GMH/ÍNDICE A-Z

4

xaneiro, 2

Gonzalo Anes, mercador, arrendatario das rendas da carnicería e dos coiros e sebo deste ano, traspasa a terceira parte de ambas ao carniceiro Xoán García. (fol. 2)

Gonçalvo Yanes. Feita e dada a Gonçalvo Yanes.

(En este día Gonçalvo Yanes merqador vesiño dOurense, por rason que el tiña posto en preço e arrendado a renda da carniçaria deste dito anno en trese mill pares de brancas con nove dobras douro, et tiña mays arrendado a renda de coiros e sevo en dous mill pares de brancas con tres dobras e hun frollin douro, por ende que el que dava traspasa[da] a terça parte as ditas duas rendas enno Joan Garçia carniçeiro, vesiño d’Ourense, a qual terça parte das ditas duas rendas traspasava enno dito Joan Garçia porlo preço e contia de mrs. e con as condiçoens que as el tiña e con a terça parte das ditas dobras (- - -) ende lle pojava que ouvese a terça parte das ditas dobras etç. et o dito Joan Garçia asy a reçebeu as ditas terça parte das ditas duas rendas et obrigou sy e todos seus beens de pagar os ditos dous terços das ditas rendas e de todos los mrs. que montaren aos pras praseos e terminos que o dito Gonçalvo Yanes estava obrigado, e se obrigase a noso señor el rey e a seus recadadores e su as pennas que el estava obrigado etç. para o qual obrigou sy e seus beens etç. Tests. Joan Çereyjo et Joan de Cusanca e Fernando seu criado)*. ( fol. 2)