GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-4
1436, abril, 12
O Concello afora a dez voces ao notario Álvaro Pérez de Santomé un anaco de herdade municipal sita no Camiño Novo, por renda anual de 6 mrs., con servidume de paso para unha viña. (fols. 1v-2v)

Foy dada por Carta de aforamento do rousío do conçello nehuna. que esta ao Camino Novo, que aforaron Alvaro Peres notario.

(Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos Garçia Dias d’Espinosa et Alvaro Afonso da Fonteyna et Gomes de Chantada et Goterre Afonso et Estevo Fernandes rejedores da dita çibdade, Loys Gonçalves, Afonso Anriques juises da dita çibdade, Afonso de Meende procurador do dito conçello, por nos et en nomme do dito conçello damos et outorgamos, aforamos (fol. 1v)
a vos Alvaro Peres de Santome notario, vesiño et morador enna çibdade d’Ourense et a dez voses apus voso finamento asy que vos en vosa vyda ou a tenpo de voso finamento nomeedes a primeira voz et a primeira nomee a segunda et a segunda nomee a terçeira et asy vaan as ditas vosas voses nomeadas huna pus outra suçesive et non seendo nomeadas que seja voz aquel ou aquela que de dereito herdar os outros vosos beens, conben a saber que vos aforamos huun pedaço derdade que he rousío do dito conçello que esta ao Camiño Novo, o qual rousío et herdade parte de huna das partes con (vi)* viña de vos o dito Alvaro Peres et da outra parte con outra viña que foy de Loys Gonçalves das Tendas, que agora he de Garçia Dias d’Espinosa et de seu jenro Meen de Seabra, et fere enno camino pubrico que vay da Porta da Corredoyra para a ponte d’Ourense. Aforamos vos a dita herdade et rousío con todas suas entradas et seydas et dereitos et jures et perteesças por hu quer que os aja et deva aver de dereito, por taes condiçoens que diedes et pagedes de foro en cada huun anno pro la dita erdade et rousio aos ditos (conçello)* juises et rejedores e procurador do dito conçello en nomme do dito conçello, seys mrs. de dños. brancos de dez dños. o moravedi ou a estim(aç)on delles enna moeda que porlo tenpo correr, por cada día de San Martiño, et do al de disemo a deus et he posto condiçon que diedes camiño porla dita herdade et rousyo a Meen de Seabra para dita viña que foy do dito Loys Gonçalves a vysta de dous rejedores et do procurador do conçello et que seja o dito camiño rasonavel sen maliçia et do al de disemo a deus et se (fol. 2)
quiserdes vender, deytar ou supynorar a dita herdade et rousío que primeiramente frontedes con ela aos ditos juises et rejedores et procurador do dito conçello para que a ajan por lo justo preço que vos outro por ela der etç. et outrosy non poredes por ela manda nen oniversario nen sobre foro salvo ao dito conçello, et obrigamos os beens do dito conçello para vos faser saaos et de paz a dita herdade e para vos defender con ela a dereito. Et eu o dito Alvaro Peres obrigo meus beens de faser o dito foro dos ditos seys mrs. de cada huun anno ao dito conçello por lo dito día de San Martiño et dar o dito camiño et conprir as condiçoens desta carta et cada huna delas etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Domingo Fernandes et Joan Fragoso et Gomes criado do dito Garçia Dias. Feita a dose dias de abril, anno domini Mº CCCC VI annos)*.