GMH/ÍNDICE A-Z

232
1327, agosto, 19. Lugo
O Cabido, aceptando a petición formulada polo arcediago de Abeancos, recibe a administración de xullo coa condición de que salde as débedas pendentes.
MADRID, pan style="font-style: italic; ">AHN, Cód. 1042 Bpan>, fol. 71v.

Sabeam quantos esta carta [viren commo en presença de min Iacome Eanes], notario publico de Lugo, et das testemoyas que en esta carta [son escriptas] [...] tesouro da yglesia de Santa Maria de Lugo a seyda da prima ante [...] et o cabidoo dese mismo lugar, don Iohan Martines, archidiago d’Aveancos, rogou a este dayan et cabidoo sobredito que lle reçebesen a renda da amistraçon do mes de iulio que delles tinna arrendada, ca el non podia husar della por raçon que tinna de façer moito en Santiago et con seu sennor obispo; et enton o dayam et o cabidoo sobredito reçeberon-lle amistraçon por lle façer aquella graça que el mereçia, en tal maneira que lles pagase o pan et o vino do mes que lles non pagara; et demais que lles devia dos terços desta amistraçon. Et o archidiago sobredito diso que lles pagaria o que lles devese. Et logo en outro dia o dayam et cabidoo sobredito frontaron a este archidiago que lles pagase aquello que lles devia desta amistraçon, enton o archidiago mostrou-lles hun escrito en que diçia que Aras Perez de Parrega que tomara d’amistraçon noventa terças de pan et duçentos LXVIIª libras, que montan en maravedis longos seysçentos et sesaenta et oito maravedis minos terça, et que llo feçesen entregar ou-llo collesen en conta desto que lle demandavan. Enton o dayam et o cabidoo sobredito diseron qu’elles non eran teeudos de lle colleren en conta o que lle tomara Aras Perez, mais que se querellase del a o bispo, et que lle chegaria del dereito, et por esto que non avia por qu’elles non pagar o seu. Et de commo esto pasou por min, notario sobredito, o dayan et o cabidoo pedironme ende hun estormento.

Foy feyto XIX dias do mes d’agosto, era de mill et CCC et LXV annos.

Testemoyas: don Fernan Aras, dayan; don Fernan de Deus, chantres, don Fernan Eanes, archidiago de Neyra; o thesoreyro, Pedro Savaschaes; Aras Perez, Afonso Gomes, Pedro Royz et outros moitos.

Eu Iacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy esta carta escrivi et a rogo do dayam et do cabidoo sobredito puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.