GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

181

1421, agosto, 13.
Os vigairos das Confrarías declaran que revocaban os mandamentos que se fixeran dos pagamentos que mandaron facer efectivos a Rui Freire, non sendo os correspondentes ó bacharel Gómez Rodríguez, Vasco de Piloño e Gonzalo Eanes de Escurelo. Desconformidade do Concello.

Trese dias do mes de agosto, este dito dia seendo o conçello, alcalles, regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados en consistorio enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico jurado da dita çidade segundo que han de custume presentes ende Martyn Serpe e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos alcalles e Martin Galos, Fernan Gonçales do Preguntoyro, Afonso Fernandes Abril e Juan Ares da Cana, regidores jurados da dita çidade e presentes outrosy Juan Verde, vigario da confraria dos carniçeiros e Gonçalvo Eanes do Canpo e Gonçalvo Eanes da Moeda Nova, vigarios da confraria dos alfayates e Ruy Fernandes, vigario da confraria dos correiros e Juan Senmal, vigario dos ferreiros e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte e en todos los seus reynos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario, e dos testemoyas infrascriptos; enton os sobreditos vigarios diseron que por sy e por los outros vigarios das outras confrarias e confrades delas que revocavan os mandamentos que eran feytos das pagas que mandaran pagar a Ruy Freyre, procurador do dito conçello, salvo os moravedis que mandaran pagar ao bachiller Gomes Rodriges e a Vasco do Pyloño e a Gonçalvo Eanes do Escurelo, que diseron que se pagasen e os ditos alcalles e regidores jurados e omes bõos diseron que uvese peñora por los outros moravedis e devedas que eran devyddas por non seeren pagas aas personas a que eran devydas, que todo o dapño e perdida que por elo se requiçese que o susubisen e pagasen os ditos vigarios e confrarias e eles fosen sen culpa; e ditos vigarios diseron quellos desen o traslado e dirian sua resposta. Testemoyas: Juan Serpe e Juan Garçia de Maçarelas e Fernan Varela, Juan Gonçales da Cana, Fernan Ares Xarpa, Nuno Vynagre, Vasco Peres Abril.