GMH/ÍNDICE A-Z

366
1364, marzo, 19
pan style="font-weight: bold; ">foropan>

O mosteiro de Xunqueira de Ambía afóralles a Afonso López e á súa irmá Maior López dous casais e unhas leiras por seis cuarteiros de pan (centeo e vereizo) polos casais e cuarta polas leiras, así como unha marrá con 4 diñeiros coroados.

ACOu, pan style="font-style: italic;">Escrituraspan> XII, 77

Sabean quantos esta carta viren commo nos (Rodrigo Nunes ...) moesteiro de Junqueyra de Anbia e o convento desse lugar, damos a foro (...) d’Affonsso Anes nosso porteiro que foy e de Marina Peres dous casares (...) con as leyras da Seyça que foron de viñas assy commo as agora de nos trage Affonso Lopes nosso coengo. Damos vos os ditos casares e leyras a montes e a fontes con entradas e seydas e con todos seus jures, dereitos e perteenças por hu quer que as aian e devan a aver de dereito, por tal pleito e sub tal condiçon que as façades morar e lavrar e parar ben en guisa que non percan por mingoa de lavor e de boon paramento et que nos diades delas de cada anno seys quarteiros de pan, as duas terças de çenteo e huna de vereeyço, por tega toledaa, que nos vos tragades ao moesteiro por vossa custa. Et he posto que Affonso Lopes nosso coengo que teña en toda sua vida estes casares e leyras sobre ditas e faça o dito foro ao dito moesteiro, et aa morte do dito Affonso Lopes coengo que vos o dito Affonso Lopes e Moor Lopes yrmaos que façades o dito foro ao dito moesteiro en pas e en salvo et que diades das ditas leyras da Seyça quarta parte de todalas novydades que deus en elas der, salvo da froyta e de nabal, por nosso moordomo. Et outrossy que nos diades de cada anno por dia de San Martiño de novenbro huna marraa que seia de reçeber con quatro diñeiros coroados. Et por este foro o agades vos et livre doutro foro e enbargo nenhuun. Et obrigamos os beens do dito moesteiro para vos anpararmos e deffendermos a dereito de quen quer que volo quiser demandar ou enbargar. Et outrossy nos Affonso Lopes e Moor Lopes assy reçebemos o dito foro enna maneira sobre dita e obrigamos todos nossos beens gaañados e por gaañar para conprir e agardar as condiçoens desta carta. Et a parte que contra esto quiser passar non possa e peyte aa parte que o conprir e agardar por nome de penna çem mrs. de brancos e outros tantos aa vos del rey, et a penna pagada ou non a carta e o que se en ela conten fique firme e valla polo tenpo sobre dito. Et a morte da pustrimeira vos fique o dito foro lyvre e quite ao dito moesteiro con todos seus boons paramentos. Et se alguuns de vos quiserdes vender ou enpyñorar o dito foro non possades \+/ e se o nos non quisermos conprar nen enpiñorar, enton vendede ou enpinorade aa tal perssoa que seia vosa semellavyl e faça o dito foro en pas e en salvo ao dito moesteiro. Et que esto seia çerto e non veña en dulta damosvos ende esta nossa carta seelada con nossos seelos de çera pendentes en test. de verdade. Feyta a carta enno dito moesteiro, xix dias de março, era de mill e quatroçentos e dous annos.

<>+ salvo a nos.

Eu Rodrigo Nunes prior. Martin Esteves. Pero Rodrigues. Eu Joan Rodrigues. Eu Johan Mouro. Gonçalvo Eanes. Joan Fernandes. Fernan Peres. Eu Gonçalvo Rodrigues. Eu Joan Affonso.