GMH/ÍNDICE A-Z

F-A2
1497, marzo, 24
Inés de Sanguñedo vende a Xoán de Arrabaldo varias herdades por 30 reais de prata. (fols. 3-5)

Venda de Joan d’Arabaldo.

Sepan quantos esta carta de venda viren como eu Eynes de Sanguñedo, moradora que soo enla (dita)* aldea de Sangunedo, freyguesya de San Martiño de Vetan de Nugeyra, que soon presente, non ynduzida por engano nen costrenida por fuerça mais de meu plazer e de miña propia, libre e agradable vontade, por min e por todas miñas vozes e herdeiros outorgo e conosco por esta presente carta que vendo firmemente /e entrego\ a vos Joan d’Arrabaldo que soodes presente e a vosa muller Costança Mendes que he absente ven como se fose presente, moradores que soodes enla aldea d’Arrabaldo, fregesia de San Lourenço de Seabal, e a todas vosas vozes e herdeiros para senpre todas e quales quer /(casas)\ herdades, arbores, prados e cortinas a min pertenesçentes /de dereito\ como quer e en qual quer maneira, asy de foro como de dizimo a deus, que eu ajo et teno e me pertenesçen por parte de miña madre Tereyja Anes et de meu padre Gonçalvo Mendes (morado)* que deus aja, moradores que foron en San Joan de Vide, las quales ditas (casas) e herdades, arbores e cortinas que vos asy vendo son sytas e jazen su o syno de San Joan de Vide e de Santa Maria de Gualmill e de Santiago de Poedo e de Santa Maria d’Arnuide e de San Çibraao da Lamamaa e de San Pero de Maçenda, las quales ditas (fol. 3)
nosas herdades /prados\ e cortiñas vos vendo (...) presçio e quantya (de)* que a vos apr(...)bo de me por elas dardes de conpra, conven a saber trinta reales de prata, los quales trinta reales de prata me outorgo de vos (...) entrega, contenta e ven paga por ante (...) e testigos desta carta, por quanto conosco averlo de vos reçebido e averen pasado da min(...) maao a mina en dños. feitos e contados, asy en reales de prata como en peças douro que os montaron, sobre lo qual renunçio e parto de min e de mina e ajuda e fabor a ley e exsençio(n) del aver visto nin contado e o tenpo dos dous annos en que se pode dezir e alegar, pedir e reclamar e la ley que diz que toda confesion feita fora de juizio que non valla e connosco e outorgo que esto he o justo e dereito preçio e ao tenpo presente valen todos los ditos vees que vos asi vendo como dito he, sobre lo qual renunçio la ley e dereito de mays ou menos do medeo justo presçio e o tenpo dos quatro annos en que se puede reclamar, e se mas valen ou poden valer douvos lo de mays en firme e pura doaçion para senpre yrrebocable dita ontre vibos, sobre lo qual renunçio a toda ley de yngratitud e fago vos çerto e (fol. 3v)
e que de todos los /ditos\ bees que vos asy vendo como dito he que non fize nin ajo feito outra venda nin donaçion nin traspasaçion ninguna a iglesia nin a monesterio nin santuario nin a persona alguna, salvo esta que vos agora fago, e se paresçer quero e outorgo e mando que non valla nin faga fee en juizio nin fora del, e logo todo jur, dereito, posesion, propiedad, voz, abçion que eu ajo e teno, de min e de minas vozes e herdeiros o renunçio, tiro, quito, amobo, relaxo e dou, açedo, pono e traspaso en vos o dito Joan d’Arrabaldo e enna dita vosa muger e vozes e herdeiros, agora e para todo senpre e por esta presente carta vos pono, meto e apodero enla tenençia corporal posesion abtual e real de todos (eles)* los ditos bees e herdades e vos dou poder conprido para que vos, por vosa propia abtoridad ou por outro qual quer en voso nome, las podades entrar e tomar doje este dia en diante e las esfrutar e fazer delas e de qual quer parte delas toda vosa libre voluntad e o que vos aprouver como de vosas cousas propias syn meu enbargo e de minas vozes e syn mas alcalde, juez nin merino para elo ser chamado e syn por elo caerdes nin encorrerdes en pena alguna, e prometo e outorgo de vos non yr nin viir contra (fol. 4)
esta dita venda que vos de todas la(s) ditas herdades e beens sobre ditos vos fa(...) doje en este dia en adelante nin delo dez(ir) nin alegar o contrario en juizio nin fora del e de vos lo fazer todo saao e de paz e de vos defender con eles a dereito e de vos refazer todos los dapnos, perdas e custas, yntereses que se vos seguiren a miña cabsa e culpa e d(e) vos lo fazer saaos, seguros e de paz, sopenna do doblo da dita contya por min e por todos los outros meus bees mobles e rayzes avidos e por aver que vos para elo obligo, sobre lo qual renunçio e parto de min e de mina ajuda e fabor a toda ley de engano, fraude e dolo e a todo abuxilio e benefiçio de restituiçion yn yntegrun e a todo foro e a todo dereito eclesiastico e seglar e a todas las outras leys e dereitos escriptos e non escriptos que en contrario do sobre dito seja ou ser posa e eu poderia aver, dezir e alegar para que me non vallan nen seja sobre elo oyda nin resçebida en juizio nin fora del e en espeçial e espresamente renunçio la ley e dereito que dize que general renunçiaçion non valla e la ley del enperador Valeriano que fala (fol. 4v)
en fabor e synpleza delas mugeres, e por que seja, non vena en dubda, outorgey vos (ende)* delo esta carta de venda por ante o notario e testigos de yuso escriptos, al qual rogey que la escriviese o feziese escrivir la mas firme e forte que ser posa e la synase de su syno e vos la dese para guarda de voso dereito e a los presentes rogo que sean delo testigos. Feita e outorgada fue esta dita carta cabo dela yglesia de San (Joan)* Gillaao de Fygeyroaa, a XX IIII dias del mes de março, anno del señor de mill e quatroçentos e noventa e sete annos. Tests. que foron presentes chamados e rogados por la dita Eynes de Sangunedo, Alvaro de Rioseco e Gonçalvo de Vilaverde e Joan do Paço e Gonçalvo de Vilar e Pero de Sangunedo seu fillo, el qual diso que consentya enla dita venda e outros.