GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

40
1301, novembro, 7

requirimento rexio

Afonso Nicolás, alcalde rexio, requírelle ao bispo don Pedro o cumprimento do seu compromiso coa raíña dona María. E resposta do bispo así como tamén ás querelas presentadas por varios veciños.

 

ACOu, Bispo e Dignidades, 25-28

 

Sabeam quantos esta carta viren que en era de mill e ccc e xxx viiii annos, martes vii dias de novenbro, entre prima e terça, que en presença de nos Bertolameu Peres coengo e chançeler da igleia d’Ourense e Bertolameu Peres, Affonso Rodrigues e Estevoon Peres notario desse lugar a esto chamados, Affonso Nicolas alcalde do muy nobre nosso señor el rey don Fernando rogou e frontou ao onrrado padre e señor don Pero pola graça de deus bispo d’Ourensse que aquelas entregas que el prometera aa reyna de faser aos d’Ourensse que llas fesesse segundo que o prometeera aa reyna. Et o bispo respondeo que el e a igleia d’Ourense e quanto avyan era todo a serviço e a mandamento del rey e da reyna e assy faria senpre, e disso que aquelo que el prometera a reyna que o avia conprido, e se alguna cousa ficara por conprir daquelo que prometera que o queria conprir segundo que se contiña en hun escrito que ende logo mostrou, feyto en aquesta maneyra:

Esto es lo que obispo de Orense deve a faser a ruego dela reyna doña Maria e del infante don Johan, deve a entregar a los de Orense los heredamientos que lles tomo despues dela morte del rey don Sancho a aca, salvo aquellos sobre que ando en juyso en tienpo del rey don Sancho e los que lles mando reçebir usando de su derecho, e sobresto enbiaran alla un onbre bueno sin sospecha que vea en commo lo obispo cunple esto. Outrossy este onbre bueno deve a saber lo mueble quel obispo tomo a los de Orense desque morreu el rey don Sancho aca que se começo la guerra e outrossy los que lles fillo desque se don Filipe salio de Orense a aca, e lo quel obispo conosçer que lles fillo que gelo faga todo entregar, salvo o que diser que fillo a su derecho, que deve a seer oydo por ante el rey e el rey livralo commo fallar por derecho, e sobre lo que lle non conoçer que no quiser demandar que o demande por su derecho que a. Otrossy don Filipe deve a entregar e faser entregar todalas cosas que fillo o mando fillar o otre quien quier al obispo e alos suyos despues quela paz fu fecha aca que dom Filipe entro en Orense e lo mueble todo quel fillo o mando fillar, el o otre quien quier despues que se salio dela villa de Orense. Otrossy este onbre bueno deve a saber lo mueble que tomaron alos de Orense los que veneron en voz e en ayuda de doña Yolante. Otrossy deve a saber se algunas malfechorias fezeron desde Pascoa que ora passo a aca los que estan en la puente, e aquellos que fallar quel fezieron quel obispo que lla faga luego enmendar e correger, e des daqui en delante que non fagan della ninguna malfechoria e sila fizieren por ventura que(l obis)po quela correga.

O qual escrito liudo, o alcayde disso que mays se contiña en hun escrito que dizia que el tiina que lle fora dado daquelo que el avya a conprir. Et o bispo disso que non ficara teudo a conprir mays por ante a reyna de quanto se contina eno escrito sobre dito que el mostrou, e se desto o alcayde dultava que se recurria a este da reyna e do infante don Johan e dos outros hommees boons que y esteveran, e por esta razon dezia que o alcalde non avya por que lle passar mays daquelo que lle fora posto por ante a reyna, poys que se el chamava aa sua fe. Et se lle o alcalde sobresto queria passar a mays ou lle faser alguna gravesa que el que se alçava aa merçee del rey e da reyna en aquelas cousas en que podia e devya e que poyna sy e a igleia d’Ourense con todo seu cabidoo e todos seus clerigos e as ordees tan ben da vila commo do bispado e todos seus vassalos tan bem da vila commo de fora e todos seus bees su garda e su deffendemento de seu señor el rey don Fernando e da reyna. Et por mays abastança deu en escrito os nomees daqueles da vila que disia que avya ia entregados, o qual escrito era feyto en aquesta maneira: Da Corredoyra Estevo Fernandes e donna Ouffemea, Vaasco Peres e sua yrmaa Moor Affonso. Na rua dos Çapateyros Johan Leyno, a muller de Aras Fernandes. Da rua Nova Johan Eanes dito Meniño e Fernando Domingues Ferramoscas, Johan Orvallo, Lourenço de Çeleyroo, Johan Martines Freyro. De Cima de Vila Estevo Perez, Pero Eanes, Pero Fillo, Martin Paas, Johan Coenllo, Pero Fernandes, Alvar Eanes, Aras Paaz e seus fillos, Pero (Rodrigues), Johan Rodrigues, Johan Nicolas, Affonso Nicolas, Fernando Eanes, Martin Carneiro, Pero Tinoso, Johan Abral, Macia Roxo, Martin do Viño, Pero Vergallo. Dos Brancos Martin Criado, Macia Martines, Affonso Lopez, Estevo Martines da rua da Obra, Johan Fernandes da rua dos Arçidiagos, Martin Perez Salomon e a muller de Martin Cachucho, Garçia Perez sobrino de Fernan Eanes, Domingo Burzes e Garçia Fiiz, Johan Martines de Penna Vigia e seu genro Aras Perez, fillos de Pero Greyzes, Rodrigo Peres das Tendas, Gonçalvo Fernandez e Estevo Fernandes, Johan d’Allariz, Johan de San Thome, Martin Burla, Affonso Çerron. Na rua das Chousas Ruy Perez o alto e seu fillo, Johan (T)ato, Pero Perez e Martin Perez, Martin Anes beesteyro, Pero Colaço, Rodrigo Martines, Fernando Doze, Martin Ordonez, Miguel Fernandes da rua do Vilar e Johan Eanes e Moor Fernandes, Domingo Cougille, Pero Ianeyro, a muller de Johan Cacho, Moor Martines, Maria Martines e Maria Martines fillas que foron de Martin Limao, Pero Aagrio, Pero Rovin, Moor Laa, Pero Sutil e Aras Perez homes de Pay Aras e Moor Aras muller que fuy de Pero Carrazedo e Fernando Carrazedo e seus yrmaos.

O qual escrito liudo o bispo disso que avya entregos estes sobreditos salvo daquelas cousas que disia que tomara con seu dereyto, e das outras cousas sobre que dizia que andara en preyto con eles por ante el rey don Sancho, segundo dizia que fora posto por ante a reyna, sobre que dizia que estava aparellado de conprir dereyto a quen quer que o demandasse, protestando que se alguna cousa ficara por conprir segundo ficara por ante a reyna que aparellado era de o conprir en todo segundo que sobredito e. Et enton o alcayde disso que el sobresto non era juiz nen venera aqui sobresto para julgalo nen para determi[n]alo nen fazer mays de quanto se contina en aquel escrito que dizia que lle deran para conprilo nen a mays non se tenderia nen minguaria en quanto el podesse. Et enton o bispo sobre todo esto respondendo aas querelas que os da vila deran del ante ante esse alcalde, mostrou e fezo leer hun escrito feyto en aquesta maneira:

(catro sinaturas notariais)                               [fol. 25]

 

Ao que dis Lourenço Eanes de Celeyroo que lle entreguemos os bees que foron de Macia Estevees coengo que foy da nossa igleia, disemos que por moytas rasoens non llos devemos a entregar: primeyramente por que o dereyto manda que todolos bees que o clerigo gaana con a igleia que fiquen aa igleia con que os gaana, e assy quanto gaanou seendo coengo de nossa igleia non llo devemos a entregar. A outra rason e por que Macia Esteveez non fezo testamento pero que llo envyamos rogar e frontar por homes boons que o fezesse, e o custume de nossa igleia e tal que se pessona ou coengo morrer sen testamento todos seus beens deven aficar a nossa igleia. Aynda digo que depoys que Macia Estevees morreu tevemos nos senpre a possisson dos seus beens sobre ditos e nunca sobre eles fomos chamados en dereyto, e por estas rasoens e cadauna delas non somos teudos de os entregar, mays a Lourenço Eanes ou a outre qual quer que nos demande faremos lle nos sobre eles conprimento de dereyto. Aynda dizemos de mays que a reyna nonnos rogou que nos entregassemos estes beens nen fomos sobre eles chamado ora en cas del rey quando y fomos, pero que y foy o dito Lourenço Eanes. Ao que diz que lle mandamos tomar as viñas das conpras que mandou faser rey don Sancho, declare quaes son e en qual lugar son e enton responderlemos quanto for rason e dereyto.

Aa demanda que faz Pero Eanes que lle tomamos o couto que avya el e seu linagen en Alongos, disemos que declare quanta parte demanda que lle entreguen. Iten diga quen lle tomou aqueles herdamentos das conpras e declare quaes son e u iazen ou quaes son aqueles que llos teen. Et esso meesmo dizemos ao de Esteveyna Perez sua filla.

            A aquelo que diz Aras Paaz da herdade do Çerdedo, dizemos que esta herdade partia de suun con una nossa herdade e con outra do cabidoo que non era aynda partida con ele e el meteosse a derronper non seendo partida, e o moordomo que y andava por nos encoutoulla aa querela do cabidoo e depoys desto aveeronsse en dous hommees, conven a saber en Pero Rodrigues coengo e en Ruy Gomes seu genro, que eles soubessen a verdade por u devya a seer e aqueles ommees boons, sabuda a verdade dos vedrayos da terra, deron a cada un sua parte e nos e o cabidoo teemos por u nolo deeron. Et esta e a verdade do feyto. Iten ao al que diz que lle tomamos outro herdamento en Mugares, non sabemos qual e e declare u iaz. Iten aos herdamentos que dis que lle tomamos en Pinol dizemos outrossy que os declare quaes son e en que lugar iazen. Iten ao que diz que lle tomamos na Barbana una cortina, diga qual e ou entre quaes iaz, ca nos nonno sabemos. Ao que diz que lle tomamso a terça da cortina que esta cabo a Burgaa que avya conno cabidoo, non sabemos nen creemos que assy seia, mays demandea a quenna tem. Ao que diz que lle tomamos na Cruz dos Ferreyros a meatade duna casa e que a demos ao cabidoo, dizemos que nunca a tomamos nen mandamos tomar, mays o cabidoo diz que e sua e que fara sobre ela dereyto a quenno demandar. Ao que diz que lle deffendemos que non penorasse por c mrs. que diz que a cada anno de renda por una casa que esta sobre la igleia de San Martino, disemos que el nen outre non a por que penorar nen deve de dereyto ena vila por sua outoridade, senon pelo nosso moordomo que anda na vila por nos e polo cabidoo. Ao al que diz que lle tollemos que lle non dessen a renda, dizemos que a non deve a aver, ca el conprou estes diñeiros non seendo nos nenno cabidoo convidados assi commo manda o privilegio e a sentença de rey don Affonso. Ao que diz das casas que estan sobrela porta da Fonte do Bispo que foron da muller de Miguel Garçia, essa meesma rason lle disemos. Ao que diz que lle desreygavan seus serviçaes en loyro devisao e que lle tomamos o desreygado, dizemos que llo non tomamos nen mandamos tomar, mays dissemos que non lavrasse y mays ata que non fosse partido. Ao que diz que lle tomamos en loyro de jusao una leyra no lugar que disen a Senra, disemos que sobresto andavamos en preyto por ante el rey don Sancho assy commo sobre los outros herdamentos. Ao que diz que tomamos a seus fillos en Rante una herdade e que a demos a Pero Fernandes, disemos que lla non tomamos nen mandamos tomar, mays el andou en juyzo por ante nos con o dito Pero Fernandes e vençeoa del por sentença o sobredito Pero Fernandes. Ao que diz que lle tomamos as casas en que morava, dizemos que aquel cuias son as casas que nolas alugou e as teemos de sa mao por certo preço que lle avemos cada anno de dar por elas e assy non avemos por que llas entregar, e se alguun preyto con el a, que llo demande.

Ao que querela Johan Eanes que lle tomaron herdamentos non lle podemos responder por que non diz quaes son ou u iazen ou quen llos tomou ou se son casas ou viñas, se herdade de pan ou soutos.

Ao que diz Maria Anes muller que dis que fuy de Affonso Diaz, disemos que ao tenpo que morreu Affonso Diaz, Toda Diaz sua yrmaa veo a nos disendo que non avya fillo liidimo o dito Affonso Diaz nen parente tan provinco commo ela e que lle outorgasemos o herdamento ca a ela perteeçia de dereyto, et nos por que non veo outre que se aposesse a esto mandamos lle que o entrasse, mays se a dita Maria Anes entende que y alguun dereyto a, chamea por ante nos e daremos a cadaun seu dereyto.

Ao que diz Pero Sutil que Martin Porteiro e sa muller Maria Anes lle tomaron o novo da viña da Caal nonno sabemos nos, mays se acharmos que assy e, mandallo emos log entregar.

Ao que diz Aldonça Perez e Gonçalvo Perez que lles tomamos as casas e as viñas que se conteen en sua querela, disemos que nunca llas tomamos nen mandamos tomar, mays o cabidoo assignou aqueles beens a hun capelam que celebrasse cada dia pola alma de Aldara Lopez segundo que o ela ordenou en hun seu testamento.

Ao que diz Pero Fillo que lle tomamos una viña das conpras que mandou faser el rey don Sancho non lle podemos responder, ca non diz en qual lugar iaz esta viña nen entre quaes.

A aquelo que querela Fernando Domingues sobrelos herdamentos que diz que lle tomamos, disemos que non somos teudo a responderlle sobre eles, ca andamos en preyto ante el rey don Sancho e quanto nos demandar nos lle faremos conprimento de dereyto. Ao que diz que lle mandamos tomar os herdamentos das conpras que mandou faser el rey don Sancho nolle podemos responder a meos despaçificar quaes son e en qual lugar iasen.

 (sinaturas)                                           [fol. 26]

Ao que querela Ruy Peres e Johan Martines que lles tomamos os herdamentos que foron de Martin Fernandes, dizemos que os tomamos por que os venderon e non fomos con eles convidados nos nen o cabidoo segundo mandam os privilegios da igleia e as cartas cartas do foro.

Ao que querela Johan Esteveez que Gonçalvo Namorado lle ten tomada una viña en Sequeyros por noso mandado, dizemos nos que lla non tomamos nen mandamos tomar, mays demandeo se quiser por aly por u deve e aia con el seu dereyto.

Ao que querela Pero Ianeiro que lle tomamos una chousa e casas, dizemos que este anno que fuy lle mandamos entregar todo aquelo de que se el querela, e a casa que diz que lle derribamos nonlla derribamos nen mandamos derribar.

Aa querela de Ruy Martines, de Marina Martines e de Gonçalvo Martines da chousa de Giizo, dizemos que nos mostren Ruy Martines e Marina Martines alguun mandado se o am de Gonçalvo Martines ou senon que declaren quanto demandan por sy.

            Aa querela de Martin Anes que diz que lle tomamos un casar en Vilarrovin, dizemos que andamos con el en preyto por ante el rey don Sancho e quando nos quiser demandar faremos lle del conprimento de dereyto. Ao das casas que diz que lle derribamos e una peça de cortiña, nonlla derribamos por le faser mooria, mays posemos por y carcava por que e prol da vila e deffendemento dos que y son e del, e assy a posemos pelas nossas herdades e do cabidoo e pelas herdades dos outros da vila por u acaeçia. X

Aa querela que da Johan Coenllo non somos teudo delle responder, ca a non da contra nos, mays demande aquel de que se el querela por ante nos e nos lle faremos feitos conprimento de dereyto.

Ao que querela Johan Eanes que lle tomamos o herdamento de Barbadaens e una casa no Vilar e o souto de Pinol, dizemos que spacifique quanto herdamento e e o lugar u iaz, ca Barbadaens e gram termio e a y moytos herdeyros e moytos herdamentos. Ao da casa dizemos que diga qual e a casa e entre quaes iaz, que seiamos certo para lle responder. Iten ao souto que demanda diga qual e, ca moytos soutos a en Pinol, e esso dizemos pola viña de Seyxalvo.

Ao que querela Moor Aras da seara de Rante, das viñas das Bouças, do casar de Loyro, do herdamento de Santo Oseve, do herdamento da Barra de Mino e do de Meogo de Villa, iten ii casares en Dornelas e o herdamento do Tarascon e o de Reça, dizemos que ante e ao tenpo da morte del rey don Sancho que os tiinamos e os possuyamos e vivendo el rey don Sancho andamos sobre estes herdamentos en preyto con Pero Fernandes seu marido por ante el rey don Sancho, e assy non deve seer oyda en sa querela. Quanto e dos outros herdamentos, conven a saber as viñas de Pennaigleia e as de Vilanova, as viñas de Carvalleyra, as viñas de Sesnande, a viña do Couto, a viña do Medoo, entregamos llos que os aia e nos pague nosso foro, segundo se conten nas cartas dos afforamentos. Ao que querela das novidades, dizemos que lle non somos teudo do que lle tomaron no tenpo da guerra, e do herdamento que tiinamos mentre andamos con el en preyto por ante el rey don Sancho non somos teudo dello entregar.

Ao que querela Maria Beytez non somos teudo de responder, mays demande aqueles de que se querela e faremos lle faser conprimento de dereyto.

Ao que querela Moor Fernandes que lle entreguemos os herdamentos que foron de Fernan Perez nosso coengo, dizemos que non avemos por que llos entregar por duas razoens: primeyra e porque o dereyto manda que os beens que o clerigo gaanar conna igleia que fiquen a sua morte aa igleia con que os gaanou, e assy os beens que Fernan Peres gaanou seendo nosso coengo ficaron aa igleia e nonllos devemos a entregar. A outra razon e por que morreu sen testamento e o custume da igleia d’Ourense e tal que todo coengo ou pessona que morrer sen testamento todos seus beens deven ficar aa igleia, e por esta rason outrossy nonllos devemos a entregar, mays faremos lle sobre esto conprimento de dereyto. Aynda dizemos que sobre estes beens non fomos chamado pero fomos en cas del rey nen a reyna nonnos disso nennos rogou que estes herdamentos entregassemos nen nos non ficamos para os entregar.

Ao que querela Maria Martines, Moor Martines e Maria Martines fillas que foron de Martin Limao dos herdamentos que dizen que lles tomamos nos e os de nossa parte, dizemos que elas non poden todo demandar, ca a y outros que son tan chegados a Martin Limao commo elas. Et por esto disemos que spacifiquen quanta parte demandan e quaes son os da nossa parte que lle lo tomaron e quanto lle tomaron.

Ao que querela Fernando Dose e sua muller Moor Martines do herdamento do Cumeal, disemos que llo non tomamos nenllo mandamos tomar, mays demandeo se quiser a aquel que o tem e aia con el seu dereyto. Outrossy o herdamento de Cullarelle e de Vigon que dis que lle nos tomamos, nonllo tomamos nenllo mandamos tomar, mays Affonso Eanes que e clerigo o livrou por carta del rey don Sancho. Ao que querela da terça das casas de (Fielgar), nonna tomamos nen mandamos tomar, mays demandea ao arcidiago don Martino que diz que a ten e que a conprou de donna Mayor.

(sinaturas)                                           [fol. 27]

Ao que querela Fernando Eanes da rua do Pumar que diz que teendo el hun herdamento que fuy das conpras en mrs. e en mao e llo tomaron por força e o poseron del fora, dizemos que o demande a quenlle fez a força e o desavirou del, ca nos nonlle somos teudo.

Ao que querela Aldonça Affonso que diz que lle tomaron huun herdamento en Barbadaens, demandeo a quenllo tomou se quiser, ca nos non avemos por quelle responder.

Do que se querela Pero Martines quelle tomaron hun celeyro e que o teem forçado dos herdamentos das conpras, demandeo a quenlle tomou o çeleyro e os herdamentos sobre ditos, ca nos non lle somos teudo delle responder, ca non diz quellos nos tomassemos.

Ao que diz Johan Dose que nos e nossos clerigos lle tomamos a meatade mios a quinta da seara de Sobrado que fuy de Johan d’Urroos, dizemos que vos alcayde nonno devedes en esto a oyr, ca sobresto andavamos en preyto con el per ante el rey do Sancho e esto ben pareçe pelo que el diz, ca diz que á vii annos que a teemos.

Alcayde, disemos vos e frontamos vos que aquestes que nos vos destes en escrito que se querelavan que venan por pessona ante nos a dizeren se querem levar sa querela adeante.

Ao que diz que lle tomamos das conpras quanto custara cc mor., diga aquelo que é, se son casas, se viñas e o lugar u iazen, e enton responderllemos quanto for de dereyto.

O qual escrito leudo o alcalde pedio del o tralado e dos e d nomees daqueles que o bispo dizia que entregara e o bispo mandoullo dar e pedio a nos notarios sobre ditos que lle fesessemos fe de todo esto en commo passara. Esto fuy en Ourense eno dia e na era sobreditos. Testemuyas que presentes foron don Martin Perez arçidiago, Pero Rodrigues, Lourenço Eanes e meestre Johan coengos d’Ourense, Anton Peres escrivan del rey, Garçia Peres juys d’Ourense, frey Fernando monges do moesteyro de Montederramo, Affonso Eanes, Pero de Bayona, Ruy Vasques, Domingo Martines clerigos do coro d’Ourense. Et eu Bertholameu Perez chançeler sobredito foy presente a estas cousas sobreditas con os sobreditos Beeyto Perez, Affonsso Rodriguez e Estevaon Perez notarios e fezemos las escrivir en nossa presença e en cada huna desta quatro peças puge meu synal en testimunyo de verdade.

(sinal)

Eu Beyto Perez notario sobredito fuy presente a estas cousas sobreditas e na fin de cada una destas quatro peças puge meu sinal que tal e.

(sinal)

Eu Affonso Rodriguez notario sobredito fuy presente a estas cousas de suso ditas con Bertolameu Perez coengo e chançeler da çidade d’Ourense e con Beeyto Perez e Estevoo Perez notarios dessa meesma çidade e en nossa presença as fesemos escrivir e eu en cada huna destas quatro peças meu sinal y puge en testemuyo de verdade.

(sinal)

 Eu Estevoon Perez notario sobredito que foy presente a estas cousas sobreditas e enna fin de cadauna destas quatro peças puge meu sinal en testemuyo de verdade.

(sinal)             [fol. 28]

[reverso]          Preyto das entregas.

Materias

alcalde; alcume; aniversario; apelación; arbitraxe; arcediago; baños; beneficio; bispo; Burgas; cabido; canon foral; capelán; capelán; casas; catedral; celeiro; chanceler; chousa; cisterciense; concello; constitución; coro; cortiña; couto; crego; crego; demolición; embargo; escritura; estivada; festa; filla; fillo; fillo; fonte; guerra; herdanza; infante; irmá; irmán; malfeitor; marabedí; mesa bispal; mesa capitular; mestre; monxe; mordomo; mosteiro; muller; muralla; notario capitular; orde do Cister; pai; Pascua; ponte; Ponte de Ourense; porta; Porta da Fonte do Bispo; prebenda; prenda; privilexio; publicación; querela; raíña; rei; rei; requirimento; rúa; seara; sentenza; servizalías; sogro; souto; testamento; vasalo; vedraños; venda; viña; violencia; viúva; xenro; xuíz; cóengo

Persoas

Afonso Díaz; Afonso Eáns, crego; Afonso Eáns, crego do coro de Ourense; Afonso López; Afonso Nicolás; Afonso Nicolás, alcalde do rei; Afonso Rodríguez, notario; Aldara López; Aldonza Afonso; Aldonza Pérez; Álvaro Eáns; Antón Pérez, escribán; Aras Fernández; Ares Páez; Bieito Pérez, notario; Domingos Eáns Couxil; Domingos Greices; Domingos Martínez, crego do coro de Ourense; dona Eufemia; Dona Violante; Esteveíña Pérez; Estevo Fernández; Estevo Fernández; Estevo Martínez; Estevo Pérez; Estevo Pérez, notario; Fernando Carracedo; Fernando Doce; Fernando Domínguez Ferramoscas; Fernando Eáns; Fernando Eáns; Fernando IV, rei de León e Castela; Fernando Pérez, cóengo de Ourense; Fernando, monxe e capelán do bispo de Ourense; Filipe de Castela, infante; García Pérez; García Pérez, xuíz de Ourense; Gonzalo Fernández; Gonzalo Martínez; Gonzalo Namorado, porteiro do cabido de Ourense; Gonzalo Pérez; Lourenzo Eáns, cóengo de Ourense; Lourenzo Eáns, dito de Celeiro; Macías Roxo; Maior Afonso; Maior Ares; Maior Fernández; Maior Fernández; Maior Martínez; Maior Martínez; Marcías Martínez; María Bieitez; María de Molina, raíña; María Eáns; María Eáns; María Martínez; Mariña Martínez; Martiño Cachuco; Martiño Carneiro; Martiño Criado; Martiño do Viño; Martiño Eáns; Martiño Eáns, besteiro; Martiño Fernández; Martiño Limián; Martiño Ordóñez; Martiño Páez; Martiño Pérez; Martiño Pérez Salomón; Martiño Pérez, arcediago de Búbal; Martiño Porteiro; mestre Macías Estévez, cóengo de Ourense; mestre Xoán de Solbeira, cóengo de Ourense; Miguel Fernández; Miguel García; Pedro Agrio; Pedro Carracedo; Pedro Colazo; Pedro de Baiona, crego do coro de Ourense; Pedro Eáns; Pedro Eáns de Novoa, bispo de Ourense; Pedro Fernández; Pedro Fernández; Pedro Fillo; Pedro Martínez; Pedro Pérez; Pedro Rodríguez; Pedro Rodríguez, cóengo de Ourense; Pedro Tiñoso; Pedro Vergallo; Pedro Xaneiro; Roi Gómez; Roi Martínez; Roi Martínez; Roi Pérez das Tendas; Roi Vázquez, crego do coro de Ourense; Sancho IV, rei de León e Castela; Toda Díaz; Vasco Pérez; Xoán Abral; Xoán Cacho; Xoán Coello; Xoán de Allariz; Xoán de Castela, infante; Xoán de Urrós; Xoán Eáns; Xoán Eáns, dito Meniño; Xoán Estévez; Xoán Fernández; Xoán Leiño; Xoán Martínez; Xoán Martínez Freiro; Xoán Nicolás; Xoán Orballo; Xoán Rodríguez; Xoán Tato; Bartolomeu Pérez, cóengo de Ourense

Outros

Castela, reino; Ourense, bispado; Ourense, cabido; Santa María de Montederramo, mosteiro; Ourense, concello

Lugares

Allariz; Alongos; Barbadás; Barbaña; Barra de Miño; Bayona; Bouças, As; Cal, A; Carballeira, A; Carracedo; Çeleyroo; Cerdedo; Conpras, As; Couto, O; Cullarelle; Cumial, O; Dornelas; Fielgar; Guizo; Loiro; Loiro de Abaixo; Medo, O; Miegodevila; Montederramo, mosteiro; Mugares; Ourense; Penna Igleia; Piñor; Rante; Reza; San Tome; Santo Osebio; Seixalbo; Senra, A; Sequeiros; Sesnande; Sobrado do Bispo; Tarascón; Vigon; Vilanova; Vilarrubín