GMH/ÍNDICE A-Z

49

1417, agosto, 11.

Onze dias do mes de agosto. Sabean todos quantos esta carta viren como eu Juan Fernandes de Cañas coengo de Santiago et recabdador de meu señor o arçibispo de Santiago don Lopo, connosco et outorgo que reçeby de Gil Peres, procurador do conçello da çidade de Santiago dez mill moravedis, contando branqua a tres dineiros, os quaes me pagou en nome do dito conçello para en conprimento dos viinte mill moravedis da dita moeda con que o conçello da dita çidae serveu a o dito señor arçobispo este anno da feyta desta carta e et os quaes moravedis me pagou et eu del reçeby en nome do dito señor arçibispo et como seu recabdador et dos quaes moravedis me outorgo por entrego et ben pagado a a mĩa voontade sen mingoa algũa et renunçio a a ley do aver non dado nen contado nen reçebido nen pagado en presença do notario et testemoyas et a toda outra eixençon que nunca delo o contrario et por ende por vigor do poder que para esto ey do dito señor arçobispo dou por libre et quito ao conçello et visiños et moradores da dita çidade et a o dito Gil Peres seu procurador dos ditos // des mill moravedis por quanto mos pagou o dito Gil Peres et os eu reçebi del segundo dito he. Feyta a carta enna dita çidade anno, dia et mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes Afonso Sanches d’Avila (+-15) mestrescola enna dita iglesia de Santiago. Gonçalvo de Millares. alfayate et Rui de Lamas viziños da dita çidade et Lopo de Vilaverde, notario do condado.