GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

543
1349, outubro, 25. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle ao chantre don Fernando de Deus a administración de xullo por 950 marabedís anuais e as obrigas sinaladas no Estatuto Novo.
MADRID, pan style="font-style: italic;">AHN, Cód. 416 Bpan>, fol. 67r.

Era de mill et tresentos et oyteenta et sete annos, viinte et çinquo dias d’outubre.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo enno coro da dita iglesia, arrendamos a vos dom Fernando de Deus, chantres de Lugo, deste San Iohan Bautista primeyro que ven endeante por en todos vossos dias, a amystraçon do mes de julio, que he da dita iglesia de Lugo, con todas suas pertenenças et dereyturas, segundo que mays compridamente perteesçe a a dita amystraçon, segundo que a agora tinna et usava don Alvar Dias, arçidiago de Neyra que foy. Et avedes a dar por la dita amystraçon, cada anno en salvo, noveçentos et çinquenta moravedis, a oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey dom Afonso, et avedes a amystrar et comprir et proveer enno dito mes de pan et de vinno a os coengos en esta maneyra: dar quatro paes et hun quartillon de vinno a o coengo et dous paes et hun meo de vinno a o raçoeyro, et pagar C XX IIIº moravedis de sobreposta, et comprir et amystrar todas las cousas et cada huna delas, que se conteen enno estituto novo. Et obligamos todos nossos beens para vos faser a dita renda de paz, et avemos-vos a reçeber en conta tomas de rey ou de inffante ou de ricoome ou de bispo ou de merino se acaesçeren, segundo que custumaron a reçeber ata aqui ennas outras rendas da iglesia de Lugo.

Et eu, o dito chantres, asi reçebo de vos, dayam et cabidoo sobreditos, a dita renda da dita amystraçon, et obrigo min et todos meus beens, ecclesiasticos et segrares, para comprir et pagar a dita renda et as coussas sobreditas, segundo sobredito he. Et demays para o comprir asi dou-vos por fiadores a dom Affonso Gomes, arçediano de Deça, et a don Ruy Ferrnandes d’Aguiar, coengo de Lugo. Nos, os ditos arçidiano et Ruy Ferrnandes, que estamos presentes et outorgantes et obrigamos todos nossos bees a a dita fiadoria. Et por que esto seia çerto nos, dayam et cabidoo et chantres sobreditos, rogamos a Fernando Peres, notario de Lugo, que fesese escrivir esta carta.

Feyta en Lugo era et dias sobreditos.

Testemoyas: don Diego Ferrnades, dayam; don Vaasco Dias, iuys; Iohan Dias, Tomas Gomes, Andres Peres, coengos; Iohan Afonso, Gonçalvo Eanes, raçoeyros de Lugo; Iohan Afonso de San Iullao, scudeyro; Iohan Ferrnandes, criado do chantres; et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico del rey en Lugo, que a esto que sobredito he chamado et rogado presente foy con as ditas testemoyas et fiz escrivir et puge y meu nome et meu signal.