GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

450
1389, decembro, 13
foro

Martín de Montes, cóengo, tenente da sucesión de María Rodríguez de Vilarrubín, afóralles a perpetuidade a Gómez Mosqueiro e á súa muller, Costanza Pérez, unha herdade de monte en Pena Redonda, coa condición de plantar viña, por 5 libras.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo I, 19

Sabean quantos esta carta viren commo eu Martin de Montes coengo d’Ourense, teendor da suçeson que ordenou Maria Rodrigues de Vilarrovin, per liçençia et outoridade de don Fernan Peres abbade da egleia da Triindade et vigario geeral do onrrado padre e señor don Pasqual por la graça de deus obispo d’Ourense que he presente, dou et outorgo a foro a vos Gomes Mosqueiro morador en Ourense na rua da Pixotaria et a vosa moller Costança Peres et a todas vosas voses para senpre huna herdade de monte que soya seer viña que jaz sub Penna Redona, que perteensçe aa dita suçeson que eu teño, a qual herdade eu resçebi por las maas paranças, por que jasia e jas en monte et ha gran tenpo que non foy lavrada, a qual herdade demarca de huun cabo con viña d’Alvaro Gonçalves de Verosende et do outro cabo con outra viña de vos o dito Gomes Mosqueiro que foy d’Afonso Virgo et en çima topa no camiño grande que ven da q[uyc]a? para Ourense et fere en fondo en viña que foy de Orraca Anes. Aforovos a dita herdade sigundo que esta demarcada con suas entradas e seidas e con todos seus dereitos et perteenças sub tal condiçon que a chantedes et entrechantedes de viña et a lavredes e paredes ben en tal maneira que non defalesca por mingoa de lavor et de boon paramento, et dedes ende a min et aos outros que per lo tenpo foren teendores da dita suçeson de foro cada anno por dia de San Martiño do mes de novenbro çinqo libras de diñeiros brancos desta moeda usual de que contan quareenta par de diñeiros novees por tres libras ou a estimaçon delas se outra moeda correr. Et do al que aiades a dita herdade de disemo a deus et livre e quite de todo outro enbargo et encarrego alguun. Et obligo os beens da dita suçeson para vos anparar et defender senpre a dereito con este aforamento que vos faço. Et eu o dito Gomes Mosqueiro que soon presente por min e por la dita miña moller et por todas nosas voses asi o outorgo e resçebo en min a dita herdade aforada de vos o dito Martin de Montes porla maneira e condiçoens que ditas son. Et para a chantar et entrechantar de viña et para a lavrar et parar ben et para pagar a vos o dito Martin de Montes et aos outros teendores da dita suçeson de cada anno o dito foro das ditas çinqo libras et para conprir e agardar todas las condiçoens desta carta e cada huna delas obligo todos meus beens avidos e por aver. Et he posto que qual quer de nos as partes que contra esto pasar et o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir et agardar quiser por nomme de penna et de interese çen mor. da boa moeda et aa vos del rey outros tantos et a dita penna pagada ou non que esta carta e aforamento fique firme et valla para senpre. Feita a carta em Ourense trese dias de desenbro, anno do nasçemento do noso señor Jhesu Cristo de mill et tresentos et oytenta e nove annos. Testemuyas que a esto presentes foron Gonçalvo Anes da Castineira coengo d’Ourense, Gomes Ares da Pixotaria, Fernan de Santiago raçoeiro, Johan da Agoada clerigo do coro e Johan Seixino vesinos e moradores en Ourense e outros.

Et eu Gonçalvo Oureiro notario publico da çidade d’Ourense por la igleia dese lugar que a esto presente foi e o escripvi et meu signal aqui puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da capela de Castro
Verde.