GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

457
1391, setembro, 16
foro

Fernando Alvelo, notario, e Fernando Afonso da Torre afóranlle a Xoán Martínez, clérigo reitor de Santiago de Carracedo, parte dunha casa, sita no Tendal da Figueira, co seu quiñón de eixido, por 15 mrs. ao primeiro e 10 ao segundo.

ACOu, Escrituras XIV, 84

Enno anno do naçemento do noso señor Jhesu Cristo de mill e trezentos e noveenta e huun annos, dez e sis dias do mes de setenbro. Sabbean quantos esta carta viren que nos Fernand Alvelo notario d’Ourense e Fernand Afonsso da Torre morador enna dita vila d’Ourense, damos e outorgamos a foro a vos Johan Martines clerigo reitor da igleia de Santiago de Carrazedo et a toda vosa voz para senpre, eu o dito Fernand Afonso a quarta parte de hunas casas que eu ey que estan enna dita vila d’Ourense enno Tendal da Figeira, et estan a par de hunas casas en que o dito Fernand Alvelo agora mora que ten aforadas do cabidoo da igleia d’Ourense, et do outro cabo parten con outras casas da capela de Praduzelos e teen as portas enna rua pubrica do Tendal da Figeira, et eu o dito Fernand Alvelo dou a vos o dito Johan Martines e a toda vosa vos huna quarta e mea das ditas casas que eu y ey e a min perteençen. Nos os ditos Fernand Afonso e Fernand Alvelo aforamos a vos o dito Johan Martines e a toda vosa vos para senpre as ditas cassas segundo dito he, cada huun de nos en aquela parte que lle perteençe, que vos que as aiades daqui endeante con suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças e con seu celeyro e camaras e sobrado e o quinon do yxido segundo que a min o dito Fernand A[l]velo perteençe, per tal condiçon que vos que as reparedes e apostedes de todo o que lles conprir e as mantenades en tal maneyra que se non percan por mao paramento, et dedes ende a nos e a nosa vos de foro cada anno en salvo por dia de Santa Oufemea do mes de setenbro, a min o dito Fernand A[l]velo e a toda miña vos quinse mor. de diñeiros brancos desta moeda que agora corre de que contan dez diñeiros por huun mor. ou a estimaçon deles enna moeda que correr por o tenpo, et a min o dito Fernand Afonso e a toda miña vos dez mor. da dita moeda por o dito dia de Santa Oufemea, et que apostedes e reparedes en este dito anno as ditas casas. Et do al averedes as ditas livres e quites de todo outro enbargo e encarrego alguun pagando fumagen acustumada se se ha de pagar. Et se quiserdes vender, deytar ou sopenorar as ditas casas que primeiramente as vendades, deytedes ou sopenoredes a nos ou a nosa vos ante que a outro alguun querendoas por o justo preço que outre por elas der et non nas querendo que enton as vendades, deytedes ou sopenoredes aa tal pesona que seia semellavil de vos que repare e aposte as ditas casas e page de cada anno o dito foro e cunpra e agarde as condiçoens desta carta e cada huna delas segundo que vos sodes tiudo de conprir e agardar. Et para con as ditas casas seerdes anparado e deffesso a dereito obrigamos vos todos nosos beens gaañados e por gaañar. Et eu o dito Johan Martines que soon presente por min e por toda miña vos asy reçebo de vos os ditos Fernand Alvelo e Fernand Afonso as ditas casas aforadas commo dito he, et para as reparar e apostar e pagar de cada anno o dito foro e conprir e agardar todo o que he obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et qual quer de nos as ditas partes que contra esto que dito he quiser passsar peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena çen mor. de diñeiros brancos. Feita a carta en Ourense ennos dias e era sobre ditos. Tests. que a esto foron presentes Johan Domingues do Çerdedo morador en Melees e Pero Martines e Fernando Peres lavradores moradores en Ourense.

Et eu Fernan Gonçalves notario pubrico da çidade d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto presente foy e o escripvi e meu nomme e signal y puge que tal he.

(sinal)