GMH/ÍNDICE A-Z

348
1336, novembro, 25. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Rui Fernández e á súa muller e a unha voz propiedades en Vilar de Cas, freguesías de Santa María de Moreira e San Salvador de Soutomerille, por dúas terzas de pan anuais, e deben ademais plantar 30 froiteiras e construír unha casa.
MADRID, pan style="font-style: italic;">AHN, Cód. 416 B,pan> fol. 10v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo segundo que o avemos de huso et de custume con outorgamento de don Aras Pellaes, thesoreyro da iglesia de Lugo, et de Affonso Eanes, raçoeyro desse lugar, procuradores et rendeyros dos bees et rendas que os aniversarios da dita iglesia de Lugo han enna villa et no bispado de Lugo, avervamos a vos, Ruy Fernandes de Souto Meyrille et a vosa muller Maria Peres et a huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, o noso casal et herdamento dos aniversarios que nos avemos en Villar de Caes, sub signos de Santa Maria de Moreyra et San Salvador de Souto Meyrile, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores, a monte et a fonte, per hu quer que vaan, en esta maneyra conven a saber que avedes a lavrar et parar ben o dito casal et herdade del et manteer as casas del en boo estado, et avedes a dar cada anno do dito casal, de Santa Maria d’agosto ata San Migeel de vindimias, a os que teveren os aniverssarios por nos, duas terças et mea de pan, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, d’aquel mellor pan que Deus der enno dito casal et herdade del posta a semente, et estas duas terças et mea de pan nos avedes a pagar en pas et en salvo enna villa de Lugo por vossa custa, sacado grando ou geado se veer, o que Deus non queyra, que se estime segundo he uso et custume. Et avedes a façer huna casa feyta de parede et cubrirla segundo son cubertas as outras casas desse lugar de Vilar de Caes, a qual casa avedes a façer en estes dous annos primeiros que veen. Et avedes de chantar enna herdade do dito casal trinta arvores que leven froyto. Et avedes a seer defessos et anparados segundo o foren os outros que lavran as herdades da iglesia de Lugo, et vasallos serventes et bedientes da iglesia de Lugo.

Et nos, Ruy Fernandes et Maria Peres, que estamos presentes por nos et por la pessoa que for nomeada, asy reçebemos de vos dayam et cabidoo o vervo do dito casal et herdade del et outorgamos todo esto sobredito he, et obligamos nos et todos nosos bees de o comprir et guardar en todo et pagar cada anno a dita renda enna villa de Lugo a o praço sobredito, sacado ende grando ou geada segundo dito he. Et a o tempo do finamento de nos et d’aquella pessoa que nomearmos deve ficar o dito casal et herdade del conna dita casa feyta et arvores chantados a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y forenn feytos. Et demays qual de nos as ditas partes contra esto passar que peyte a a outra parte en nome de pena çen moravedis desta moneda que ora corre del rey don Affonso, et demays este vervo et contracto fique firme et valioso. Et nos, os ditos Ruy Fernandes et Maria Peres, para o comprir asy et guardar por nos et por la pessoa que nomearmos, et para pagarmos cada anno a dita renda a o dito praço de San Migeel sen contradiçon nenhuna et comprir as cousas sobreditas, damos vos por teudo et fiador Affonso Eanes, noso genrro, morador en San Iullao çerca a dita villa de Lugo, el presente et outorgante seus beens a dita fiadoria. Et prometemos et outorgamos nos, os sobreditos Ruy Ferrnandes et Maria Peres, et obligamos nossos bees que se este Affoso Eanes fiador et teudo sobredito veer a passar deste mundo, que nos que demos a vos o dito cabidoo outro fiador et teudo enno lugar que este Affon Eanes entra, que cunpra estas cousas sobreditas et cada huna dellas, por nos et por la dita pessoa que for nomeada.

Et por que esto seia çerto et non vena en dulta nos o sobredito dayam et cabidoo et Ruy Ferrnandes et Maria Peres et Affonso Eanes fiador et teudo, partes sobreditas, rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor, huna que posese no livro do cabidoo et outra que desse a vos sobreditos Ruy Ferrnandes et Maria Peres.

Que foy feyta enna casa do thesouro da dita iglesia de Santa Maria XXV dias de novenbro, era de mill et CCC LXX et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; don Pedro Roys, archidiago de Deçon; don Aras Pellaes, thesoreyro; Vasco Dias, Andres Peres, Pedro Aras, coengos de Lugo; Affonso Eanes, Iohan Ferrnandes et Iohan Gonçalves, raçoeyros de Lugo; Pedro Migueles et Françisco Guilelmes, Pedro Ferrnandes, Affonso Eanes, clerigos do choro de Lugo; Affonso Ramallo, clerigo; Gomes Affoso; Johan Domingues, alfayate; Pedro Peres de Felgueira, clerigo, ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por la auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he chamado et rogado presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta por mina mao propria escrivi en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.