GMH/ÍNDICE A-Z

148

1420, xullo, 8.
O Concello manda ós procuradores que pagasen a Afonso da Cana, servente, o que se demostrase que lle era debido polo seu salario.

Oyto dias do mes de jullio seendo juntados en consistorio Juan Fernandes Abril, alcallde e Martin Galos e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Martin Serpe e Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares da Cana e Gomes Rodriges, regidores jurados enna dita çidade enno sobrado da notaria da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade en presença de min Fernan Yanes notario etc. e scusador etc. e das testemoyas etc., enton os sobreditos mandaron a Nuno Vinagre, procurador do dito conçello, que era presente e a Juan Raposo que era absente que ouvesen conta con Afonso da Cana, servente do dito concello e lle pagasen o que fose achado que lle era devido de seu salario, tanto que fose pago o servicio do señor arçebispo e que llos reçeberan en conta. Testemoyas:  Pero Yanes Abraldes e Juan Bugeirete e Alvaro Gil e Migell Rodriges e Pero Leal, vesiños da dita çidade.