GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

90
1433, decembro, 13

Pero Yanes da Lagea, estando enfermo, deixa e desmbarga os seus bens a Lourenço de Guillarei e á súa muller Urraca Fernandes, seus amos, coa condición que o coiden e alimenten mentres viva.

pan style="font-style: italic;">(f. 42 v-43)pan>

Este dia. Sabean todos que eu, Pero Yanes da Lagea, fillo de Juan da Lagea et de sua moller que foy Maria Jofre, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por mĩ et por todas minas voses, non costrengudo por força nen resçebido de engano, mays de mĩa libre et propia voontade, quero et outorgo que por quanto eu soo enfermo de tal infermidade, segundo que he publico et notorio, que non poso aministrar nen procurar a mĩ nen, eso mesmo, a meus bẽes asi mobles como reises et froitos deles, nen os demandar nen anparar nen defender en juiso nen fora del, et vos, Lourenço de Gillarey, morador ẽna dita villa de Pontevedra, meu amo, et vosa moller Orraca Fernandes Negral mĩa ama, que sodes presentes, prometestes et prometedes et vos obligades de aministrar a mĩ en toda mĩa vida et me governedes et vistades et calçedes fasta tenpo de mĩa morte, vos en vosas vidas et vosas voses despoys de vos, asi por todos los ditos meus bẽes como por todos los bẽes mobles et reises que vos agora avedes et ouverdes de aqui endeante, con tanto que eu que vos leixe libre et desenbarge todos los ditos meus bẽes asi movlles como reises, onde quer que os eu aja, para que vos por eles et por los ditos vosos bẽes me aministredes et governedes et vistades et calçedes et requirades de aquelo que me feser mester para mĩa provison et mantençon et procuramento de mĩa infirmidade; por ende eu, por la mellor via et forma que poso et devo de dereito, vos leixo, libro et desenbargo todos los meus bẽes, asi mobles como reises, que eu ey et a mĩ perteesçen de aver et herdar por herança da dita mina madre et de meus aboos et por outra qualquer via que a mi perteesçan, asi ẽna dita villa de Pontevedra como arredor dela, como en outra qualquer parte que os eu aja, para que vos, os ditos Lourenço de Gillarei et vosa muller, mios amos, et vosas vozes os posades aver et herdar et aver et demandar et vender ou enpenar, et faser deles et en eles toda vosa libre voontade, asi como de vosa cousa propia sen meu enbargo et de mĩas voses, que eu vos los dou et outorgo asi, por via de dote ou por via de doaçon ou outro qualquer auto que vos los eu mellor et mays conpridamente poso et devo dar et obligar por rason do sobredito cargo, et outorgo et prometo que desde oje este dito dia endeante eu non venda nen enpene nen faça outro auto algũu, et fasendo o contrario que non valla o que ende feser, nen faça fe en juiso nen fora del, et sobre o qual renunçio as leis de do dereito avendo força, enduçimento et todas las outras leis; et eu, o dito Lourenço de Gillarei et mina moller, que asi somos presentes et que fasemos por nos et por nosas voses asi reçebemos o sobredito et prometemos et outorgamos que nos et nosas voses despoys nos aministremos et procuremos a vos o dito Pero Yanes, que vos collamos et ospedemos connosco ẽna casa onde moramos et procuraremos por todo tenpo da nosa vida eso mesmo que vos governemos de pan et viño, carne et pescado, segundo et por la via que nos comeremos, et vos vistamos et calçemos fasta tenpo de voso finamento, et vos tenamos et agoardemos todo o sobredito, para o qual todo vos asy teer et conprir, vos abligamos a nos meesmos et aos ditos bẽes que nos asi dades et todos os ditos nosos bẽes, asi movles como reises avidos et por aver; et esto todo como dito he deve de seer conprido et agoardado ontre nos, os ditos Pero Yanes et Lourenço de Gillarei et mĩa moller et nosas voses aa boa fe de Deus sen maao engãno et por juramento que ende fasemos en este signal de crus etc., et so pena de des mill maravedis etc. Feito etc. Testemoyas: Fernando Lopes alfayate, et Juan de Gaado, criados de Fernando de Gaado// et Rodrigo Afonso, criado de mĩ notario, natural de Santa (pan style="font-style: italic;">rotopan>).

Feita.