GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1023
1429, abril, 13. Lugo
O cóengo Afonso Rodríguez comprométese a pagar 40 marabedís anuais polo seu casal de Xián para un aniversario despois de recibir do Cabido a cantidade de 3.000 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 159 v.- 160 r.
   

En o nome de Deus amen. Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et nove anos, trese dias de abril. En presença de min notario et testemoyas a iuso escriptas seendo ajuntados en cabidoo por campaa tangida, segundo he de uso et de custume, en o sobrado do tesouro da iglesia de Lugo, don Martin Vidal, dean et vicario da dita iglesia et obispado de Lugo, et don Afonso Lopes, chantre, et don Roy Lopes, arçediano de Neyra, et don Lopo Afonso, arçediano de Deçon, et don Fernando Afonso, juys, Joan Garçia, thesoreyro, Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Fernando Peres, Nuno Gonçalves, Juan Dias, Afonso da Bayla, personas et canonigos da dita iglesia, et logo as ditas personas et canonigos [comeron] et mandaron a os ditos Roy Lopes et Lopo Afonso, arçedianos, que reçebesen tres mill maravedis de moeda vella para o dito cabidoo que o dito Juan Dias, canonigo, queria dar a o dito cabidoo para que buscasen bees ou pensson alguna para faser et ordenar hun aniversarios cada ano en a dita iglesia por los ditos bees por la alma de Rodrigo Ares, chantre que foy de Santiago et canonigo da dita iglesia, et sua do dito Juan Dias et aquelles a que era tiudos, et concordar con o dito Juan Dias sobre lo dito aniversario et faser sobrelo contrato, ou contratos, con o dito Juan Dias, et con quaesquer outras personas os que fosen mester, et para que podesen obligar a o dito cabidoo para que çelebrasen et disesen cada ano para senpre o dito aniversario, para o qual todo lles deron et outorgaron todo seu comprido poder. Testemoyas os sobreditos capitulantes.
Et depoys desto este dito dia et ano sobreditos en as casas de morada de Lopo Ferrnandes, coengo da dita iglesia iglesia (sic), estando y presentes os ditos Roy Lopes et Lopo Afonso, arçedianos, da huna parte, et o dito Juan Dias, da outra, en presença de min notario et testemoyas a iuso escriptas logo o dito Juan Dias deu et pagou realmente os ditos tres mill maravedis de moneda vella a os ditos arçedianos para que o dito cabidoo lle fesesen en cada hun ano para senpre jamays o dito aniversarios en a dita iglesia con una proçisson en esta maneyra conven a saber en dia das onse mill virgines et huna proçisson a entrada da missa [...] et hun responso a a sayda da vespera do dito dia ante ho croçifixo que esta en a dita iglesia a o portal prinçipal sobre huna pedra de sepultura que ante o dito cruçifixo foy lançado con armas do dito Rodrigo Ares, chantre, que en outro dia das onse mill virgines diga o dito cabidoo huna missa de requien cantada en o altar mayor con hun responso a sayda / dela en o dito lugar. Et os ditos \arçedianos/ en nome do dito cabidoo asy reçeberon os ditos maravedis et outorgaron en nome do dito cabidoo o dito aniversario et proçisson et missa et responso, segundo et en a maneyra que tal he, et obligaron para senpre o dito cabidoo a ello que çelebrasen cada ano et fesesen o dito aniversario segundo dito he. Testemoyas a iuso escriptas.

Et logo en ese meesmo lugar et ora et dia sobredito ante as ditas testemoyas iuso escriptas Afonso Rodrigues da Porta Minaa, coengo da dita iglesia, fillo de Roy Peres da Porta Minaa, mercador, que ende presente estava, diso a os ditos arçedianos que dandolle elles os ditos tres mill maravedis que el que asignaria et porria por jur de erdade para o dito cabidoo et aniversarios por lo seu casal de Giam et erdades dos Bregoos, que seu padre comprar dos Bregoos et de Gomes Moreyra, cada hun ano quorenta maravedis vellos et de longos para o dito aniversario et proçisson et missa et responsos sobreditos, et os ditos arçedianos en nome do dito cabidoo diseron que lles plasia fazendolles el o dito casal et erdades et penson de pas para senpre, et que consintisem en ello o dito seu padre et seus yrmaos do dito Afonso Rodrigues. Et logo o dito Afonso Rodrigues con outorgamento do dito seu padre, Roy Peres, que presente estava et outorgante a o que sobredito he, diso que lle plazia et reçebeu logo da mao dos ditos arçedianos os ditos tres mill maravedis da dita moeda, os quaes le logo foron pagos realmente en coroas d’ouro et reaes de prata en presença de min notario et testemoyas de iuso escriptas. Et logo o dito Afonso Rodrigues con outorgamento do dito seu padre, que se a ello obligou, diso que poyna et puso logo et asignava et asignou et deu a o dito cabidoo por jur de erdade por llo dito casal de Giam et erdades compradas sobreditas que o dito Roy Peres et sua muller, Eynes Afonso, compraron dos ditos Bregoos et do dito Gomes Moreyra, os ditos quorenta maravedis vellos longos, et de çenso et pensson perpetua para senpre asignada por lo dito casal et erdades, o qual casal et erdades son sub signo de Santiago de Samasas, et foy de Gonçalvo Yanes Çarrellas, et comprouho o dito Roy Peres et sua muller a os frayres et convento do Mosteyro de San Françisco da çiudade de Lugo, a que o dito Gonçalvo Yanes mandara. Et logo o dito Roy Peres, que presente estava, consinteu et outorgou en o dito çenso et penson et donaçon sobredita posta et asignada en o dito casal et erdades, et deu auctoridae a o dito seu fillo para todo o que dito he, et que o dito casal et erdades brabas et mansas et arvores et chantados et jures et perteenças, a montes et a fontes, per hu quer que vaan con as ditas compras et segundo agora labra Juan de Magdanella por lo dito Roy Peres, et por lo dito seu fillo, fosen para senpre obligados a o dito cabidoo en cada hun ano por los ditos quarenta maravedis longos do dito çenso et penson. Et o dito Afonso Rodrigues et Roy Peres asi o outorgaron, segundo dito he, et demays obligouse o dito Roy Peres por sy et por seus bees, espeçialmente obligou a metade das suas casas en que el agora mora en rua Minaa, de trager consentemiento do que dito he dos outros seus fillos d’oje este dia ata dia de Santa Maria de setembre primeyra que ben para que consintan a dita penson por lo dito casal et erdades, et non no fazendo asy que a dita casa et demays todos seus bees del para con o dito casal fiquen asy obligados a o dito cabidoo por la dita penson para senpre jamays. Et outrosy outorgaron mays o dito Afonso Rodrigues et o dito Afonso Rodrigues (sic)  et o dito Roy Peres que çesando por dous anos o dito Afonso Rodrigues, ou seus erdeyros, ou sua voz, de pagar o dito çenso que por eso meesmo sen outra sentença o dito casal con todos seus bees et erdades et as compras et boos paramentos se tornen a o dito cabidoo et seian seus por jur de erdade. Et eso meesmo que o dito Afonso Rodrigues, nen outro seu erdeyro, nen suçessor, non possan vender, nen yalar, nen supinorar, nen trocar o dito casal et erdades, nen parte del nen delas se non a o dito cabidoo, nen leyxarlo salvo en huna persona solla, el nen seus erdeyros subsçesive para senpre, et que pague o dito çenso para senpre, et que se non posa partir nen devidir o dito casal et erdades del, et se ende o contrario for achado en algun tempo que o dito casal et erdades por eso meesmo feyto se tornen et sejan do dito cabidoo. Et demays contesçendo pleito ou contenda sobre lo dito casal et erdades, ou parte del, ou sobre las ditas compras, que o dito Afonso Rodrigues ou aquelles que suçederen en seu lugar sejan tiudos de seguir en pleito por suas custas et non o dito cabidoo, et de pagar cada ano o dito çensso et penson dos ditos quorenta maravedis longos para o dito aniversario. Et os ditos Afonso Rodrigues et seus suçesores et o dito Roy Peres, seu padre, por sy et por seus suçesores asy o outorgaron todo o que dito he. Et demays que o dito Afonso Rodrigues et seus suçessores paguen a o dito cabidoo os ditos quorenta maravedis longos en cada hun ano en dia das onse mill virgines. Et asy o dito Afonso Rodrigues et seus suçesores que se non podesen chamar nen causar posison nen [...] nen contra a dita iglesia en o que dito he. Et logo o dito Afonso Rodrigues et o dito Roy Peres por esta presente carta deron et outorgaron a o dito cabidoo a posison do dito çenso et penson dos ditos casal et erdades que a [...] se for neçessario quando et cada que quiseren con justiça ou sen ella para mellor teer et complir et gardar todo o que dito he obligaron a sy et a todos seus bees, et de seus suçesores, para pagar o dito çensso et penson de cada ano o dito Afonso Rodrigues et as personas que suçederen despoys del en o dito casal et erdades. Et os ditos arçedianos, en nome do dito cabidoo, asy o reçeberon a dita obligaçon, posison et çensso et penson sobredita, et de esto en como pasou as ditas partes mandaron faser dous contratos a os ditos arçedianos da dita iglesia os mays çertos que se podesen faser et notar en dereyto.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo ano, dia, mes sobreditos.

Testemoyas que foron presentes os ditos Ruy Lopes et Lopo Afonso, arçedianos; Lopo Ferrnandes, Nuno Gonçalves, Juan Dias, canonigos; Afonso Lopes da Ferraria, Afonso Dias [do Freyxo, Vaasco] Rodrigues, notario; Lopo Dias de Castroverde; Gonçalvo Peres, capellam, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este instromento fis escripvir et en el puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he. Non enpeesca en o primeyro regon deste contrauto do dis me, et eso meesmo en o primeyro rengon desta folla onde dis arçedianos (signo).

Pedro Fernandes, notario.

Materias

rúa; aceptación; alcume; altar; aniversario; aniversario; arcediago; avinza; cabido; campá; capelán; casas; caseiro; catedral; catedral; censo; chantre; convento; coroa; crego; cruz; deán; dignidades; doazón; escudo; esposa; esposo; familia; festa; fillo; frade; fundación; horas; irmán; labrego; Libro do Cabido; marabedí; mesa capitular; misa; mosteiro; muller; nai; notario; orde dos Irmáns menores; ouro; pagamento; pai; pedra; poder; porta; posesión; prata; procesión; proceso; procuración; real; responso; sepultura; tesoureiro; tesouro; venda; vésperas; vigairo; xuíz; cóengo

Persoas

Afonso Díaz de Freixo; Afonso López da Ferraría; Afonso López, chantre de Lugo; Afonso Rodríguez da Baila, cóengo de Lugo; Afonso Rodríguez de Porta Miñá, cóengo de Lugo; Fernando Afonso, xuíz de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gómez de Moreira; Gonzalo Eáns Zarrelas; Gonzalo Pérez, capelán; Inés Afonso; Lopo Afonso, arcediago de Dozón; Lopo Díaz de Castroverde; Lopo Fernández, cóengo de Lugo; Nuno González, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Silvarrei, notario; Pedro López, cóengo de Lugo; Roi Ares, chantre de Santiago de Compostela e cóengo de Lugo; Roi López de Aguiar, arcediago de Neira; Roi Pérez de Porta Miñá, mercador; Vasco Rodríguez, notario; Xoán de Madanela, labrego; Xoán Díaz de Cordido, cóengo de Lugo; Xoán García de Melgosa, tesoureiro de Lugo; Martiño Vidal, deán de Lugo e vigairo bispal

Outros

Lugo, cabido; San Francisco de Lugo, convento; Santiago de Compostela, cabido; Lugo, bispado

Lugares

Bregoos, erdades dos; Castroverde; Dozón; Freyxo; Giam; Magdallena; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Saamasas, Santiago; Santiago de Compostela