GMH/ÍNDICE A-Z

553
1350, xaneiro, 25. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a Ares Eanes e a unha voz o casal de Vilar de Coyra, nas freguesías de San Salvador de Toirán e San Xoán de Trastulfe, por renda anual de dúas terzas de pan e outras condicións.
MADRID, pan style="font-style: italic;">AHN, Cód. 416 Bpan>, fol. 39v.

Era de mill et CCC LXXX VIIIº annos, XXVº dias de janeiro.

O dayam et cabidoo da iglesia de Lugo con outorgamento de don Vasco Rodrigues, arçidiago de Deçon, teente a amystraçon de desenbre en terra de santa Alla Alta, avervaron, a Ares Eanes por en toda sua vida et d’una pesoa depoys de sua morte, o cassal de Villar de Coyra commo o tevera Ares Peres do Mato, asi commo perteeçe a a dita amystraçon, con suas pertenenças et dereytura peru quer que vaan, sub signos de san Salvador de Toyrae, et de Sayoane de Trastulfe; et ha de manteer as casas en boo estado et faser as outras que y estan por faser, et chantar y XXX arvores que fiquen presas et feitas no dito casal, et a dar por renda del duas terças de pan, do mellor que y ouver posta a semente, en salvo por teega dereyta, cada anno, por san Martino, enno dito casal, a o dito Vasco Rodrigues ou a quen tever a dita amystraçon por lo dito cabidoo, et a morte da pustrimeyra pesoa delles, o dito casal ha de ficar a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos, et con hun boy et con huna vaca que an de ficar de provança no dito casal, segundo que se todo esto mays compridamente conten enna carta do vervo que ende tomou o dito Aras Eanes.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Lopo Domingues, thesoreyro; Johan Fernandes, Johan Dias, Tomas Gomes, coengos de Lugo.

Eu Fernan Peres, notario publico del rey en Lugo, que a esto que de suso se conten presente fuy con os ditos testemoyas et fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.