GMH/ÍNDICE A-Z

99
1434, febreiro, 1

Gonçalvo Rodrigues do Rio e Pero da Lama, mareantes, por eles e no nome das súas mulleres, declaran que recibiron de Rodrigo Yanes da Margarida, seu sogro, 205 mrs.

(f. 46 v)

O primeiro dia de fevreiro. Gonçalvo Rodrigues do Rio et Pero da Lama, mareantes, por si et en nome de suas mollers, conosçeron que resçeberan dosentos et çinco mrs., branca en tres dineiros, de Rui Yanes da Margarida, seu sogro, que a eles en nome das ditas suas molleres acaesçeron de gãado et roupa et voontades de casa que o dito Rodrigo Eanes conprou, et derono por livre et quito deles, etc. Testemoyas: Toribio Gonçales, escrivano del rey, et Lopo Gomes, escrivano, et outros.