GMH/ÍNDICE A-Z

138
1313, decembro, 26. Lugo
O Cabido arréndalles a don Xoán Eanes, tesoureiro, e a un arcediago os aniversarios por certa cantidade de marabedís e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 56v.

Era de mill CCCLI annos XXVI dias de desembro [...] et a don Johan Eanes, thesoreyro de Lugo, todos los aniversarios vellos, deste Sayoanne primeiro que ven [...] çentos morabedis da moneda del rey don Fernando que agora corre ou a vallia delles en salvo con aquestas condiçoes, conven a saber: primeiramente que quanto montar cada dia, segundo o custume da eglesia de Lugo, que o pagen cada dia, et se o non fezeren assy que percam Ve moravedis de penna cada dia dos dias que non pagaren, et desta pena que non possam quitar se non pagarenna ante que o cabo. Et outrossy de quanto deu o cabidoo dos aniversarios por gracia, assy casas commo outras cousas, que non vaan en desconta se non segundo commo agora estam. Et outrossy que as casas que as leyxen enderençadas et as reffaçan salvo se caer casa de pe ou duas partes della ou mays que a meatade, ou arder; et deven a leyxar os casares pobrados de dous armentios et de Ve rexellos, et de huna porca cada hun casal; et daren cada anno dous carros de palla para o coro: hun carro en vespera de Todos Santos, et outro en vespera de Natal. Et se pel-la ventura algun destes morrer que se torne a renda no outro. Et se ambos morreren que se torne a o cabidoo. Et deste arrendamento tyra o cabidoo aquello que he da sua messa aynda que seia scripto no livro dos aniversarios, et o vinno d'Avoyn et de Milleyros. Et o cabidoo da a estes sobreditos archidiago et thesoreyro a sua demanda que han contra o juyz don Iohan Beserra por rason do reffazemento das casas, et do pobramento dos casares, por tal maneira que a raçon et os outros beens que son obligados a o cabidoo pol-la outra deveda que lle deve dos aniversarios que seiam primeiramente entregos pel-la deveda et beens sobreditos se o quisser demandar o cabidoo. Et por esto conprir son fiadores: Aras Perez et Nuno Martines, coygos de Lugo, elles presentes et outorgantes.

Testemoyas: don Maestre Affonso archidiago de Deçon; don Aras Fernandes chantre de Lugo; Pedro Savaschaes, don Pedro Diaz, Fernan de Deus, Rodrigo Alvares coygos de Lugo, et outros do cabidoo.

Affonso Perez, notario publico de Lugo, por mandado do cabidoo d'aquelles que y enton era presentes, notou.