GMH/ÍNDICE A-Z

1404
1498, novembro, 7 mércores. Lugo
Ó haber litixio entre Afonso de Mera e os rendeiros dos aniversarios da igrexa de Lugo sobre unha casa na Porta Miñá e sobre o lugar de Albeiros, aquel dóalle estas propiedades ó Cabido a condición de recibilas en foro el e dúas persoas máis, pagando anualmente pola casa vinte marabedís e seis fanegas de pan polo lugar.

MADRID, AHN, Carp. 1338 nº 4, perg. orix., galego, cortesá, 360 x 230 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos el dean, personas et benefiçiados da iglesia de Lugo, de que ayuso se fara mençion, seendo juntos en noso cabildo por son de canpaa tangida, segund que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia a par da porta por donde soben a as bobedas, avido primeramente sobre lo ayuso contiudo noso consello et matura deliberaçion, et de consentimento de Pedro Rodrigues, clerigo del coro de la dicha iglesia, rendero de los aniversarios della, por quanto entre los rendeiros de los dichos aniversarios hera question de la una parte, et Afonso de Mera, fillo de Alvaro de Mera, defunto, de la otra, de et sobre razon de una casa que esta a a Porta Minaa, la qual esta en braço con outra de Pedro de Vilar, ferrador, et de illarga fere o penal da dita casa en [...] a Porta Minaa et de frontes [...] fere en o camino que vay para o Canpo, et de outro cabo en a rua que bay para o Poço da Porta Minaa et sobrel lugar d’Alveyros, de quel dicho Afonso de Mera paga, en cada un ano, a los dichos aniversarios seys fanegas de pan, disendo los dichos renderos que la dicha casa et lugar hera de foro de los aniversarios, et el dicho Afonso de Mera deziendo que no, ny avia tal fuero ny paresçeria, et si el dicho lugar pagaba el dicho pan que aquello era por manda que fezieran en el sus abuelos, pero que el por muchas y buenas obras que los dichos sus abuelos et el sienpre avian reçebido et el reçebia de cada dia que era contento et le plaçia reçeber en foro de la dicha iglesia et aniversarios della la dicha casa et lugar et de oy en adelante daba et donaba la dicha casa et lugar susodichos a la dicha yglesia et aniversarios della a tal pleito et condiçion que gela aforasen todo. Et los dichos senores del dicho cabildo dixieron que asi lo reçebian, et que por le fazer graçia et honrra le daban aforo et averbo al dicho Afonso de Mera la dicha casa et lugar por el et por duas personas despois el, huna qual el nomease en sua vida ou a o tempo de seu finamento, et a outra qual nomease aquela persona que por el fose nomeada, et non seendo nomeada que seja persona deste dito foro aquel que de dereito herdar seus beens ou a mayor parte deles. Et ha de pagar, en cada un ano, por la dita casa da Porta Minaa viinte maravedis de moeda vella, de dez cornados o maravedi, pagos en cada un ano, segund dito he, a o dito rendeyro por dia de San Martino de novenbre, et por lo dito lugar de Albeyros las ditas seys fanegas de pan, en cada un ano, medidas por teega dereita postas et pagas en esta çibdade desde Santa Maria d’agosto fasta Santa Maria de setenbre, et avedes de teer cubertas et ben reparadas a dita casa, et o lugar ben labrado de maneira que por mingoa de boo reparo a dita casa et lugar non se baan a perdiçon, et non pagando este dito foro por dous anos arreo que por ese mesmo feito o pergades et as ditas personas pergan, et seredes en fabor et ajuda da dita iglesia et benefiçiados dela quanto en vos for. Et a finamento da postremeyra persona, que subçeder en o dito foro, que fiquen a dita casa et lugar d’Albeyros libres, quitos et desenbargados con todos los paramentos que en la dita casa et lugar foren feitos a dita iglesia et aniversarios dela. Et con condiçion que a segunda et terçeyra personas, que despois de vos subçederen en o dito foro, que sejan tiudas et obligadas de se viir mostrar ante nos, o dito cabildo, como son foreiras et subçederon en o dito foro do dia que en el subçederen fasta trinta dias primeiros siguientes, so pena de perder o dito foro.

Et eu, o dito Afonso de Mera, asi vos outorgo para senpre jamays a dita casa et lugar et reçebo de vos este dito foro, que da dita casa et lugar me façedes, por min et por las ditas personas, et obligo meus bees et delas de asi conprirmos, pagarmos et atendermos todo, segund et en a maneira que dita he. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos. Et porque esto seja çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario de juso scripto que faga duas cartas, anbas en un tenor, et as signase de seu signo, una para nos, o dito cabildo, et outra para vos, o dito Afonso de Mera, et personas. Et por mayor firmeza mandamos seelar esta carta de vos, o dito Afonso de Mera, con o seelo do dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada et pasou todo asi, segund dito he, en a çibdade de Lugo, myercoles, septe dias do mes de novenbre, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et noventa et oyto anos.

Que foron presentes et otorgaron este dito foro: don Gonçalvo Gomez de Montenegro, dean; et Alvaro Diaz de Lama, chantre; et el bachiller, Pedro de las Camoyras, arçediano de Sarrea; et Diego Gomes de Fonteyta, arçediano de Triacastela; et Afonso Martines de Galdo, juez; et Juan Ares de Parga, et Gomez Fernandez, et el bachiller, Pedro Fernandez de Villafranca, et Vasco Rodrigues, et Ares de Neyra, et Vernal Rodrigues, todos benefiçiados et [capitulantes] de la dicha iglesia; et Fernando Yanes et Afonso Fernandez, et Vasco Grandio, et Pedro de San Jullaao, raçioneros en ella; et Juan Texero, et Juan de San Martino, clerigos de aniversarios; et Lopo Dourado, notario, et outros.

Et eu Garçia das Camoyras, canonigo en la dicha iglesia et notario por la auctoridad apostolica, a todo lo que dicho es en uno con los dichos testigos presente [...]çion et foro, segund que por ante myn pasou et por los sobredichos fue otorgada, vien et fielmente por myna mayo escrivy, et por rogo dos sobreditos aqui puge estes meus nome et signo acustumado en testimonio de verdad que tal he rogado et requerido. Valla onde [...] diz anbas partes et despois et en el et iglesia entre reglones do diz reparo et casa et da, non enpesca que foy erro de pendola [...].

Materias

administración; alimentos; aniversario; arcediago; avó; bacharel; beneficiado; bóveda; camiño; campá; canon foral; canon foral; casas; catedral; chantre; construción; coro; coroado; crego; deán; dignidades; escritura; familia; ferreiro; festa; fillo; fundación; gran; herdanza; labores; linde; marabedí; mesa capitular; muralla; notario; notario apostólico; pai; pan; porta; Porta Miñá; poza; preito; querela; racioneiro; rendeiro; ría; selo; tellado; testamento; xuíz; cabido

Persoas

Afonso de Mera; Afonso Fernández, racioneiro de Lugo; Afonso Martínez de Galdo, xuíz de Lugo; Álvaro de Mera; Álvaro Díaz de Lama, chantre de Lugo; Ares de Neira, cóengo de Lugo; Bernal Rodríguez, cóengo de Lugo; Diego Gómez de Fonteita, arcediago de Triacastela; Fernando Eáns, racioneiro de Lugo; García López das Camoiras, cóengo de Lugo; Gonzalo Gómez de Montenegro, deán de Lugo; Lopo Dourado, notario; Pedro de San Xiao, racioneiro de Lugo; Pedro de Vilar, ferreiro; Pedro Fernández das Camoiras, arcediago de Sarria; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Vasco Grandío, racioneiro de Lugo; Vasco Rodríguez de Gaioso, cóengo de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Xoán de San Martiño, crego do coro de Lugo; Xoán Teixeiro, crego do coro de Lugo; Pedro Rodríguez, crego do coro de Lugo

Outros

Lugo, cabido

Lugares

Albeiros; Camoiras, As; Fonteita; Galdo, Santa María; Lama; Mera; Montenegro, antiga xurisdición; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Parga, antiga xurisdición; Parga, antiga xurisdición; San Xillao; Sant Martino; Sarria; Triacastela; Vilafranca do Bierzo; Vilar