GMH/ÍNDICE A-Z

652
1363, febreiro, 4. Chantada
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlle ao mosteiro de Oseira unhas herdades nas freguesías de San Xulián de Eiré, Santa Mariña de Esmeriz e Santiago de Pradeda, e reciben a cambio a cuarta parte do couto de San Lourenzo de Peibás.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/6, perg. orix., carta partida por a.b.c., galego, gótica cursiva, 201x389 mm.

LUGO, AC, Tumbo Nuevo, fol. 229v; Tumbillo Nuevo, fols. 113r-114v, con referencia ao lib. 2º, n.º 206.

CAÑIZARES: pp. 1076-1077.

(Carta partida por A...B...C..).

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de dom Ruy Fernandes, dayan, que esta presente, et de dom Ruy Gonçalves, meestrescolla, procurador do cabidoo da nosa iglesia de Lugo, por huna procuraçon feyta por Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, da huna parte, et nos dom Domingo, abbade do moesteyro d’Oseyra, don frey Simon, prior, procurador do convento do dito moesteyro, por huna procuraçon feyta por Gonçalvo Yanes, notario do Chao de Castella, et de Bubal, et do Bollo, da outra, façemos entre nos por nos et por nossos subsçesores tal concambeo que seia valedeyro por senpre, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, et dayan et meestrescola, procurador sobredito, damos et outorgamos a vos, o dito abbade, et prior que aiades que aiades (sic) para senpre por iur de herdade para vos et para o dito voso moesteyro et para vosos subsçesores, a nosa herdade de Villar d’Eyree, que he sub signo de San Iullao d’Eyree, et a nosa herdade de Noseda, que he sub signo de Santa Marina d’Esmeris, et a herdade que nos avemos enna fiigregia de Santiago de Pradeeda; as quaes herdades vos damos con todas suas casas et dereyturas et pertenenças, a monte et a fonte, per ut quer que vaan sub os ditos signos, et segundo que as ora de nos teen aforadas et tragen Monin Fernandes, dito Graçan, et Pedro Martines da Pugeda, a que nos mandamos que vos recudan con as rendas et dereyturas dellas, segundo que a nos avian de recudir, d’aqui endeante.

Et nos, o dito abbade, con outorgamento do dito prior et procurador sobredito, damos et outorgamos a vos, o dito sennor obispo, para vos et para a dita vosa iglesia et para vosos subsçessores en concambea por las ditas herdades que nos dades, que aiades para senpre iamays por iur de herdade a quarta parte do couto et iglesia de San Lourenço de Peyvaes, o qual couto et iglesia vos damos con todas quantas herdades, casas, arvores et formaes, igleiario et leygario, couto et sennorio, moynos et pascos, iures et dereyturas, a montes et a fontes, per ut quer que vaan sub signo da dita iglesia de San Lourenço de Peyvaes, et sub outros signos quaesquer que vaan que perteesçen a o dito couto do dito lugar de San Lourenço et perteesçen a aquelles de que as nos et o dito noso moesteyro gaanamos; et mandamos a os moradores enno dito couto, et lavradores, et tragedores das ditas herdades et casas et arvores et formaes et moynos et pascos et dereyturas, que recudan a vos, o dito sennor obispo, et a vosos subsçessores con as rendas et dereyturas delles d’aqui adeante.

Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et meestrescolla, procurador sobredito, asy reçebemos de vos, o dito dom abbade, et prior, procurador sobredito, o dito couto et iglesia et herdades et casas et arvores et formaes et sennorio igleiario et leygario, et moynos et pascos que nos dades en concambea para nos et para a dita nosa iglesia et para nosos subssçesores, segundo dito he.

Et nos, o dito dom abbade, et prior, asy o reçebemos as ditas herdades et cassas et arvores et formaes et dereyturas et pertenenças de vos, o dito sennor obispo, et dayan et mestrescolla, procurador sobredito, que nos dades en concambea para nos et para o dito noso moesteyro et para nosos subsçessores enna maneyra que dita he, et logo por esta presente carta nos metemos huuns a outros enno iur et possison et propriedade das ditas herdades, et casas et arvores et formaes et couto et iglesia et sennorio igleiareo et leygareo, moynos et pascos que nos damos huuns a outros en concambea, segundo dito he, et obligamos nos et nosos bees et de nosos subsçesores et da dita nosa iglesia et moesteyro de fasermos de pas estas concambeas, que nos damos huuns a outros, a todo tempo enna maneyra que dita he, et de non virmos contra ello en ningun tempo por nos nen per outren, et se o quisermos faser que nos non valla nen seiamos sobrello oydos en iuyso nen fora del, et demays qualquer de nos as partes sobreditas que contra ello quiser viir ou pasar que perça de penna a outra que o guardar et comprir, dous mill moravedis desta husavel moneda, et a dita penna pagada que a dita concambea et contrauto fiquen firmes et valiosos; et des oie mays este dia todo poderio et sennorio de cada huuns de nos as ditas partes seia tirado et removido et posto ennos outros. Et que esto seia çerto nos as ditas \partes/ rogamos a Ares Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, et enna audiençia de nos, o dito sennor obispo, que fesese desto duas cartas en hun tenor, et por mayor firmidue mandamosllas aseellar con seellos de nos, o dito sennor obispo, et do cabidoo da dita nosa iglesia, et de nos, o dito abbade, et do convento do dito noso moesteyro.

Que foron feytas enno moesteyro de Chantada, quatro dias de febreyro, era de mill et quatroçentos et hun annos.

Testemoyas: dom Gonçalvo Martines, abbade de Chantada; frey Fernan Affonso de Neyra, douctor de San Françisco; frey Fernando d’Asma, çellareyro; frey Domingo, estalleyro; frey Iohan, serventes, monges do dito moesteyro d’Oseyra; Aras Fernandes, raçoeyro, et outros.

Et eu Aras Peres, raçoeyro, et notario publico sobredito dado por auctoridade do dito sennor obispo, a esto que sobredito he presente fuy et a rogo et mandado das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu signal en testemoyo de verdade. Et non enpeesca ali ut dis partes que ias entrelinnado a os sete regoes contra a subscriçon, que fuy erro do escrivan et eu, notario sobredito, o escrivi con minna mao. (+).

Materias

abade; abade; abc; alcume; árbore; audiencia diocesana; avinza; beneficio; bieito; cabido; canon foral; casas; celeireiro; cisterciense; cóengo; construción; convento; couto; deán; dignidades; doutor; escribán; escritura; fidalgo; frade; franciscano; labrego; licenza; lucense; mandamento; marabedí; mesa bispal; mestrescola; monxe; mosteiro; muíño; notario; notario; obrigación; orde de San Bieito; orde do Cister; orde dos Irmáns Menores; pasto; pena; permuta; poder; posesión; prior; procurador; racioneiro; recadador; selo; servente; soar; xurisdición; bispo

Persoas

Ares Fernández, racioneiro de Lugo; Ares Pérez, racioneiro de Lugo; Fernando Afonso de Neira, doutor, franciscano; Fernando de Asma, celeireiro de Oseira; frei Domingo, monxe; frei Simón, prior de Oseira; frei Xoán, servente; Gonzalo Eanes, notario; Gonzalo Martínez, abade de Chantada; Gonzalo Pérez, abade de Oseira; Monín Fernández, dito Gracián; Pedro Martínez da Puxeda; Roi Fernández, deán de Lugo; Roi González, mestrescola de Lugo; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Lugo, bispado; San Francisco de Lugo, convento; San Salvador de Asma, mosteiro; San Salvador de Chantada, mosteiro; Santa María de Oseira, mosteiro; Lugo, cabido

Lugares

Asma, antiga xurisdición; Bolo de Senda, antiga xurisdición; Búbal, antiga xurisdición; Castela, antiga xurisdición; Chantada, San Salvador, mosteiro; Eiré, San Xulián; Esmeriz, Santa Mariña; Lugo; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Noseda, herdade; Oseira, Santa María, mosteiro; Peibás, San Lourenzo; Pradeda, Santiago; Puxeda, Santa María; Roma; Vilar de Eyree, herdade