GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

343
1359, abril, 7
venda

Maior Iáñez do Forno véndelle a Álvar Sánchez, escudeiro do bispo don Xoán, todas as propiedades que herdou dos seus pais no lugar de Currás de Fondo, freguesía de Santo André de Rante, por 200 mrs.

ACOu, Escrituras XIV, 42

Sabean quantos esta carta viren que eu Moor Eanes do Forno moradeira en Ventrazes, muller que foy de Johan Domingues do Forno morador que foy eno dito lugar et filla de Johan Peres dos Curraes que foy, por min e por toda mia voz vendo e logo por esta presente carta entrego a vos Alvar Sanches escudeiro do bispo don Johan et morador en Ourense ena rua do Pumar et a vossa muller Tereyia Anes et a toda vossa voz para senpre todas las erdades e vyñas et casas e cortyñas e arvores que eu ey e me perteençen da parte do dito Johan Peres meu padre e de Maria Anes miña madre eno dito lugar de Curraes de Fondo e en seu termio, que e ena fregisia de Sant Andre de Rante. Vendo vos as ditas erdades e vyñas e casas e cortyñas e arvores con todos seus dereytos e entradas e seydas e jures e perteenças por hu quer que as an et deven a aver de dereyto, a montes e a fontes, assy que vos e toda vossa voz as aiades et pessuyades des aqui en deante en jur de erdade para senpre et façades delas e en elas toda vossa voontade livremente o que vos aprouger, et façades ende ao señorio os foros e dereytos que por elas an de aver e o seu dizemo a deus e as aiades livres e quitas de toda outra carrega e de todo outro enbargo, que outorgo que reçeby de vos ben e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprougo de me por elas dardes, conven a saber duzentos mrs. de dyñeiros blancos de dez diñeiros cada mr., os quaes duzentos mrs. logo de vos reçeby en presença do notario e das testemunyas adeante escritas, de que me outorgo por ben entrega e ben pagada. Et logo todo jur, dereyto, señorio, vos e auçon, propiadade, pussysson que eu ey enas ditas erdades e vyñas e cortyñas e casas e arvores todo o tollo e removo de min e de toda mia voz et poño vos os ditos Alvar Sanches et Tereyia Anes et toda vossa voz en corporal possysson delas para senpre por esta presente carta, et obligo todos meus beens moviles e rayzes gaañados e por gaañar para anparar vos e toda vossa voz senpre a dereyto con esta venda que vos faço, et quen quer da miña parte ou da estranya que contra esta carta e venda sobre dita que vos eu de meu grado faço quiser passar en parte ou en todo non possa et peyte por ende a vos ou a vossa voz por nome de pena e de interesse çen mrs. da dita moeda blanca e a voz del rey outros tantos et esta carta e venda sobre dita fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, domingo sete dias de abril, era de mill e trezentos e noventa e sete anos. Testemunyas que a esto foron presentes Gonçalo Fernandes, Salvador Fernandes moradores en Rante, Johan Peres sobriño de Johan Garçia porteiro, Johan Afonso, Pero Escudeiro, Gonçalo Yanes omes do dito Alvar Sanches.

Et eu (Affonso) Martines notario publico da çibdade d’Ourense e do castelo e dos coutos do bispo e da igleia d’Ourense por lo bispo e por da dita igleia que a esto foy presente e esta carta escrivy e meu signo aqui fiz en testemunyo de verdade que tal he

(sinal)

[reverso] Carta de venda de Curraes
de Fondo.