GMH/ÍNDICE A-Z

72

1309, marzo, 24. Viveiro.
O bispo don Rodrigo afóralle-la metade do casal de Vilanova, sito nas parroquias de Galdo e Landrove, a Fernando Bonome e á súa dona Maior Fernández, veciños de Viveiro, polos días da súa vida, en 250 marabedís anuais. Transcríbense varios documentos verbo diso.
A, perg. de 730 x 480 mm. Letra gótica cursiva.
Ed.: e. cal pardo: “De Viveiro en la Edad Media”, Estudios Mindonienses, 7 (1991), pp. 98-103.
Ref.: Resumo feito en papel no século xviii e unido ó pergamiño.

Saban quantos esta carta vieren commo en presença de min Johan Peres notario del Rey en Viueiro et das testemoyas que en esta carta seran scriptas Johan Eanes coygo de Mendonnedo et procurador do onrrado padre et sennor don / Rodrigo por la graça de Deus bispo de Mendonnedo por unna procuraçon seellada con seello que ende ante min mostrou feso leer por min notario sobredito vn estormento publico signado por Afonso Esteuaes et Pedro Yanes publicos / notarios do cabidoo et çiudade de Villamyor et seellado dos seellos do bispo sobredicto de Mendonnedo et de Ferrand Bonome o sobredito et con seu nome desse Ferrand Bonome escrito con sua mao sobre vn enprasamento feito entre esse / obispo da vna parte et Ferrand Bonome ian dito, en seu nome et de sa moller Mayor Fernandes da outra sobre lo casal et erdamento de Villanoua que he en friigesia de Galdo et Landroue que o bispo et Ferrand Bonome et sa moller Mayor Fernandes coonpraron de / Lopo Paez de Cauarcos o qual enprasamento et o tenor del he desta forma que se sigue:
Enno nome de Deus. Amen. Saban quantos esta carta viren commo en presença de nos Affonso Estevaez coygo et notario publico do cabi/doo da iglesia de Mendonnedo et Pedro Yanes notario publico jurado dado do bispo en Villamayor et destas testemoyas que en esta carta son escriptas don Rodrigo pola graça de Deus bispo de Mendonnedo feso tal enprasamento por si con / Fernan Bonome de Viueiro por si et por sua moller Mayor Fernandes commo procurador et por vna procuraçon que ende mostrou a que tal he:
Saban quantos esta carta uiren commo Mayor Fernandes faço meu procurador suficiente avondante en todo / meu marido Fernan Bonome que el por min et por si possa fazer enprasamento et postura et paramento et concambio qual teuer por ben et por grassado con nosso sennor don Rodrigo pola graça de Deus bispo de Mendonnedo et con a iglesia et cabidoo / desse lugar dos nosos erdamentose todos de Villanoua que nos conpramos de Lopo Paez de Cauarcos assi chantados como por chantar et assi casas commo vinnas et toda a nossa vinna que iaz cabo a ponte de Landroue / que nos partimos con Fernando Sangiao. Et doulle todo meu poder conprido que possa fazer enprasamento postura et concambioo commo dito e destos herdamentos sobreditos por en toda vida dese meu marido et minna et que os faça con o dito / bispo et iglesia et cabidoo polo çelleiro de Landroue con todas suas dereituras. Et qual enprasamento et pustura et paramento el faser sobre esta razon eu autorizo todo et demais dou poder a este Fernando Bonome meu / marido que el obligue os seus bees et os meus para fazer casas et vinnas et chantados et aruores et aproueitar en este çelleiro sobredito et nos erdamentos del et para dar y minnas erdades das minnas et das / suas aquelas que el queser dar et teuer por ben. Et doulle todo poder conprido que el todos estos herdamentos et outros mais se queser dos seus et dos meus que os possa dar por min et por si a nosso / sennor obispo et aa iglesia et cabidoo de Mendonnedo ou a cada huns delles por senpre por jur d-erdade en razon do enprasamento do çelleiro sobredito. Et todas las pusturas et paramentos et enprasamentos et doaçoes / et quitaçoes et lauoria et problaçon de casas a que el obligar os seus bees et para pagar rendas que os el posser con o dito bispo et con a dita iglesia et cabidoo de Mendonnedo en rason deste / çelleiro de Landroue et dos herdamentos sobreditos et en sua uoz et minna eu outorgo todo et aio por firme et por estauel por senpre iamays. Et obligo todos meus bees por conprir todo assi et / prometo en fe de juramento que ende faço que nunca contra ello uaan por min nen por outro. Et reuoco toda lee et todo foro escrito et non escrito et todo dereyto que por min podesse poer que o quesese alegar / que me non ualla. Et que seia çerto roguey a Garcia Fernandes notario que nos fesesse ende esta carta. Feita xiii dias de março Era de mil et cccxlvii annos. Testemoias: Pedro Paez de Penabade. Johan Fernandes dito Sugo. Lopo Peres de San Miguel. Eu Garcia Fernandes notario del rey en Viueyro que a escrivi et puge y meu signal.
En sua erdade do casal de Villanoua que he nas frigesias de Landroue et de Gualdo et que o / bispo sobredito auia conprado para sua capella fazer por su alma na see de Mendonnedo o qual casal et herdamento an de promedio esse bispo a medtade et Fernando Bonome et sa moller a outra medtade sen praço ninhua que aynda entre / si aian feito. Et o enpresamento he tal et fasesse en esta maneira: Que este Fernando Bonome et sa moller tenan et aian en seus dias de anbos et de cada un delles os froitos et dereituras et todo esse casal conpridamente / da sua medtade do bispo et da sua miisma delles et an a dar cada un anno ao bispo et a sua voz en sua vida de anbos et de cada un delles dusentos et cinquenta mor. de oyto soldos o mor. desta / moneda del rey don Fernando que agora corre ou a vallia della en outra moneda se esta minguase ou creçesse. Et deue chantar en ese lugar çento aruores boas en aquelles lugares que Fernando Bonome vyr que / mays conpre et deuen a fazer vnna ponte de madeyra en o rio dos Antes(?) para alargamento et para enparamento do lugar et un moyno se y ouuer lugar desenbargado huu possa faser. Et deuen en todo / isto a fazer a todo seu poder ben et fielmente et isto fasasse logo o mais çedo que se podere faser. Outrossi deuen a endereçar as casas moy ben et manteellas et probalas de dous boys et de duas boas / vacas de veynt roxelos boos et vnna porca boa con seu porco et aa morte delles ficar aos domnos este plobo nas casas con as cubias et presas que nas casas ouuer. Et se por uentura acaescer que o / bispo moyra ante ca elles que Fernando Bonome et sa moller cada hun delles que den et paguen cada anno quinentos mor. para a dita cepella do bispo desta moneda sobredita a oyto soldos cada mor. ou a uallia delles / se se a moneda mudar assi commo de suso dito he. Et aa morte delles ambos este casal et herdamento de Vilanoua con todos seus jures et pertenenças por quanta benfeitoria se y feser et se y conprir et gaanar fique todo enteyra/mente et en paz liure et quito o bispo sobredito tan ben a sua medtad commo a outra medtad dos sobreditos Fernando Bonome et sa moller para esa capella do bispo ou para o que touer por ben de faser del et ordinar del assi commo deser. Et se por uentura acaescer que o bispo don Rodrigo non fosse viuo a morte delles ou non aparerescesse seu testamento ou ordinamento que deste lugar fesese que este lugar et este herdamento fique todo liure aa / iglesia de Mendonnedo para se faser capella para cantar Missas pola alma deste bispo don Rodrigo et para seruir o coro et non para al. Et des oge este dia esse Ferrand Bonome en seu nome et de sua moller / cuia procuraçon mostrou et que se obligua de fazer outorgar todas estas cousas que en esta carta son escriptas se quitou de todo este herdamento et deron por esta carta a sua medtad et a propiadad della en esta maneira que o bispo / que a aia liure et quita sen outro enbargo ninhun assi a sa medtad que elles y an commo a sua que el y a por si saluo que Ferrand Bonome et sa moller Mayor Fernandes que a tenna en sus dias dambos et de cada un delles et aian os froytos / della pagando os dineiros assi commo de suso dita he. Et esse Ferrand Bonome prometeu et outorgou de fazer a todo tenpo por si et pola dita sua moller por si et por todos seus bees gaanados et por gaanar et especialmente por quanto / a na frygesia de Çelleiro cabo Viueiro de fazer ao bispo en a sua voz esta sua medtad deste herdamento en paz. Et outrossi de le dar logo todalas cartas de conpra et dos praaços deste lugar por que o conpraron / et ganaron el et sa muller et todas las outras que teuer que a este herdamento perteescen et de faser en este herdamento quanto boon paramento et endereitamento poderen assi como farian no seu miismo. Et demais sobre todo ysto o / bispo et esse Ferrand Bonome por si et por sa moller se obligaron su pena de mill mor. da boa moneda para gardaren a vnna parte aa outra todas estas cousas commo aqui son escriptas en esta carta et a parte que o non gardasse ou contra / ello veesse que peytasse esta pena a outra parte que a gardase et non veesse contra ella saluo que a pena dos mill mor. da boa moneda non corra sobre la paga dos dineiros da renda que an de pagar cada anno polo / piligro que ende podia recudir con mingua de algua cousa da paga se se por ventura non pagase ao praço. Et por aynda este pleito seer mays firme et mays estauel eu Ferrand Bonome sobredito / en meu nome et de minna moller outorgo todas cousas et condiçoes que en esta carta son escriptas et cada una dellas et prometo pola pena sobreterdita de o fazer todo outorgar aa dita mina moller et de as conprir et de gardar / ben et fielmenteet assi o iuro nos Santos Auangeos por min corporalmente tangidos et de non viir contra ello en ninguna cousa. Et demays fago omenage ante o bispo sobredito na uosa mao de uollos gardarmos / eu et a minna moller en todo et de non yr contra ello et se contra ello veessemos o que Deus non queira que ficassemos periuros et que caessemos en aquella pena en que caen aquelles que biican omenage et non gardan verdad a / seu sennor. Et demays pagaruos a pena sobredita sen contenda ninhua se en ella caessemos. Et con todo isto et a pena pagada ficar senpre o pleito ualiosso. Et nos o bispo sobredito prometemos a uos Ferrand Bonome et a uosa moller / Mayor Fernandes de teer et gardar todas estas cousas sobreditas et cada huna dellas et su pena dos mil mor. sobreditos. Et por isto seer mais certo et mais firme et mais estauil et non viir en dulta en ninhun tenpo nos o bispo / sobredito et eu Ferrand Bonome por min et en meu nome et de minna moller Mayor Fernandes sobredita rogamos a Affonso Esteuaes et a Pedro Yanes notarios sobreditos que fesessen deste enprasamento duas cartas anbas feitas en vn tenor / et que posessen en ellas seus signaes a vnna que tenamos nos o bispo sobredito et a outra que tena eu Ferrand Bonome et minna moller et demais nos bispo et Ferrand Bonome poemos en estas cartas nosos soellos pendentes / et demais eu Ferran Bonome pono en ella meu nome escrito con mina mao.Testemoyas: don Pedro Gomes dayan. Don Ferran Ferrandes arcidiago de Trasancos. Don Affonso Peres chantre. Don Rodrigo Peres arcidiago de Montenegro. Don Martin Paes maestrescolla. / Martin Peres Fernan Gomes Fernan Lopes Johan Yanes Paay Yanes coygos de Mendonnedo Rodrigo Peres capellan do bispo Pedro Fernandes de Valloria Affonso Ferrandes et Diego Ferrandes alcaldes de Villamayor Affonsso Yanes Johan Fremoso Gonçaluo Yanes cidadaos / dessa villa Affonso Peres yrmao de Ferrand Bonome Diego Paes porteiro do cabidoo. Feito este enprasamento en Villamayor xviiii dias andados do mes de março Era m ccc xlvii annos. Et eu Affonso Esteuaes coygo et / notario sobredito a todo isto present foy et este estromento deste enprasamento en minna presença fiz escriuir et por minna mao propia a rogo et mandato das partes sobreditas en el subscriuo et confirmo et meu signal acostumado / pono en testemoyo de verdat. Et eu PedroYanes notario sobredito a todo esto presente foy et este estromento deste enprasamento en minna presença fiz escriuir et a rogo et a pedimentoo das partes sobreditas en el subscriui por minna / mao et puge y meu meu signo en testemoyo de verdad. Ferrad Bonome.
O qual enprasamento liudo et publicado de ueruo a ueruo assi commo sobredito he en presença desse Ferrand Bonome et dessa Mayor Fernandes sua moller essa dita Mayor Fernandes oydo o dito estormento que feseron et disso que assi como seu marido Ferrand Bonome fezera que ella assi o mandara fazer et assi o consentia et outorgaua todo con todalas pusturas penas condiçoes et cada una dellas et juramento et assi o prometeu a guardar en todo. Demais essa Mayor Fernandes disso assi: Eu Mayor Fernandes moller do dito Ferrand Bonome juro aos Santos Auangeos de Deus por min corporalmente tangudos que eu garde dereita uasallague de aqui endeante ao bispo sobredito et / a seus suçessores que garde todalas pusturas et peas et condiçoes et cada una dellas et prometementos que Ferrand Bonome meu marido fezo et jurou et prometeu assi commo o el fezo et en seus nome et meu et sobredito he. Et isto todo a boa fe et sen / sotelleza de nihum enganno. Et se o eu assi no fezesse o que Deus no queira que fique periura et caer en aquella pena que cae et deue caer aquella quebranta(?) juramento contra seu sennor et lle faz mentira. Et de todo isto roguey a uos Johan / Peres notario sobredito que façades ende publico estormento et ponades y uoso signo et estos ommes boos que aqui son presentes que seian dello testemoias para todo tenpo por se non poder enorar nen asconder este feito et esta verdade. Et / eu Ferrand Bonome presente soo en todo et veio et ouço et louuo(?) et outorgo todas estas cousas et cada ua dellas que minna moller Mayor Fernandes sobre este enprasamento faz et outorga et assi o prometo de gardar et façer gardar a min et a ella. / Et por mayor firmidume puge en esta carta meu seello et meu nome. Feita en Viueyro xxiiii dias de março Era de mil et trecentos et quarenta et sete annos. Testemoias: Affonso Peres yrmao do dito Ferrand Bonome Johan / Sirgo Pedro Affonso Ferrand Martinez Johan Ferrand fillo de Ferran de Malladas Ferran Deus çapateiro Affonso Yanes Ferrand Peres de Santaoalla de Merille Nicollao Peres carpinteiro Lopo Peres yrmao do sobredito Ferrand Bonome Fernan Peres Castellan./ Eu Johan Peres notario sobredito en este outorgamento et juramento que Mayor Fernandes sobredita fesso present foy et en minna presença et na sua este enprasamento fige leer de ueruo a ueruo et trasladar parauoa por parauoa assi commo aqui he escrito a rogo et por mandado do sobredito Ferrand Bonome / et da sua moller Mayor Fernandes que presentes et outorgantes estauan et en preseça das testemoias en esta carta escritas puge y meu sinal con minna mao propia en testemoio de uerdade (Signo). Ferrand Bonome.