GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

106
1315, abril, 5
venda

Miguel Pérez de Vilanova véndelles a Gonzalo Martínez e á súa muller, Xoana Núñez, a viña de Portozelo, en Vilanova, freguesía de San Miguel de Souto, a metade dela foreira de terza ao bispo, por 635 mrs. de moeda portuguesa.



ACOu, Bispo, 100

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que eu Miguel Peres de Vilanova, presente mina moller Mayor Salvadorez e outorgante, vendo e entrego por esta carta a vos Gonçalvo Martinez fillo de Gonçalvo Martinez que foy d’Ourense e a vossa esposa Johanna Nunes e a toda vossa voz para senpre a miña viña do Portozelo que eu ey en termio de Vilanova que e figresia de Sam Miguel de Souto, a qual viña se parte da huna das partes pela viña de Fernan Dominguez de Rante e da outra parte pela viña de Johan Vaasquez e ençima entesta enna leyra de fillos de Johan Meendez de Penedo e en fondo fer enno rigueyro. Vendo a vos a dita viña con entradas e saydas e con todos seus dereitos e perteenças, a meatade de dizemo a deus e a outra meatade de foro de terça ao bispo d’Ourense e livre e quite de todo outro enbargo assi commo esta demarcada contra a viña de Johan Vaasquez que e de dizemo a deus. Que vos e toda vossa voz aiades e pessoyades ella daqui endeante en jur de herdade para senpre e façades dela vossa voontade livremente e o que vos aprouver. Ca outorgo que reçebi de vos por esto bem e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo, conven a saber seysçentos e triinta e çinqo mor. de moeda portuguesa de que contan xvi pares de dineiros novos por tres mor. Et logo todo jur, voz, señorio, possissom, propiedade e dereito que eu ey na leyra sobredita todo o tollo de min e de toda miña voz e meto e poño vos e toda vossa voz en corporal possissom dela para senpre por esta carta. Et outorgo a anparar senpre vos e toda vossa voz a dereito con esta vendiçom por min e por todos meus beens gaanados e por gaañar. Et quen quer que contra esta vendiçom veer aia a yra de deus e a miña maldiçon e quanto demandar peyteo a vos e a vossa voz doblado e aa voz del rey de pena c mor. da boa moeda e esta carta fique senpre firme. Feyta a carta en Ourense, çinqo dias dabril, era de mill e cccliii annos. Tests. que foron presentes Gonçalvo Peres raçoeyro d’Ourense, Fernan Domingues çidadao desse lugar, Fernan Peres de Couçada clerigo do coro, Gonçalvo Eanes fillo de Dominga mercadeyra.

Et eu Gomez Fernandez notario d’Ourense por lo bispo e por la igleia dessa çidade que a esto presente foy e o fis escrivir e meu sinal y puge que e tal en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta por que Miguel Peres de Vilanova vendeo a viña de Casanova a Johanna Nunes.