GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-34
1437, xaneiro, 23
Avinza co mercador Gómez Afonso de Cerreda, recibido como veciño exento de tributación a cambio do pago anual de 35 mrs. (fol. 26)

Aviinça de Gomes Afonso de Çarreda.

Anno sobre dito, a viinte et tres dias do mes de janeiro, en Ourense enna dita orta do dito Garçia Dias, presentes ende Garçia Dias d’Espinosa, Gomes de Chantada, Estevo Fernandes, Goterre Afonso (rejedores)*, Loys Gonçalves rejedores, Rodrigo Afonso juis(es)* da dita çibdade, mestre Fernando procurador en nomme de Meen Suares procurador do dito conçello, logo todos feseron aviinça a Gomes Afonso de Çarreda mercador que presente estava, por todo tenpo de sua vyda en esta maneira que se sige: que o reçebyan por vesiño /et que se veese morar a çidade\ e que fose aviindo con o dito conçello et que pagase de aviinça de cada huun anno triinta et çinqo mrs. que os page de cada huun anno por día de San Martiño ao procurador do conçello para os mesteres e neçesidades do dito conçello, et avendo alguuns mrs. deytados et derramados enna dita çidade que page os ditos XXXV.- enna rua onde morar para (os)* ajuda da dita rua, e non os avendo que os page segundo dito he +. Para o qual o dito Gomes Afonso asy reçebeu a dita aviinça et obrigou seus beens de pagar de cada huun anno os ditos mrs., et os ditos juises et rejedores obrigaron os beens do dito conçello dela faser saan e de paz etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Diego Dias et Diego de Balboa notarios et Rodrigo escripvan, et Rodrigo de Canba.
+ et do al que seja livre et quite de todos outros quaes quer mrs. e pedidos e moedas que se deytaren enna dita çidade et gose de todos los privilegos e franquesas que an e gozan os vesiños da dita çidade e que ame probeyto dos vesiños da dita çidade. (fol. 26)