GMH/ÍNDICE A-Z

A42
1381, xaneiro, 6
Fernando González, comendador da Barra, afora a unha voz a Bernal González un casal en Santa María de Codesedo, pertencente á Orde de Santiago, por terza. (fol. 31-31v)
Feyto e dado.
Sabeam quantos esta carta viren que eu Fernando Gonçalves comendador da Bara, dou a foro a vos Bernal Gonçalves e a vosa moller Tareixa Anes e a huna vos apus vossa morte qual nomear a tenpo de seu finamento e non a nomeando que seia vos o que herdar os outros vosos beens de dereyto, o noso casar que nos avemos enna freguesia (de)* e couto de Santa Maria de Codesedo /no lugar que chaman Paços de Fondo\ que he (nosa)* da comendeda da orden de Santyago por tal (...) e condiçon que vos que a lavredes e pare(des) (...) etç. et que dedes del vos e vosas (...) cada anno a terça parte (...) que deus y der (...) (fol. 31)
Feyta VI dias de janeiro, era de mill e CCCC centos e IX annos. A procuraçon jazen as feitas della en este livro enna carta de Joan Domingues de Geral, as tests. en fondo desta fola.
+ Et eu o dito Fernan Gonçalves comendador obligo os bens da dita comenda porlo poder que ey do mestre de Santiago (do que)* para vos o dito Bernal Gonçalves (se)* e vosa moller e a(s)* dita voz serdes anparado a dereito con esto que dito he. Et (e)u o dito Bernal Gonçalves asy reçebo de vos o dito comendador o dito lugar que me aforades porla maneira e condiçoens sobre ditas e obligo todos meus beens movelles e reyses ganados e por ganar para atender e agardar as condiçons desta carta e cada huna delas. Outrosy he posto que qual quer de nos as partes que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte a outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena C mrs. de brancos e a voz del rey outros tantos e a pena pa(ga)da ou non esta carta e o contyudo en ela fique firme (...) en seu tenpo. (fol. 31v)