia do dito señor rey et seu corregidor enno regno de Galisa sobre rason de hũu pleito que ante o dito corregidor nos foy movido por los procuradores dos conçellos das vilas de Pontedeume et Ferrol et Vilalva et seus alfoses, que son de Nuño Freyre d’Andrade en rason dos moravedis do repartimento do pedido do dito señor rey dos annos pasados et espeçialmente do anno que pasou de mill et quatroçentos et honze annos. Et porque os ditos nosos procuradores cada ũu deles posan trautar et seguir en noso nome con os sobreditos o dito pleito ante o dito señor rey ou ante a dita señora reyna ou ante os señores do consello do dito señor rey et oydores, notarios et alcalles da sua corte et chançellaria et por ante cada ũu deles et por ante outros quaesquer juises et alcalles eclesiasticos et seglares que do tal pleito posan et devan oyr, connosçer et librar para demandar, responder, defender, negar conosçer eixenções et defensões, replicações et todas outras boas rasões, diser et alegar et poer et para faser jura ou juras, asy de calunnia como deçesorio ou outro qualquer juramento que lles de dereyto por nos for demandado et para dar et tomar as ditas juras a a outra parte ou partes se mester for et para presentar testemoyas et provanças as que a nos conpriren et contradiser et enpunar as que a outra parte ou partes presetaren ou quisesen presentar contra nos, asy en dereitos como en personas et para gaanar carta ou cartas do dito señor rey ou da dita señora reyna, sua tutora, et dos ditos oydores et a os notarios et alcalldes ou de qualquer deles aquela ou aquelas que a nos conpriren et testar, enbargar as que a outra parte ou partes gaanar ou quiseren gaanar contra nos et entrar en juiso sobre la testaçon et enbargo delas para faser frontas, requirimentos et protestações as que a nos conpriren et pedrir et tomar sobre lo testimoyo ou testemoyos et para concludir et ençarrar rasões et oyr sentença ou sentenças (+ -15) quitorias et defenitiva et consentir ou apelar et agravear et suplicar dela ou delas et tomar et segir alçada, vista, agraveo et suplicaçon para aly donde de dereyto deveren et presentare enno (...) que deveren et que relaarse dos juyses se ella non outorgasen et para jurar custas et pedir (+ -5) las tasar et jurar et para pedir exsecuçon das sentença ou sentenças dadas por //
(Fol.9)7 
nos et para faser, diser et rasoar asy en juysso como por fora del todas aquelas cousas et cada hũa delas que bõos et leaas et verdadeiros procuradores poden et deven faser de dereito et que nos meesmos fariamos et poderiamos faser, diser et rasoaar et procurar presentes seendo aynda que sejan taes et de aquelas cousas que segundo dereito requiren aver espeçial mandado; outrosy damos poder conprido dos ditos nosos procuradores et a cada ũu deles para que en seu lugar et en noso nome posan faser et sostituyr hũu procurador, dous ou mays quaes et quantos queseren et por ben deveren asy ante do pleito contestando como despoys et para que os posan et posan revocar cada que quiser et queseren et tornar en sy de cabo o ofiçio da procuraçon mayor et tan conprido et ese mesmo damos et outorgamos aos ditos nosos procuradores et a cada ũu delos et a os sues sostituyto et sustitutos et relevamos a os ditos nosos procuradores et a cada ũu deles et a os seus sostituyto et sustitutos de toda carga de satisdaçon et obligaçon et fiadoria et de aquela clausola que he dita en latin judicium sisty judiatum solui ca nos obligamos a nos et a nosos bẽes de estar ao juyso et conprir et pagar o que contra vos for julgado. Et porque esto seja certo outorgamos esta carta de poder por ante o notario publico et testemoyas a juso scriptas que foy feita et outorgada enno dito lugar viinte et dous dias do mes de juyo anno do nasçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et des et seis annos. Testemoyos que a esto foron presentes Vaasco Rodriges do Cabo, mercador et Fernan Rodriges, criado de Alvaro Afonso Juliate et Gonçalvo Peres, servente do dito conçellos et Afonso Peres, escrivan.
Predito, O dito conçello, justiças et jurados, madaron a Garçia Rodriges, seu procurador, que presente estava que dos mill maravedis que el e Gil Peres enprestaran a o dito conçello que dese ende a o dito Gomes Rodriges, bachiller, quatrocentos et quoreenta maravedis, contando branqua en tres dineiros que o dito Gomes Rodriges emprestara a o dito conçello de esta gisa: que dou a o escrivan do corregidor Juan Sanches por lo presetamento das escripturas que antel presentou enno pleito que o dito conçello et os outros conçellos et vilas de noso señor o arçobispo ante o dito señor corregidor con os conçellos de Pontedeume et Vilalva et Ferrol sobre los repartimentos do pedido de noso señor el rey seseenta maravedis et que dou mais por lo treslado dos proçesos et apelações que por parte deles et dos ditos conçellos foron entrepostos dante o dito corregidor tresentos maravedis et que dou mais a o procurador da vila de Noya para sua despensa por quanto que dou con o dito escrivan para trager as ditas scripturas oytenta maravedis et asi son cumplidos os sobreditos quatroçentos et quoreenta maravedis da sobredita moeda et que mandavan que fosen reçebidos en conta a o dito Garçia Rodriges os ditos maravedis. Testemoyas, os sobreditos.

Predito. O dito conçello, justiça et jurados mandaron a Gil Peres seu procurador que dos mill maravedis que Garcia Rodriges lles enprestara que dese ende a o mesajeio que avian de enviar aa corte //
(Fol. 9 vº)
en segimento da apelaçon que avian ynterposta d’ante o corregidor çento et çinquoennta maravedis, branqua a tres dineiros para sua despensa et que lle dese mais duas coroas d’ouro para o presentamento das scripturas que avia de presetar et que lle desen mais çinco florĩis d’Aragon para dar a Diego Fernandes de Burgos porque tomase cargo do dito negoçio et que dese mais a min o dito notario seseenta maravedis da dita moeda por meu selario das apelações que ante o dito corregedor por min poseron et que mandavan que lle fosen reçebidos en conta os ditos maravedis. Testemoyas, os sobreditos.

 Na parte superior do folio aproveitouse o espacio para intercalar dúas liñas que din:

 Non son de reçeber en conta do dito Gil Peres mais dos ditos çinquo florĩis et duas coroas, por quanto dos outros contiudos en este mandado fui feito despois outro mandado por min notario, o qual jas escripto en este libro a postrimeiro dia de jullio.
Predito. O dito conçello, justiças et jurados, mandaron ao dito Garçia Rodriges, procurador, que enbiase hũu mesajeiro que fose a Pontevedra et Noya et Padron a levar cartas que o dito conçello enbiava aas  ditas vilas et que mandavan que fose reçibido en conta ao dito Garçia Rodriges os maravedis que dese a o dito mensajeiro para sua despensa. Testemoyas os sobreditos.
D’aqui a juso por lo scusador.


7 Foliado con número 9, sen embargo debe considerarse como o 2, xa que segue a narración do 1vo.