GMH/ÍNDICE A-Z

147

1420, xullo, 3.
O Concello ordena ós procuradores que unha vez que se fixese o pagamento dos servicios ó Arcebispo, se lle deran 1500 maravedís a Jacome García Queijo, veciño de Santiago, por unha obrigación que fixera.
O Concello ordena que os peñores tomados por mor do pagamento das rendas e os que tomasen en diante os vendesen os procuradores, segundo o costume.
O Concello ordena ó procurador que pagase a Martín Serpe e mais a Pedro Yanes o custo da viaxe que fixeron á Rocha Branca de Padrón para visitaren ó arcebispo.
O procurador Juan Raposo dá poder a García da Fraga, tundidor, para que no seu nome demandase os maravedís da renda que o procurador tiña que recadar, así como os peñores que fosen tomados.

Quoarta feira, tres dias do mes de jullio, seendo Juan Fernandes Abril, alcalle, e Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate e Martin Serpe, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril e Juan Ares da Cana e Gomes Rodriges, bachiller, regidores jurados e omes bõos da dita çidade en consistorio enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario da dita cidade e en presença de min Fernan Yanes, notario etc. e escusador etc. e dos testigos infrascriptos, enton os sobreditos mandaron a Nuno Vinagre e Juan Raposo, procuradores do dito conçello, que presentes estavan que pagado noso señor o arçobispo de seu serviço que pagasen a Jacome Garçia Queijo, vesiño da dita çidade mill e quinentos maravedis de moeda vella contando branqua en tres dineiros que o dito conçello lle devia por hua obligaçon sinada de Pero Alonso notario da dita çidade e que recabdasen del a dita obligaçon e carta de pago e lle serian reçebidos en conta os ditos maravedis. Testemoyas, ut supra.
Predito.- O dito conçello, alcalle e regidores susoditos mandaron que as prendas que eran tomadas por la renda e as que tomasen de aqui endeante que as fesesen vender os procuradores segundo costume da dita çidade [sen penna algũa nen seeren despois a elo obligado]. Testemoyas:  Pero Yanes Abraldes, Juan Bugeirete e Vasco Fernandes Troquo e Fernan Juliate e Garcia Rodriges e Juan Peres deseedor e Rui Fernandes, notario apostolico e Gonçalvo de Covas e Juan de Vilaside, vesiños da dita çidade.
Predito. Os sobreditos alcallde e regidores jurados susoditos, mandaron a Nuno Vinagre, procurador do dito conçello que //
(Fol. 78)
pagase a Martin Serpe e a  Pero Yanes Abraldes a custa que fesesen desta yda que yan por mandado do dito conçello a noso señor o arçobispo a a Rocha de Padron aquelo que mandase o dito Pero Yanes e que lle seria reçebido en conta o que lle asi desen. Testemoyas os sobreditos.
Predito.- Juan Raposo, procurador do dito conçello dou poder a Garçia da Fraga, tondidor, para que por el demandase os maravedis da renda que el o dito Juan Raposo, avia de recabdar por lo dito conçello e reçebese os penores que eran tomados por la dita renda e os que lle fosen dados de aqui endeante e os podesen vender segundo costume da dita çidade. Testemoyas os sobreditos.