GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

171

1421, febreiro, 12.
O Concello ordena se pague o seu salario ó servente do mesmo, Domingo Longo. O día 20, este declara que o recibiu.
O Concello ordena ás pescadeiras da cidade que vendesen o peixe fresco e seco a peso, segundo estaba establecido. Deuse pregón sobre esto.
O Concello ordena que Juan Pérez das Mozas non fose demandado polos maravedís de renda que se lle impuxeran.
Orde para que se pague ó notario o importe das escrituras que fixera para o Concello.
Afonso da Cana declara ter recibido os 400 maravedís do seu salario.

Doze dias do mes de fevreiro, seendo en consistorio Martin Serpe e Gomes Rodriges, alcalles e Alvaro Alonso Juliate Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Alvaro Peres da Caña, Juan Ares da Caña, regidores, jurados e homes bõos da çidade de Santiago enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade, segundo que han de uso e de custume e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines e dos testemoyas adeante scriptos; enton os sobreditos mandaron a Juan Raposo e Nuno Vinagre procuradores do dito conçello, que presentes estavan que desen a Domingo Longo para en pago de seu selario que resta quoreenta moravedis, branqua en tres dineiros, e lle serian reçebidos en conta. Testemoyas: Pero Yanes Abraldes, Juan Ares do Vilar, Juan Fernandes da Canna e Garçia Rodriges, canbeador e Juan Gonçales da Caña, vesiños da dita çidade.
Iten o dito Domingo Longo outorgouse por pago dos ditos quorenta moravedis a viinte dias do dito mes de fevreiro. Testemoyas. Gonçalo de Melide e Afonso de Tolan , visiños da dita çidade.
Predito.- Os sobreditos regidores, jurados e homes bõos requireron aos ditos alcalles que mandasen aas pescadeiras da dita çidade que vendesen o pescado fresquo e sequo a peso, segundo o hordenamento que sobrelo era feito, en outra maneira que os ditos alcalles fosen obligados aas  penas estabelesçidas enna dita ordenança e os ditos alcalldes diseron que eran prestes para elo e mandaron logo a Domingo Longo que presente estava que fose logo a fazer pregon aas ditas pescadeiras que vendesen o dito pescado a peso e segundo a dita ordenança, o qual Domingo Longo diso que logo yria fazer o dito pregon enna casa da pescadaria e en persona das ditas pescadeiras. Testemoyas, os sobreditos.
Preditos. Os sobreditos mandaron que non fosen demandados a Juan Peres das Moças os maravedis da renda en que (agora) fora posto e que se tornasen a o conçello. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. Mandaron os sobreditos aos procuradores que pagasen a min notario e scusador as escrituras que signey para o dito conçello e pagasen a Pedro (sic) as escrituras que scrivira en proveyto do dito conçello aquelo que taixasen Alonso Fernandes Abril e Gomes Rodriges, Bachiller. Testemoyas. os sobreditos.
Predito.- Os ditos Alonso Fernandes e Gomes Rodriges taixaron as ditas escripturas en esta maneira: des e oyto maravedis a min notario e scusador e trinta e çinquo maravedis a Pedro. Testemoyas: os sobreditos.
(Fol. 88 vº)
 Predito. Sabean quantos esta carta viren como eu Alonso da Cana, servente do Conçello da çidade de Santiago, outorgo e conosco que reçebi de vos Nuno Vinagre e Juan Raposo, procuradores do conçello da çidade de Santiago quatroçentos maravedis, branqua en tres dineiros, de meu selario do anno pasado de mill e quatroçentos e viinte annos fiinçido a çinquo dias do mes de oytubre pasado enno dito anno en esta maneira: reçebi de vos o dito Nuno Vinagre os dusentos maravedis e de vos o dito Juan Raposo os outros dusentos maravedis e asi son conpridos os ditos quatroçentos maravedis, os quaes ey en meu jur e poder e renunçio a toda exençon que non diga delo o contrario e a a ley do aver non dado nen contado visto nen contado nen pagado visto nen reçebido en presença do notario e testemoyas a juso scriptos e dou por quito e livre ao dito conçello e a vos os ditos seus procuradores en nome del; e nos os ditos Nuno Vinagre e Juan Raposo en nome do dito conçello asi o reçebemos. Testemoyas. os sobreditos.