GMH/ÍNDICE A-Z

988
1422, agosto, 22. Lugo

O cóengo Lopo Fernández véndelles a Gonzalo Pérez e a toda a súa voz unha casa na rúa Nova de Lugo por 1.000 marabedís. O comprador toma posesión da mesma en presencia do notario.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 143 v.
       

Sabeam quantos esta carta de vençon virem como eu Lopo Fernandes, coengo en a iglesia de Lugo, por esta presente carta de boo curaçon et de boa voontade por jur de herdade para sempre jamays, vendo a vos Gonçalvo Peres do Rio, vasalo del Rey et garda do dito senor Rey, que estades presente, et a vosa voz, huna mina casa que eu aio et teno en a çiudade de Lugo en a rua Nova da dita çiudade a a sobre lo portal de San Françisco de Lugo, a qual foy de Vaasco Nunes das Camoiras, que Deus perdoe, et a qual me el deu en pura et firme doaçon, a qual dita casa esta junta da huna parte junto con outra casa de Vaasco, fillo de Lopo de Bandelo, et da outra parte esta junta con outra casa en que mora Juan Rodrigues, correeyro, que he da Capela de San Ilfonso, a qual dita casa he sub signo da Capela de San Pedro desta çiudade de Lugo, et a qual vos vendo con sua orta et cortina que con ela anda et lle perteesçe et con todas outras suas entradas et seydas et agoas vertes et dereyturas et pertenenças, segundo a min perteesçe, et segundo que ma deu et eu oyve do dito Vaasco Martines; et reçebo de vos en preço por esta dita vençon mill moravedis de moneda vella, de dez dineyros novees cada moravedi, de que me logo fezestes boa paga en dineyros feitos et contados en presença do notario et testemoyas desta carta, que logo da vosa mao et poder pasaron a o meu de que me eu teno et outorgo por entrego et ben pagado, et dou poder comprido a vos, o dito Gonçalvo Peres, que vos d’aqui endeante sem justiça, ou con ela, como vos quiserdes et por ben teverdes posades entrar et reçeber a dita casa con sua orta et cortina, et a posison et tenença dela, et faserdes delo et em elo como de vosa cousa propia, et toda voz et auçon et propiedade, dominio et senorio, que eu ey en a dita casa et orta et cortina, todo ho tiro et removo de min et de mina voz et todo ho pono, dou et outorgo et traspaso en vos, o dito Gonçalvo Peres, et em vosa voz para senpre, et obligo a min et a todos meus bees, eclisiasticos et seglares, de vos fazer esta dita vençon senpre de paz a todo tempo.

Et porque esto seia çerto roguey et mandey a o notario iuso scripto que fezese delo esta cata de vençon et ha signase de seu signal.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, viinte et dous dias do mes d’agosto, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et dous anos.

Testemoyas que estavan presentes: Pedro, escudeyro do dito Gonçalvo Peres de Rio; et Gonçalvo Peres, clerigo do coro de Lugo; et Juan Scripvan, notario de Lugo; et Fernando, azemeleyro do dito Lopo Fernandes, coengo, et outros.
Et despoys desto em este dito dia et ano sobredito, estando en a dita çiudade de Lugo en a rua Nova da dita çiudade dentro en a sobredita casa que o dito Lopo Fernandes, coengo, avya vendida a o dito Gonçalvo Peres, estando y presente o dito Lopo Fernandes, coengo, et o dito Gonçalvo Peres de Rio, en presença de min dito notario et testemoyas iuso scriptas, enton o dito Gonçalvo Peres diso a o dito Lopo Fernandes, coengo, que lle dese et entregase a posison da dita casa que lle avia vendida con sua orta et cortina, et o dito Lopo Fernandes diso que lle prazia, et tomou logo a o dito Gonçalvo Peres de Rio et meteuho dentro en a dita casa, et posese fora dela a Maria Eanes, que por el morava a dita casa, et diso que en quanto podia et devia que lle dava et deu a posisom da dita casa con sua orta et cortina et seydo et dereyturas et pertenenças, segundo que lla vendera, et tirava dela a sy et a sua voz. Et o dito Gonçalvo Peres diso que assi reçebia a dita posisom et poso fora da dita casa a a dita Maria Eanes, que en ela morava, et choeu as portas da dita casa, et disolles se a queria d’aqui endeante morar por el, et ela diso que si, et o dito Gonçalvo Peres enton da sua mao et en seu nome leyxou por sua caseira et morador da dita casa a a dita Maria Eanes, et ela diso que asi ficaba sua morador, et se obligava de lle pagar ho alugeyro que ouvera de dar a o dito Lopo Fernandes por la dita casa, ou a quen el mandase. Et o dito Gonçalvo Peres asi o pedeu todo signado para garda de seu dereyto.

Testemoyas: Pedro, escudeyro do dito Gonçalvo Peres; et Diego Garçia de Maçeeda; et Diego do Campo; et Lopo de Prol, sobrino do dito Lopo Ferrnandes, coengo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este instromento fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.