GMH/ÍNDICE A-Z

161

1420, novembro, 7.
O Bacharel Gómez Rodríguez, declara ter recibido 200 maravedís dos 400 que lle correspondían como avogado do Concello.

Septe dias do mes de novenbre. Sabean quantos esta carta viren como eu Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e jurado enna çidade de Santiago, outorgo e conosco que reçeby de vos Juan Raposo, canbeador, procurador do conçello da dita çidade dusentos moravedis, branqua en tres dineiros, os quaes son dos quatroçentos maravedis da dita moeda que ey de aver do conçello da dita çidade por rason do ofiçio de abocaçia que teño por lo dito conçello e dos quaes dusentos moravedfis me outorgo por entrego e ben pagado e renunçio a toda exençon que non diga ende o contrario e eu o dito Juan Raposso que presente sõo asy o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes, Martin Galos, jurado da dita çidade, Fernan Juliate, canbeador e Roy (blanco) criado do dito Gomes Rodriges.