GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

724
1372, setembro, 22. Laiosa
O bispo de Lugo afóralles a Afonso Pérez e á súa muller e a unha voz os casais de Huchas e Souto, en Santa María de Toiriz, por renda anual da terceira parte do froito e seis marabedís por foros. O beneficiario dóalle, asemade, tres leiras na citada freguesía, que tamén se aforan por un moio de pan anual.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/20, perg. orix., galego, gótica cursiva, 218x245 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, da huna parte, et eu Affonso Peres de Toyris, da outra, fasemos entre nos tal enprasamento que seia valedeyro: conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos aforo et avervo a vos, o dito Affonso Peres, et a vossa muller, Costança Peres, para en toda vosa vida d’anbos et de huna pessoa qual o postrimeiro de vos nomear en vida ou a tempo de vosso finamento, os nossos casares de Huchas et do Souto, que son sub signo de Santa Maria de Toyris, a a tal condiçon conven a saber que avedes a lavrar et parar ben as herdades dos ditos casares, et tirar de monte ut iouveren en guisa que se non pergan con mingoa de lavorio et de sarradura, et avedes a morar as casas delles et manteerlas en boo estado, et avedes-nos a dar vos, et a dita vossa muller et pessoa, a terça parte do que Deus der et vos lavrardes nas herdades dos ditos casares, et dardes-nos por foros et por orto et por nabos et por linno et por herva, seys maravedis da moneda del rey don Affonso, et fasernos serviço commo os outros nossos serviçaes, et avedes a seer vasallos serventes et obedientes nossos et de nosos subçessores et deffesos et anparados das monas et peytas, segundo os outros nossos serviçaes, et non avedes de vender nen supignorar este dito foro et vervo a cavalleiro, nen a escudeiro, nen a dona, nen a outro omme poderoso algun.

Et eu, o dito Affonso Peres, asy reçebo de vos, o dito sennor obispo, o dito foro et vervo dos ditos casares para min et para a dita minna muller et pessoa, et obligo min et meus bees et deles, movilles et reyses, de o comprirmos en todo, segundo dito he, su penna de çen moravedis. Et por este ben et merçee que me vos, o dito sennor obispo, fasedes dou-vos para senpre iamays por iur de herdade, para vos et para a dita vosa iglesia, herdade que seia hun moyo semente por la medida de Monforte, a qual herdade que vos dou he esta conven a saber: huna leyra de herdade que ias en Val de Salgueyro, que he dous quateyros semente, et ias en braço con outra herdade de vos, o dito sennor obispo, et huna leyra que ias a os Picoutos, que he semente seys tegas, et ias a par d’outra de vos, o dito sennor obispo, et outra leyra que ias a Penna de Cabraes, que he duas teegas semente, a quel herdade que vos dou he sub signo de Santa Maria de Toyris, et ponno logo a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia enno iur et possisson et propiedade da dita herdade, et tiro ende a min et a toda minna vos, et se d’aqui adeante lavrar ou possuyr a dita herdade connosco et outorgo que a lavro et possuyo por vos, o dito sennor obispo, et por la dita vossa iglesia precario, et d’aqui endeante todo meu sennorio et poderio seia de min tirado et removudo dela et posto en vos, o dito sennor obispo, et na dita vossa iglesia.

Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos de vos, o dito Affonso Peres, a dita herdade et leyras que nos dades para nos et para a dita nosa iglesia, et por vos fasermos ben et merçee damos en aforo et avervo para vos et para a dita vosa muller et para a dita pesoa, que cada hun de vos nomear ennos ditos casares segundo dito he, a dita herdade et leyras que nos dades, a a tal condiçon que vos et a dita vosa muller et pesoa lavredes et paredes ben a dita herdade, et nos dedes dela, de cada anno, en renda hun moyo de pan por la medida de Monforte, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, do mellor pan que ouver enna dita herdade posta a semente. Et a finamento de vos et da dita vossa muller et da dita pessoa a dita herdade et as herdades dos ditos casares an de ficar livres et quitas et desenbargadas et ben lavradas, et as casas dos ditos casares feytas et en boo paramento a nos, o dito sennor obispo, et a nossa iglesia.

Et eu, o dito Affonso Peres, que presente estou asy reçebo de vos, o dito sennor obispo, o dito foro et vervo da dita herdade et casares enna maneira que dita he, et obligo min et meus bees et da dita minna muller et pessoa de o comprirmos et guardarmos en todo, segundo dito he, sub a pena dita.

Et nos, o dito sennor obispo, asy vos lo outorgamos. Et que esto seia çerto nos las ditas partes rogamos a Aras Peres, raçoeyro et notario publico de Lugo et enna abdiençia de nos, o dito sennor obispo, que fesese desto duas cartas [en un tennor].

Feytas en Layosa, viinte et dous dias de setembre, era de mill et quatroçentos et des annos.

Testemoyas que foron presentes: don Ruy Gonçalves, mestrescolla de Lugo; frey Affonso Eanes, companeiro do dito sennor obispo; Arias Fernandes, raçoeiro; Iohan Eanes de Layosa; Affonso Lopes de Monforte, criado do dito sennor obispo, et outros.

Et eu Arias Peres, raçoeiro et notario publico de Lugo enna audiençia do dito sennor obispo dado por sua auctoridade, a esto presente fuy con as ditas testemoyas chamadas et rogadas, et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade. Et non enpeesca ali ut ias escrito sobre raydo et dis para nos et para a dita nossa iglesia que he a quatorse rengloes contra a subscripçon con o renglon de [...] que non he acadado que foy error de scrivan et eu notario sobredito o enmendey. (+).