GMH/ÍNDICE A-Z

137

1420, febreiro, 16.
Vasco Fernández Troco, recoñece ter recibido do procurador do Concello, a cantidade de 1.700 maravedís, por diversos conceptos no exercicio da alcaldía no último ano.

Dez e seyss dias do mes de fevereiro. Sabean quantos esta carta viren como eu Vaasco Fernandes Troquo morador enna cidade de Santiago, outorgo e conosco que reçeby de vos Juan Dominges de Lyñares,  procurador do conçello da dita çidade mill e seteçentos morabedis, branqua en tres dineiros, en esta guisa: Os trezentos moravetinos por razon de meu oficio de alcaldia que ouve de aver o anno pasado do Nasçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e dez e nove annos e os mill e quatroçentos moravedis son de meu selario de coller a renda que se reparteu e poso enna dita çidade o dito anno que eu foy alcalde enna dita çidade e asy son conpridos os ditos mill e seteçentos maravedis da dita moeda e renuncio a toda eixençon que non diga ende o contrario e aa ley do aver non dado e contado e pagado visto nen reçebido en presencia do notario e testemoyas e que se fezo a confessen so a sperança da paga e a outra qualquer ley e dereito e eixen con que en contrario do que sobredito he poderia dizer ou alegar que o non diga nen alegue por min nen por outro en juiso nen fora del, antes dou por quito e livre ao dito conçello e a vos o ditos Juan Dominges en nome del dos sobreditos maravedis para senpre. E eu o dito Juan Dominges asy o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes, Juan Raposo, canbeador e Gomes Raposo seu criado e Fernan Garcia de Piloño e Afonso de Ribadiso ome do didto Vaasco Troquo.