GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

278
1346, abril, 17
venda

Lourenzo Iáñez de Quintela, escudeiro, morador en Cas de Sancha (Velle), véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle unha herdade en Vilaenfesta, por 80 libras.

ACOu, Escrituras X, 18

Sabean quantos esta carta viren que eu Lourenço Anes de Quinteela escudeyro morador en Cas de Sancha, que he friiguesia de Santa Marta de Velle, por min e por toda mina voz vendo e logo por esta presente carta entrego a vos Lopo Rodrigues escudeiro d’Agiar, fillo de Rodrigo Aras cavalleiro que foy e a toda vosa vos para senpre a herdade que eu ey en Vilaenfesta, que he na friiguesia de Santa Cristina de Vilariño, a qual herdade eu conprey de Johan Laso escudeiro morador en Cas de Çide que foy. Vendo vos a dita herdade a montes e a fontes con todas suas casas e arvores e entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças assy que vos e toda vosa vos façades da dita herdade daqui endeante toda vosa voontade livremente e o que vos aprouver. Ca outorgo e conosco que reçeby de vos ben e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo de me por elo dar, conven a saber oyteenta libras de brancos da moeda de noso señor el rey don Afonso de que contan qoreenta par de diñeiros noves por tres libras, o qual preço logo de vos reçebo en presença do notario e das testemuyas endeante escritas. Et logo todo jur, senorio, posyson, propiadade, voz e auçon e dereito que eu ey e me perteençe en esto que vos vendo ou en parte delo todo o tollo de min e de toda mina voz e poñoo en vos o dito Lopo Rodrigues e en todas vosas voses para senpre. Et obligo todos meus beens para anparar vos e vosa voz senpre a dereito con esto que vos vendo. Et quen quer da mina parte ou da estraya que vos contra esta carta e venda que vos eu de meu grado faço veer en parte ou en todo aia a yra de deus e a mina maldiçon e peyte aa voz del rey por nomme de pena çen mrs. de brancos e a vos ou a vosa voz outros tantos, et a pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, dez e sete dias dabril, era de mill e tresentos e oyteenta e quatro annos. Testemoyas Gonçalvo de Linares e Afonso Peres ferreiros, Domingo Bueyros omme do dito Lourenço \Anes/, Afonso Lopes escrivan.

Et eu Fernan Gonçalvez notario publico da çidade d’Ourense jurado pola ygleia desse lugar que a esto presente fuy e en myna presença o fiz escrivyr e meu signal y puge en testemonyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Vilaenfesta que está na friig[ues]ia de Santa Cristina.