GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

257
1342, xullo, 5
venda

Gómez Lourenzo Celeiró véndelle a Afonso Iáñez dous moios de viño cada ano, sen composta, por 600 mrs.

ACOu, Escrituras VII, 104

Enno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Gomez Lourenço Çeleiroo morador en Ourense na rua das Chousas, fillo de Lourenço Yanes Çeleyroo çidadao d’Ourense que foy, por min e por toda miña voz vendo e entrego logo por esta presente carta a vos Affonso Eanes çidadao d’Ourense morador na rua dos Çapateyros e a toda vossa voz para senpre dous moyos de viño de cada anno para senpre sen conposta colleyta, por quarta dereyta de lagar, a dez e sete quartas por moyo, o qual viño outorgo e prometo de vos dar en Meende da miña seara que eu ora y teño ante as portas da miña morada de Meende. Et se por ventura na dita seara non ouver o dito viño cada anno que volo dé das outras viñas que eu y aio en Meende, os quaes dous moyos de viño vos devo dar cada anno na vindimya e que volos começe logo a dar en esta vindimya primeira que ven e daly endeante cada anno para senpre na vindimya. Et esta venda vos faço por preço çerto que a min e a vos aprouvo de me por ella dardes, conven a saber seysçentos moravedis de brancas doyto en soldo o mor. da moeda de noso señor el rey don Afonso, os quaes de vos reçebi en diñeiros feitos en presença do notario e tests. sub escritas de que me outorgo por ben pagado. Et renunço spresamente aa eicepçion de numerata pecunya que a non possa alegar por min nen por outro en juyzo nen fora del. Et para vos pagar e dar os ditos dous moyos de viño cada anno na vindimya segundo dito he obrigo a vos todos meus beens movilles e reyz gaañados e por gaañar. Et speçialmente vos obrigo todalas viñas que eu aio en termino de Meende e outorgo a miña pousa e moynos que eu aio en termino de Meende por que os aiades. Et outorgo que seiades anparado vos e vossa voz senpre a dereito con esta vendiçon por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que contra esta venda que vos eu faço veer aia a miña maldiçon e peyte a vos ou a vossa voz por pena quiñentos mor. da boa moeda e aa voz del rey outros tantos, e esta carta e vendiçon fique firme e valledeira para senpre. Feita a carta en Ourense, çinqo dias de julyo, era de mill e ccc lxxx annos. Tests. desto Fernan Yanes avogado morador en Ourense na praça de San Martiño, Fernan Perez alfayate morador en Ourense trala ausia de San Martiño, Afonso Eanes pedreyro natural de Santiago morador en Ourense.

Et eu Fernan Fernandez notario d’Ourense pola igleia dese lugar que a esto presente foy e o escrivi e meu nome e sinal y puge.

(sinal)

[reverso] Dos moios de viño de Meende.