GMH/ÍNDICE A-Z

23
1433, maio, 7

Os capeláns da igrexa de San Bartolomé de Pontevedra reciben de Estevoo Cruu 271 maravedís en pago das honras fúnebres oficiadas pola sua muller difunta, María Gómez.

(f. 11)

Sete dias do dito mes, Juan Eanes Fechorrino et Marques Fernandes et Juan Garçia, capelãas de San Bertolameu, resçeberon de Estevõo Cruu, conpridor da manda de Maria Garçia, sua moller que foi, por esmola de viinte misas resadas et duas cantadas et çinco salteiros que diseron resaron ẽna dita igresia por la alma da dita finada et por dineiros traspasados et por capelãas dominarios et reitor et por misas et obradas et altares et respondoos et letania et honrra do primeiro dia et da crus et las honrras dos sete dias et quarenta dias et por la quarta parte de misas et salteiros et pitanças de San Francisco et por las honrras et misas de tres moços et por los signos, por todo dosentos et satenta et hũu maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros. Ts. Juan de Deus, carniçeiro et Juan Gago, fillo de Afonso Gago.