GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1352
1483, decembro, 31. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán de Pipín e a dúas voces o lugar de Pipín na freguesía de San Pedro de Bulso, por renda anual de 130 marabedís os primeiros beneficiarios e 140 marabedís a última voz.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 76 v.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que a juso seran nombrados, seendo juntados en noso cabildo açerca da porta das bobedas chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, veendo et entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçesores et de consintimento et outorgamiento de Juan Ferrnandes, clerigo do coro da dita iglesia, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, damos et aforamos a vos Johan de Pepin, morador en a fleguesia de San Pedro de Bulso, que presente estades, et ha outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento et non seendo nomeada que seia persona quen de dereyto herdar vosos bees, et ha outra persona aquela que nomear aquela que por vos for nomeada. Conben a saber que vos aforamos o noso lugar de Pepin, en que vos agora morades, que es en a dita fleguesia de San Pedro de Bulso, con suas casas et herdades, castineyras, alvores et formaes et pastos et devisos et entradas et saydas et pertenençias, a montes et a fontes por donde quer que van, que a nos perteesçe por rason dos aniversarios desta dita nosa iglesia en a dita fleguesia de San Pedro de Bulso. O qual dito lugar vos aforamos, segundo dito he, a tal pleito et condiçion que vos, o dito Joan de Pepin, et vosas personas, que despoys de vos vieren, labredes, moredes et reparedes o dito lugar en maneyra que se non perga por mingoa de labor et de boo paramento. Et daredes de foro et renda, en cada un ano, por lo dito lugar çento et trinta maravedis de pares de brancas, que duas brancas bellas ou tres nobas fasen cada maravedi, en a moeda que se paguaren os outros foros et rentas da dita iglesia a o rendeyro que cojer as rendas dos aniversarios por dia de San Martino de nobenbre, postos et pagos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo en cada un ano, et ha postromeyra persona ha de dar et pagar çento et quarenta maravedis de pares de blancas por lo dito dia de San Martino dentro en esta çiudade de cada un ano. Et asimesmo vos et as ditas personas despoys de vos seredes obedientes a o dito cabildo et para ben et onrra da dita iglesia et dean et cabildo dela, et se vos ou as ditas personas fordes contra a dita iglesia de Lugo, ou contra os benefiçiados dela, que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereyto que teberdes et teberen. Et cada persona que despoys de vos suçeder en o dito foro sea tenuda et obligada do dia que suçeder en este foro fasta trinta dias primeyros segentes de se viir mostrar et notificar ante nos, o dito cabildo, como en el suçede et del he persona, sub pena de perder este dito foro se o asi non fezeren. Et non pagando o contiudo en este dito foro por dous anos por ese mesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereyto que a el teberdes et teberen se vos lo quiseren reçeber. Et a fin da postromeyra persona que o dito lugar, casas et herdades et alvores et outras cousas a el perteeçentes fiquen libres et desenbargadas a a dita iglesia de Lugo, cuio he, as casas dereytas, cubertas et reparadas et as herdades labradas et ben reparadas con todo los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Johan de Pepin, que presente estou por min et por las ditas duas personas asi ho reçebo por la maneyra et condiçoes susoditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas personas de conprir, pagar et atender todo lo susodito, segundo et en a maneyra et forma que en esta carta se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, do qual rogamos a o notario de juso escripto que de et faga delo duas cartas de foro, anbas en un thenor, signadas de seu signo huna para vos, o dito Johan de Pepin, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Juan de Pepin, et de vosas personas con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en o dito lugar, o postromeyro dia de dezenbre, do ano do nasçimiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta et tres anos.

Testigos que foron presentes a faser et outorgar este dito foro: Johan Afonso, chantre; Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarrea; el vachiller, Pedro Ferrnandes das Camoyras, arçediano de Deçon; Gomes Arias, thesoreyro; Diego Vasques, Juan Arias, Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias, Afonso Martines, Gomes Ferrnandes, Andres Gonçalves, el bachiller, Pedro Ferrnandes de Villafranca, Vaasco Rodrigues, Rodrigo Lopes, canonigos, capitulantes; Johan Arias, raçioneyro; Gomes Dourado, et o dito Juan Ferrnandes, clerigos do coro da dita iglesia.

Et eu Afonso Ferrnandes de San Jullaao, raçioneyro da dita iglesia de Lugo, notario publico por la abtoridad del senor Obispo et iglesia dese lugar et eso mesmo notario dos abtos capitulares do dito cabildo, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro, que ante min pasou, en meu registro et protocolo sentey, et del este publico instromento saquey et con mina maao propia lo escripvi et en el puje estos meus signo et nome acustumados en testimonio de verdade rogado et requerido.

Afonso Ferrnandes, notario.