GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E2-37
1435, xullo, 14
Avinza por vinte anos co cerralleiro Diego, para que permaneza na cidade, pola que pagará 12 mrs. anuais e ficará exento de todo outro imposto. (fols. 14v-15)

Aviinça de Diego Ferreiro sarralleyro.

E despois desto, enna dita çibdade d’Ourense, qatorse dias do mes de jullyo do dito anno, enno Parayso da iglesia de San Martiño, presentes ende en conçello Afonso Anriques, Pero Fernandes juises, Garçia Dias, Gomes de Chantada, Estevo Fernandes, Loys Gonçalves rejedores (Aº Afonso Fernandes procurador sustetuyto en lugar)* de Afonso Ares procurador /jeeral\ do dito conçello e Vasco Afonso e Meen Suares et et Nuno Patino notario (et parte do)* e Rodrigo Lopes do Rigeiro et parte dos vesiños da dita çibdade, outrosy estando y presente Diego sarraleiro morador enna dita çibdade, logo os ditos juises et rejedores et procurador e omeens boons do dito conçello diseron que por quanto o dito Diego sarraleyro era boon ofiçial e conprideira para dita çidade et por quanto se queria yr morar a outras partes et por tal que se non fose e morase enna dita çidade, que fasian con el aviinça en esta maneira, que lle fasian aviinça doje a viinte annos primeiros sigentes e mays non et (fol. 14v)
que pagase de cada huun anno de aviinça ao dito conçello dose mrs. branca en tres dños. de cada huun anno por cada dia de San Martiño do mes de novenbro et se ouver pedido ou talas conçelavelles que os page enna rua onde morar para ajuda da talla da dita rua et se non ouver pedido nen tallas conçelavelles que os page para os mesteres et neçesidades do dito conçello et do al que seja ysento e quite de todos outros quaes quer peytos e pedidos e mrs. e moedas et tallas conçellavelles que se deytaren et derramaren enna dita çidade por lo dito tenpo et que gose de todos los privilegos et franquesas et liberdades e boons usos et costumes que an et gosan os vesiños et moradores enna dita çidade, para o qual obrigaron os beens do dito conçello e de lle teer e conprir et agardar. Et o dito Diego ferreiro obrigou seus beens de pagar de cada hun anno os ditos dose mrs. e teer et conprir todo asy etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Gomes Yanes coengo enna dita iglesia, Pero Sanches de Baeça arçediano de Baronçelle, Gonçalvo Rañooa, Alvaro Faveiro. (fol. 15)