GMH/ÍNDICE A-Z

32
1304, novembro, 5. Outeiro de Carracedo

Dona María Rodríguez de Temes mándalle ao Cabido de Lugo, para o seu aniversario, o quiñón do couto de Santo Estevo e o casal de Insua.

MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 6r, traslado polo notario Francisco López.

Era de mill et CCC et XLII annos et quotum V dias andados de novembre. Conuçuda cousa a quantos esta carta virem commo en presença de min Aras Eanes, teente as vezes de Iohan Dominguez, notario publico del rey en terra de Temees, mandou a o cabidoo de Lugo por seu aniversario o seu quinon do couto de Santo Osevo et o seu casal que a en Ynsua, o qual casal ela comprou de fillos d'Estevoo Perez ferruco, que lle façan anniverasrio por elle et por lo seu quinon do couto cada anno. Et se algen da sua parte contra esto quiseren passar que ouvessen a sua maldiçon et a de Deus que e padre poderoso, et a a voz do rey peyte mill moravedis, et a o cabidoo doble quanto le demandar et a carta valla en seu revor.

Feyto en Outeyro de Carrazedo eno bispadigo d'Ourense, su signo de Santiago de Carrazedo.

Que presentes forom et son testemoyas: Affonso Alvarez prelado de San Jullao; Domingo Perez d'Outeyro seu fillo; Pedro Dominguez, Pedro Dominguez da Soelleyra, Lourenço Eanes de Torvisquedo, Johan Passarino.

Eu Aras Eanes, teente as veses de Johan Dominguez notario sobredito, que a escrivi por seu mandado, et seu sinal y puge que tal este.

Eu Francisco Lopez, notario publico de Lugo, vi este estrumento de suso escrito feyto por Aras Eanes, notario, segundo que en el apareçia et por mandado do cabidoo de Lugo trasladeyo de vervo a vervo, [et en este] traslado puge meu signal meu [...]. Testemoyas Aras Peres [...].