348
agosto, 20
Lois das Tendas outorga poder ao notario Afonso de Betanzos para seguir o preito contra Xoán Pereira. (fol. 106v)
Loys Gonçalves.
A XX dias de agosto Loys das Tendas feso seu procurador jeeral et abastante en todos seus pleytos et enno pleyto que avya con Joan Pereira e en outros quaes quer pleytos Afonso de Betanços notario, ao qual outorgou poder e que os podese segyr e tratar e procurar etç., con poder de sustetuyr etç. e obrigou seus beens etç. e de o relevar etç. Tests. Pero Carneiro alfayate, Joan Vasques et Rodrigo escripvano et Joan do Bouteiro.