GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

144

1420, abril, 23.
O Concello ordena empezar a recada-lo importe do repartimento de 40 mil maravedís, para facer fronte ós gastos do servicio do arcebispo, xantar e marcos do Rei e salarios dos serventes.
O Concello ordena o pagamento dos maravedís que tiña por mercede do arcebispo nos marcos da cidade, ó bacharel Gómez Rodríguez.

Viinte e tres dias do mes de abril, seendo o conçello, alcalles, regidores, jurados e homes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico da dita çidade, presentes ente Juan Fernandes Abril e Vasco Peres Abril, alcalles e Alvaro Juliate, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Sancho Sanches de Moscoso, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Caña, Martin Galos, Gomes Rodriges, bachiller, e Martin Serpe, regidores, jurados e homes bõos da dita çidade e Nuño Vinagre e Juan Raposo, procuradores do dito conçello e en presencia de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario e dos testemoyas infrascriptos, enton o dito conçello alcalles, regidores, jurados e homes bõos, diseron que por quanto eles avyan de servyr a noso señor o arçobispo este anno con triinta mill maravedis, branqua en tres dineiros, e pagar os maravedis do jantar e marquos que o dito señor rey ha en cada huun anno enna dita çidade eso mesmo os maravedis dos marquos do dito señor arçobispo e os selarios dos ditos alcalles e procuradores [e notarios] 39 e serventes do dito conçello e para outros custos neçesarios que avian de pagar e por quanto a o presente non avia maravedis algũos por donde pagasen as cousas sobreditas, salvo se os repartisen ennos vesiños da dita çidade, por ende que para conprir e pagar as cousas sobreditas que acordavan e acordaron que se recabdase enna dita çidade renda e terça de quoreenta mill maravedis da dita moeda vella a III dineiros e que mandavan e mandaron aos ditos procuradores que começasen logo a coller e recabdar a dita renda por los infintos da  encanama nova que se agora fesera e que mandavan e mandaron a min, notario e escusador que dese a copia dos ditos infintos aos ditos procuradores para que eles recabdar e coller a dita renda e outroi que mandavan aos ditos alcalles que constrengesen e apremiasen a todas las personas vesiños da dita çidade que estavan encanavados e avian de pagar enna dita renda que pagasen a os ditos procuradores as contias de maravedis en que cada huun era repartido e lle toubese de pagar por los ditos infintos, por maneira que os ditos procuradores cobrasen os ditos maravedis mays en breve que ser el podese para os dar e pagar a aquel que os ouvese de aver en nome do dito señor arçobispo e para pagar as outras cousas susoditas que o dito conçello devia e avia de pagar este dito anno.
Esto fuy enno dito lugar, anno, dia e mes sobreditos.
Testemoyas que a esto foron presentes. Fernando Ares Xarpa, Vasco Gomes de Marçoa, Juan Fernandes da Cana, Bernald Yanes do Camino, Vasco de Piloño Juan Gonçales, ourives, Fernando da Mariña, carpenteiro, Garcia Rodriges, canbeador, Juan Abraldes, Martín Rodriges, canbeador, Juan Abraldes, Martin Rodriges, Pero Leiteiro, vesiños da dita çidade.
Predito. O dito conçello, alcalldes (sic) e regidores sobre ditos, mandaron a os ditos procuradores que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdavan ou recabdasen que desen en de a Gomes Rodriges, bachiller os maravedis dos marquos do noso señor arçobispo que del  tĩina en merçed este anno pago primeiro o serviço do dito señor arçobispo e acadasen del carta de pago e lles serian reçebidos en conta. Testemoyas os sobreditos.
Dado a Gomes Rodriges.
 

38  Sobre a liña e corrixido.