GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1202
1471, marzo, 27. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle ó chantre, durante a súa vida, os bens correspondentes á Capela Nova, por renda anual de 600 marabedís e outras condicións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 42 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 42 v.

Sepan quantos esta carta de arrendamento viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en o thesouro da dita yglesia por esta presente carta outorgamos et conosçemos que arrendamos a vos Johan Afonso, chantre en a dita yglesia, que presente estades, por vosa vida et non mays os beens chamados ca Capela Noba por donde quer que iascan et seian sytos, casas et casares et herdades et vinas et arvores et prados et pastos, aforos et rendas et con todas las outras cousas a eles perteesçentes et perteesçer debentes en qualquer maneyra et por qualquer rason, et a nos por rason deles, os quaes ditos beens de nos tyna en foro Diego Vasques, canonigo, noso conpaneyro, os quaes en nos demiteu et renunçiou et per nos foron resçebidos, segundo todo esta et pasou por lo notario a juso escripto; os quaes ditos beens vos arrendamos, segundo dito he, por vosa vida et con taes condiçoes que os non posades aforar, nen parte deles, nen os posades partir nen debedir con persona que seia fora do dito cabildo, nen darlos, nen parte deles, a escudeyro, nen a dona, nen a donsela, nen outra qualquer persona poderosa; et que se pleito ou letigio ou debate ou question ouver sobre los ditos beens, ou sobre parte deles, que o susubades et siguades a vosas custas et expensas, et que saquedes os ditos beens, ou parte deles, de quaesquer personas que os tena a todo voso poder; et demays que dedes deles en renda, en cada un ano, a o mayordomo do dito cabildo seysçentos maravedis de moeda vella sen falta nen desconto nen mingoa alguna, et que os paguedes a os quartos do ano segundo se pagan as amistraçoes do dito cabildo, et se o asy non feserdes et non pagardes fasta nobe dias depois que a conta de cada quarto for feyta que andedes dali endiante en desconto de vosas prebendas; et que façades labrar as herdades dos ditos lugares, et morar as casas, et tenades os lugares probados et acaseyrados et reparados en guisa que se non pergan con mingoa de laborio et de boo paramento.

Et eu o dito Johan Afonso, chantre, asy resçebo en renda de vos, os ditos senores do dito cabildo, os ditos beens por los ditos seysçentos maravedis de moeda vella, en cada un ano, pagos a os ditos quartos do ano, segundo se pagan as outras amistraçoes do dito cabildo, et con todas las outras penas et condiçoes arriba contiudas et con cada huna delas, para ho qual todo mellor teer et gardar et conplir obligo a mi et a meus beens, mobeles et rayses, eclisiasticos et seglares, avido et por aver, et minas prebendas. Et nos, o dito cabildo, asy o resçebemos. En fe do qual anbas las ditas partes outorgaron delo duas cartas de arrendamento et obligaçion, a mays forte et firme que se podese faser et notar con consello de letrados, huna para vos, o dito chantre, et outra para o dito cabildo.

Que foy feyto et outorgado en o dito lugar, a veynte et sete dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et hun anos.

Testigos que a todo o sobredito foron presentes et outorgaron este dito contrauto: don Alvar Dias, arçediano de Sarrea; et don Gomes Garçia de Gayoso, arçediano de Deçon; et don Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et o dito Diego Vasques, et Johan Ares de Parrega [...], et Pedro de Mera, et Roy Dias de Freyxo, et Afonso Martines de Galdo, canonigos da dita yglesia, capitulantes.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos presente fuy et este publico instrumento de arrendamento et obligaçion, segundo por las ditas partes foy outorgado et ante mi pasou, escripvi et en meu registro et protocolo ho sentey et por ende fise aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.