GMH/ÍNDICE A-Z

132

1419, novembro, 17.
O Concello, tendo en conta que os moradores da colación de San Xoán Apóstolo repartiran maliciosamente a Fernan de Pereira, alfaiate, sendo este pobre, vello e cego e non tendo con que se manter e menos paga-lo imposto, acorda que non se cobrase ningún ó devandito Fernan de Pereira.

(Fol. 69)
Esta feira dez e sete dias do mes de novenbro, este dito dia seendo os alcalles e regidores da çidade de Santiago juntados en consistorio enna notaria de Rui Martines, notario da dita çidade, segundo que han de uso e de costume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcaldes da dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos. Afonso Fernandes Abril, Johan Aras da Cana et Alvaro Afonso Juliate, regidores jurados enna dita çidade, en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testimoyas infra scriptas, logo enton os sobreditos diseron que por quanto os moradores enna colaçon de San Johan Apostollo repartiran maliçiosamente a Fernan de Pereira, alfayate, veziño da dita çidade en çerta contia de maravedis enna renda que este dito anno se collera e recabdara enna dita çidade seendo el pobre e vello e çego e non teendo por donde se mantẽer nen esso mẽesmo para pagar os maravedis en que asi fora repartido. Por ende que eles considerando sua pobreza et infirmidade que mandavan e mandaron a os procuradores do dito conçello que non demandasen nen levasen do dito Fernan de Pereira os maravedis en que asi fora repartido nen o peñorasen por elo. E que mandavan que se tornasen en fallas ao dito conçello os maravedis en que asi fora repartido e encanavado. Et otrosy que mandavan que de aqui endeante en quanto fose voontade do dito conçello o dito Fernan de Pereira non fose repartido en maravedi algũos que enna dita çidade se ouvesen de repartir e coller e derramar asi de rendas e enprestidos e fallas como en outra maneira qualquer. Et aquel que o repartise en eles que fose obligado de pagar por el os maravedis en que o asi repartise. Et desto en como pasou Johan Ramos, escudeiro de Johan de Mendoça en nome do dito Fernan de Pereira pedeu a min o dito notario testemoyos signado para garda do dereito do dito Fernan de Pereira. Esto fuy enno dito lugar, dia, mes e anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes Johan Bugeirete do Preguntoiro e Juan da Cana e Domingo Longo, vesinos da dita çidade. Feito e dado a o dito Fernan de Pereira.