GMH/ÍNDICE A-Z

32

1417, marzo, 17.
 O Concello, tendo en conta que Fernán González, alfaiate, lle dera querela contra Gonzalo Rodríguez enviáralle cartas inxuriosas e deshonrosas, e que as había que remesar ó arcebispo, acorda concede-la para o mensaxeiro.
Dez et seis dias de março. Sabean todos que seendo o conçello, alcalldes, regidores jurados et homes bõos da çidade de Santiago juntados en conçello por crida de anafil enna dita notaria segundo que han de costume presentes enno dito conçello Pero Yanes Abraldes et Fernan Aras Xarpa alcalles da dita çidade et Martin Galos, Afonso Fernandes Abril, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Alvaro Alonso Juliate et Juan Aras da Cana jurados enna dita çidade et en presença de min o dito Fernan Yanes, notario et escusador et dos testemoyas adeante escriptas; enton o dito conçello et alcalles et regidores diseron que por quanto Fernan Gonçalves, alfayate, veziño da dita çidade, ayer lles dera querela de Gonçalvo Rodriges del Regno, que reçebera del çertas injurias et desonrra, que entendian de enviar sobrelo petiçon a noso señor o arçobispo, para que proveesse sobrelo como sua merçed fose et que mandavan a Gil Peres, procurador do dito conçello que dese para o mesejeiro que levase a dita petiçon et para o que escripvise et para papel quoreenta et duas brancas et que lles seerian reçebidos en conta. Testemoyas, os sobreditos.