GMH/ÍNDICE A-Z

432
1384, agosto, 8
avinza

O Concello aproba a concordia asinada co bispo Pascual García.

ACOu, Libro Grande, 7-8

E depoys desto, luens oyto dias do mes dagosto da era sobre dicta de mill e trezentos e oyteenta e quatro annos, en presença de nos os dictos Fernan Rodriguez e Gonçalo Perez notarios sobre dictos e outrosi en presença de nos Pero Lourenço e Martin Gonçales e Afonso Guiça e Fernan Sanchez e Gomez Perez notarios publicos d’Ourense por lo obispo e por la egleia dese lugar e das testimuyas adeante escriptas. Seendo o dicto senor obispo enno paaço grande da sala do seu cural da dicta çibdade, seendo y juntados por pregon o conçello da dicta çibdade segundo que o an de uso e de custume, conven a saber Bernal Guitar dela Guerra e Anton Fernandes dos Brancos juyzes enna dicta çibdade e Martin Anes de Gordon, Rodrigo Lourenço e Afonso Gonçales Maldegolado [fol. 7]

e Roy de Montes e Gonçalo Perez de Noalla regedores que an de veer fazenda do conçello da dicta çibdade porlo dicto senor obispo segundo o ordenamento do regno, e Gonçalo Anes das Tendas mercador e Garçia Perez da Fonteyna e Afonso Ares escudeyros e Pero Paez mercador e Pero de Sode carniceiro e Gonçalo Esteveez e Fernan Afonso da Torre e Rodrigo Afonso fisico e Gonçalo Martinez de Montealegre e Iohan Fernandes escrivan mercador e Iohan Perez Rosete e Iohan de Iunqueyra do Vilar e Iohan Afonso çapateyro e Martin Torto ferreyro e Gonçalo Anes da Barreira escudeiro e Afonso Pedrouços e Iohan de Castroverde carniçeyros e Afonso Carvon mercador e Roy Gomez e Lourenço Fernandes do Vilar piliteiro e Iohan de Touro pixoteyro e Fernan Pardin e Afonso de Vilarnaz e Gonçalo Lopez escudeiro e Domingo Yanes mercador e Lourenço Perez aparellador e Fernan Domingues coyteleyro e Iohan Branco caniçeiro e Domingo Fernandes e Martin Dominguez çapateiros e Roy Cameaon lavrador e Fernan Borrageyros e Lourenço Yanes do Canpo e Domingo Afonso çapateiro e Gonçalo de Manoy e Gonçalo de Remoyn ferreiro e Ruy Martinez çapateiro e Afonso da Bugalla ferrador e Migeel Perez e Afonso Branco e Iohan Gomez carniçeyros e Vaasco de Polido e Domingo de Hermide e Gonçalo Yanes alfayate e Afonso Rodeiro, todos vizinos e moradores da dicta çibdade e Garçia Paez procurador do dicto conçello. Entonçe o dicto senor obispo presentou logo y e fezo leer por nos os dictos notarios a sobre dicta escriptura e capitulos e aviinça que fora feyta e firmada entre o dicto senor obispo e os dictos juyzes e regedores e omes boos por parte do dicto conçello segundo de suso esta escripta, a qual presentada e leuda o dicto senor obispo preguntou aos dictos juyzes e regedores e procurador e omes boos que dizian en esta razon, se outorgavan a dicta escriptura enna maneira que pasara e estava escripta e que fora outorgada pollos dictos juyzes, regedores e omes boons ou se avia y alguun ou alguuns que o contradisesem, ca se o dicto conçello o contradisese e o non quisese outorgar que a el plazia delo. Et que dizia e requeria aos dictos juyzes e ao dicto Garçia Paez procurador que requerisen sobre elo aos dictos vezinos e moradores e a cada huun deles se outorgavam a dicta aviinça e conpostura segundo que estava escripta e pasara per los sobre dictos Fernan Rodriges e Gonçalo Perez e Vasco Martines notarios, e o dicto Anton Fernandes juyz e o dicto Garcia Paez procurador fezeron pregunta aos dictos regedores e omes boons do dicto conçello que siian presentes se lles plazia da dicta aviinça e conpustura que o dicto senor obispo e os dictos regedores e omes boos firmaran e outorgaran segundo que logo paresçia e estava escripto pola dicta escriptura e o dicto juyz e Garçia Paez procurador requeriron sobre ello aos dictos regedores e omes boos nomeados que siiam presentes se outorgavan a dicta aviinça e conpostura enna maneyra que estava feyta e escripta. Et os dictos juyzes e regedores e omes boos, alguun nen alguuns non no contradizendo, diseron que lles pareçia que estava [fol. 7v]

ben a dicta aviinça e escriptura e que a outorgavan e outorgaron logo na maneira que era feyta. Et o dicto señor obispo diso que, poys que a elles prazia e outorgavan a dicta aviinça, que el por si e por seus suçesores que a outorgava e outorgou logo enna maneyra que pasara e estava escripta. Et desto en commo pasou o dicto señor obispo por si e por sua parte, e os dictos omes boos do dicto conçello por si e por \la/ sua parte pidiron a nos dictos notarios senllos publicos instromentos ou mays quantos lles conplissem para garda de seu dereyto. E esto foy en Ourens enno dicto logar, enno dia e era e mes sobre dictos. Testimuyas que a esto presentes foron Afonso de Villarnaz e Gonçalo Perez Pardo e Afonso Perez beesteyro e Gonçalo de Ferreyros e Gonçalo Sardina notario moradores en Ourens e outros. [fol. 8]

Materias

alcume; aparellador; avinza; besteiro; bispado; bispo; capítulo; carniceiro; castelo; coiteleiro; concello; confirmación; Curral do Bispo; escribán; escritura; escudeiro; ferrador; ferreiro; fidalgo; físico; homes bos; labrego; lei; mercador; ordenanza; pazo; peixeiro; peliqueiro; preito; procurador; publicación; rei; requirimento; rexedor; señor; xastre; xuíz; xurisdición; zapateiro; notario

Persoas

Afonso Ares, escudeiro; Afonso Branco, carniceiro; Afonso Carbón, mercador; Afonso da Bugalla, ferrador; Afonso Eáns de Vilarnaz, escudeiro; Afonso Eáns Guiza, notario; Afonso González Maldegolado, rexedor de Ourense; Afonso Pérez, besteiro; Afonso Rodeiro; Antón Fernández dos Brancos, xuíz de Ourense; Bernal Guitar da Guerra, xuíz de Ourense; Domingos Afonso, zapateiro; Domingos Afonso, zapateiro; Domingos de Ermide; Domingos Eáns, mercador; Domingos Fernández, zapateiro; Fernando; Fernando Afonso da Torre, carniceiro; Fernando Borraxeiros; Fernando Domínguez, coiteleiro; Fernando Rodríguez, notario; Fernando Sánchez, notario; García Páez, procurador do concello de Ourense; García Pérez da Fontaíña, escudeiro; Gómez Pérez, notario; Gonzalo de Ferreiros; Gonzalo de Manoi; Gonzalo de Ramuín, ferreiro; Gonzalo Eáns da Barreira, escudeiro; Gonzalo Eáns das Tendas, mercador e rexedor de Ourense; Gonzalo Eáns, xastre; Gonzalo Estévez; Gonzalo López, escudeiro; Gonzalo Martínez de Montealegre, mercador e Rexedor de Ourense; Gonzalo Pérez da Fontaíña, notario; Gonzalo Pérez de Noalla, rexedor de Ourense; Gonzalo Pérez Pardo; Gonzalo Pérez, dito Sardiña, notario; Lourenzo Eáns do Campo; Lourenzo Fernández do Vilar, peliqueiro; Lourenzo Pérez, aparellador; Martiño Domínguez, zapateiro; Martiño Eáns de Gordón, rexedor de Ourense; Martiño González, notario; Martiño Torto, ferreiro; Miguel Pérez, carniceiro; Pascual García, bispo de Ourense; Pedro de Pedrouzos, carniceiro; Pedro de Sode, carniceiro; Pedro Páez, mercador; Roi Afonso, físico; Roi Cameón, labrego; Roi de Montes, rexedor de Ourense; Roi Gómez; Roi Lourenzo, rexedor de Ourense; Vasco de Pulido; Xoán Afonso, zapateiro; Xoán Branco, carniceiro; Xoán de Castroverde, carniceiro; Xoán de Touro, peixeiro; Xoán de Xunqueira do Vilar; Xoán Fernández, escribán e mercador; Xoán Gómez, carniceiro; Xoán Pérez Rosete; Pedro Lourenzo, notario

Outros

Ourense, bispado; Ourense, concello; Ourense, cabido

Lugares

Gordón; Montealegre, monte; Noalla; Ourense; Vilarnaz