1351, marzo, 19. Lugo
Acta notarial que dá fe da toma de posesión dun oitavo da casa do Campo por Xoán Fernández, quen representa a igrexa de Lugo.
Era
de mill et CCC LXXXIXª annos, XIXe
dias de março.
En
presença de min Iacome Guillelmes, notario publico da çibdade
de Lugo, et das testemoyas suscriptas, estando na rua do Campo Arias
Peres da Crus, fillo que foy d’Aras Peres et de Tareyia Pelaes,
meteu a Johan Ferrnandes, capellam de Santiago, et a Johan
Ferrnandes, clerigo de Lugo, en nome dos aniversarios da iglesia de
Lugo et para os ditos aniversarios, en hun oytavo da casa do Campo,
enna qual casa ora mora Ruy Leyton, piliteyro, o qual oytavo da dita
casa disso que dava a os ditos aniversarios por lo aniversario que
lle quitaron o dayam et cabidoo das suas cassas da Crus, conven a
saber de la casa en que suya morar Affonso Domingues da Crus assy
commo se van a dereyto fiir no poço do Pruniseyro; et meteu a
os ditos Johan Ferrnandes et Johan Ferrnandes enno oytavo da dita
casa para senpre por iur d’erdade dos ditos aniversarios, et
mandou a o dito Ruy Leyton, piliteyro, que d’aqui adeante
pesuyse et husase ho oytavo da dita casa por los ditos aniversarios
et non por outro. Et os ditos Johan Ferrnandes et Johan Ferrnandes,
clerigos sobreditos, en nome dos ditos aniversarios et para os ditos
aniversarios asy entraton et reçeberon o dito oytavo da dita
casa, et leyxaron en el por nome dos ditos aniversarios a o dito Ruy
Peres Leyton; o qual Ruy Peres ficou no dito oytavo da dita casa por
los ditos aniversarios.
Testemoyas
que a esto foron presentes: Pedro Merchan, Johan Serodeo, mercadores;
Domingo Crespo et Johan Crespo, odreyros; Affonso Yanes, notario de
Lugo; Afonso de Bayona, et outros moytos.
Et
eu Iacome Guillelmes, notario publico sobredito, a esto presente foy
et a rogo do dito Arias Peres este publico estrumento scrivi en este
livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.