GMH/ÍNDICE A-Z

H30
1435, decembro, 13
Xoán de Ortega afora de novo a cinco voces a Afonso Cofán, morador en Ceboliño, dous leiros de viña sitos nese lugar, pásallos de terza a cuarta, coa condición de plantar tres cavaduras de viña nun monte en tres anos, de non facelo volverá á terza. (fols. 10v-11v)

Feita e dada, notada no libro manual.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan d’Ortega, mestre escola enna iglesia d’Ourense et procurador de meu señor don Diego obispo d’Ourense por poder que del teño etç. (fol. 10v)
dou et outorgo aforo a vos Afonso Cofan que sondes presente, morador enno couto de Çebolyno et (a quatro vo)* et a çinqo voses apus voso finamento etç., conben a saber que vos aforo (l)* dous leyros de viña que jasen enno couto de Çebolyno /segundo que os tragedes a jur et a maao\ et hun delles jaz (onde)* en Castadon et parte danbalas partes con outras viñas do dito señor obispo que agora labra Afonso Ares morador en Caschamuyna et en çima en herdade do dito señor obispo et enbaixo enna congostra, et ho outro leyro /con seu monte\ jaz enno Pereyro et parte de huna das partes con viña de Gomes Pereyro, que he do dito señor obispo, et da outra parte con viña de Rodrigo de Lourenço Yanes, que he do cabiidoo da iglesia d’Ourense, et en /çima\ (fondo)* enno camiño que vay d’Ourense para Castadon, et en (çima)* fondo enno rio da Loona, et este leyro vos aforo con seu monte, que seran tres cabaduras ou mays se mays poderdes faser, os quaes ditos dous leyros vos torno de foro de terça a foro de quarta, por tal condiçon que (el)* labredes et paredes ben os ditos dous leyros de viña et os ontrechantedes por onde lles faser mester, et chantedes o dito monte de viña en estes tres annos primeiros sigentes /as ditas tres cabaduras\ et façades delles e da viña que feserdes enno dito monte o dito foro de quarta de todo (ov)* o viño et con-posta que deus en elles der ao dito señor obispo e seus suçesores (fol. 11)
de todo o viño e conposta que deus en eles der, et se non chantardes de viña /as ditas tres cabaduras\ do dito monte /(todo)*\ ennos ditos tres annos, que se torne o que feserdes con os ditos piteiros de dito foro de terço segundo que dante era, et do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supynorar etç. e non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro etç. et seredes (serben)* vasallo serbente et obediente vos e aas ditas vosas voses et non vos chamaredes a outro senorio etç. et se pleyto ou contenda recreçer etç. et se estas condiçoens non conprirdes etç. que percades (os)* o dito foro etç. et obrigo os beens da mesa obispal do dito señor obispo etç. Et eu o dito Afonso Cofan obrigo meus beens etç. Penna CC.- etç. Tests. que foron presentes Afonso Fernandes, Ares Rugel moradores en Sobrado, Afonso Yanes de Ventrases et Gonçalvo Garçia de Mugares. Feito a XIII de desenbro.