GMH/ÍNDICE A-Z

202
1331, decembro, 6
pan style="font-weight: bold; ">foropan>

O cabido afóralle a perpetuidade ao chantre Xoán Rodríguez o casal do Conchouso, en Ourantes, por terza e 6 mrs. e medio.

ACOu, pan style="font-style: italic;">Escrituraspan> XVI, 24

Sabeam quantos esta carta virem que nos Vaasco Perez deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar aforamos a vos Johan Rodriguez chantre da dita igleia et a toda vossa voz para senpre ho nosso casar que nos o dito cabidoo avemos eno Conchouso que e ena fiigrisia de Sayoane d’Ourantes eno, qual casar soya morar Johan Perez e Maria Anes sa moller e seus fillos. Aforamos vos o dito casar a vos et a toda vossa voz para senpre a monte e a fonte con entradas e seidas e con todos seus dereitos et perteenças por tal condiçon que o lavredes et paredes ben em maneira que non defalesca por mingoa de lavor et de boon paramento e pobredes as casas del ou façades pobrar, et dedes ende ao dito cabidoo cada anno en salvo a terça do pam e do viño que y deus der en salvo, o pam na ayra e ho viño eno lagar. Et non devedes coller os ditos froitos sem mandado do dito cabidoo ou de seu moordomo e sem seu ome, ao qual devedes proveer cumunalmente de comer et de bever em quanto estever a coller os ditos froitos do dito casar. Et dedes cada anno ao dito cabidoo en salvo por dia de San Martiño por as casas do dito casar e por chousas e por nabal et pollas outras cousas que deus der seys mor. e meo de brancos da moeda del rey dom Fernando. Et se quiserdes vos ou vossa voz vender o dito casar ou deitar ou enpeñorar ou parte del, que o vendades ou deitedes ou enpeñoredes ante ao dito cabidoo ca a outre polo justo preço, et se o el assy non quiser reçeber entom ho vendede ou deitade ou enpeñorade a atal ome que seia semellavil de vos e que cunpla et pague cada anno o dito foro em paz et en salvo ao dito cabidoo commo dito he. Et se recreçer contenda entre vos ou vossa voz sobrelo dito casar ou sobre parte del que se termine por dous omes boons do dito cabidoo tomados sem suspeita a prazer das partes sem outra apellaçon. Et se as condiçoens da dita carta non foren agoardadas em todo commo dito he, que o dito cabidoo possa tomar o dito casar com sas boas paranças se quiser, pero que devedes ante a seer frontados que as conplades. Et desto as ditas partes pediron a min Afonso Viviaez chançeller senllas cartas por .a .b .c. Feita a carta em Ourense, seis dias de dezenbre, era de mill e trezentos e seseenta e nove annos. Testemuyas que a esto presentes foron dom Pero Suarez arçidiago, Gonçalvo Perez raçoeiro d’Ourense, Lopo Sanchez notario, Johan Eanes e Estevoon Eanes clerigos do coro et Lourenço scrivan ome d’Afonso Viviaez.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mina presença as fige escrivir e este meu sinal y puge en testemuyo de verdade.

(sinal)