GMH/ÍNDICE A-Z

604
1354, maio, 18. Lugo
O xuíz de Lugo, don Vasco Díaz, afóralle ao clérigo Xoán Arias e a dúas voces un casal de herdade en Santa María de Riamonte, freguesía de San Xoán de Vilaspasantes, polo que deben pagar anualmente como renda unha libra de cera.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 105v.

Eno nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta virem commo eu Vaasco Diaz, juyz de Lugo, et prestameyro do prestamo de Cancelada, con outorgamento de don frey Pero Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et de don Lopo Domingues, thesoreyro de Lugo, et vigario geeral de don Diego Ferrnandes, dayan, et do cabiidoo da iglesia de Lugo, avervo a vos Iohan Aras, clerigo da Fava, et a duas perssoas a huna qual vos nomeardes, et a outra qual nomear aquela que vos nomeardes a tempo do vosso finamento et do seu, hun casar de herdade que a dita iglesia de Lugo ha en Santa Marina de Riamonte, que he en Çervantes, sub signo de Sayoane de Vilaspasande; o qual casal anda con o dito prestamo de Cançelada, o qual vos avervo con todas suas dereyturas et pertenenças et con a dita hermida de Santa Marina en esta maneyra, conven a saber que vos, o dito Iohan Aras, lavredes et paredes ben as herdades do dito casal et tiredes de monte as que jazen en monte et façades y boas duas casas pallaças, et vos et as ditas perssoas mantenades en boo estado as ditas casas et hermida et as outras casas do dito lugar, et lavrar et parar ben as ditas herdades, et avedes a dar de cada anno a min, o dito juyz prestameyro sobredito, et a aquel que for prestameyro do dito prestamo, huna livra de boa çera por dia de Natal, vos et as ditas perssoas. Et eu, o dito Iohan Aras, assi reçebo de vos os sobreditos o vervo do dito lugar por min et po-las ditas persoas, et obligo min et meus bees por min et po-las ditas perssoas para o comprir en todo commo dito he. Et nos, os sobreditos, assy vo-lo outorgamos, et a pasamento de vos et das ditas persoas ha de ficar o dito lugar livre et quito et desenbargado a a iglesia de Lugo con todo los boos paramentos que en el foren feytos. En testemoyo desto mandamos ende faser duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foy feyta en Lugo dez et oyto dias de mayo, era de mill et trezentos et noveenta et dous annos.

Testemoyas: o dito sennor obispo; et don Fernan de Deus, chantre de Lugo; don Roy Ferrnandes, arçidiago de Neyra; don Garçia Dias, arçidiago de Sarria; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Lopo Domingues, thesoreyro et vigario sobredito; Iohan Ferrnandes, Iohan Diaz, Thomas Gomes, Rodrigo Affonso, Alvar Rodrigues, coengos de Lugo; Diego Gomes, Iohan Affonso, raçoeyros ts., et outros.

Et eu Domingo Peres, notario publico de Lugo dado pola actoridade do bispo dese miismo lugar, a esto fuy presente et a rogo dos sobreditos esta carta scrivi en este livro do cabiidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade. (+).