GMH/ÍNDICE A-Z

F-C5
1454, decembro, 18
O rexedor Gonzalo Pérez de Requeixo e o notario Álvaro Afonso, como testamenteiros do notario Afonso González de Mende, outorgan ao tendeiro Gonzalo Rodríguez recibo de 12 000 mrs. pola compra dunha casa e adega sita na rúa dos Zapateiros que pertenciera ao dito defunto. (fol. 3-3v)

Carta de pago de Gonçalvo Rodrigues. Dada.

Sabean quantos esta carta de pago viren como nos Gonçalvo Peres de Riqueixo, regedor da çibdade de Ourense, e Alvaro Afonso, notario do conçello da /dita\ çibdade d’Ourense, vesiños da dita çibdade, herdeiros e conpridores que soomos e ficamos de Afonso Gonçalves de Meende, notario e vesiño que foy da dita çib
dade, que aja pareyso, outorgamos e conosçemos que resçebemos de vos Gonçalvo Rodrigues da Rua Nova, tendeiro vesiño da dita çibdade, doze mill mrs. de moeda vella contando branca en tres dños. e dez dños. o mr., os quaes ditos dose mill mrs. da dita moeda vella nos destes e pagastes das casas e adega da Rua dos Çapateiros da dita çibdade que foron do dito Afonso de Meende, en que morou seu tio Pero Vasques defunto, as quaes ditas casas e adega o dito Afonso Gonçalves, herdeiro do dito Pero Vasques seu tio, mandou vender en seu testamento et as quaes vos nos vendemos para conprir o testamento do dito Afonso Gonçalves de Meende, o qual dito testamento e carta de venda que vos asi fesemos das ditas casas pasou mais conplidamente por este notario por quen esta carta he /feita\ os quaes ditos dose mill mrs. nos destes e pagastes /et nos de vos resçebemos\ desta maneira, que nos destes e pagastes quando (seis)* vos vendemos as ditas casas e adega os seys mill mrs. da dita moeda, et que nos destes e pagastes agora quando se finou Leonor Gomes vesiña da dita çibdade, moller que foy do dito Pero Vasques /que morou ennas ditas casas\ os outros seys mill mrs., que son asy /conpridos\ os ditos dose mill mrs. da dita moeda vella, de que nos damos de vos o dito Gonçalvo Rodrigues por entregos /contentos\ e ben pagados a toda nosa voontade en presença do dito notario e tests. adeante escriptos et pasaron do voso poder ao noso ben conplidamente et renunçiamos sobrelo a ley e (fol. 3)
exçepçon de numerata pecunia et prometemos e outorgamos de nunca desto diser nen alegar o contrario nos nen outro por nos et se nos ou outro por nos diseremos ou alegaremos que de vos non resçebemos os ditos mrs. que nos non valla en juiso nen fora del en ninhun tenpo nen por alguna maneira et dos quaes ditos dose mill mrs. damos por libre e quite a vos o dito Gonçalvo Rodrigues e a todos vosos herdeiros e a todos vosos beens (ago)* agora e para senpre, et por que esto seja firme e non veña en dubda /nos os ditos Gonçalvo Peres e Alvaro Afonso\ outorgamos esta dita carta de pago ante o dito notario, ao que rogamos que a escrevise ou fesese escrevir e a signase con seu signo et aos presentes que sejan delo tests. Que foy feita e outorgada enna dita çibdade d’Ourense a des e oyto dias do mes de desenbre, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e çinqoenta e quatro annos. Tests. que presentes estavan a esto que dito he Gonçalvo Vasques ferrador e Joan do Tiollo e (Joan d’Alvan alfayate vesiños da dita çibdade)* e mestre Antonio e Lopo Carneiro e Gonçalvo Anes das Quintaas e Joan d’Alvan, vesiños da dita çibdade.